mércores, 4 de marzo de 2015

O DERBI ANTE O CLUB VIGO DÉIXANOS ÓS PROTAGONISTAS DA XORNADA:

Top 7 da última xornada de febreiro
A pasada foi fin de semana de derbi na Superliga 2 e as actuacións que nos deixou este partido son merecedoras de mención nesta sección. O top 7 desta xornada queda deste xeito: Colocador, Iván Souto: foi quen de situar ós seus atacantes preto do 40% de efectividade ofensiva e acadou 4 puntos ó segundo toque e un ace para un total de 5 no seu cómputo xeral. Oposto, Juan Díaz-Romeral: máximo artilleiro do Náutico unha semana máis. 16 tantos de ataque (39% de acerto), 3 bloqueos directos e 2 puntos de saque son os números que lle permititon ó alcarreño formar no septeto ideal proposto pola RFEVB. Receptor 1, Pablo Nieto: imparable en ataque e moi acertado co seu saque foi o mellor xogador na vitoria do JEALSA cadete masculino en Narón. Receptor 2, Cristóbal Álvarez: os seus 14 puntos de ataque (48%) e un extraordinario 78% de recepcións positivas e 39% de perfectas foron motivos de peso para que o noso primeiro equipo quedase cos 3 puntos. Central 1, Alejandra Triñanes: gran actuación da infantil na visita do JEALSA a Ferrolterra. Foi prácticamente o único recurso ofensivo das nosas nun encontro no que pouco puideron facer ante o servicio local. Central 2, Borja Vilas: a estrea como titular deste xogador en idade xuvenil saldouse con 5 bloqueos directos que o sitúan como máximo bloquador da xornada igualado con Iván Lanza (CVAA Llars Mundet). Líbero, Darío Outeiral: recolleu cada balón que os cadetes naronenses atacaban a campo do JEALSA. A precisión que demostrou na recepción permitíulle ó seu colocador elaborar xogadas de moita calidade.

Ningún comentario: