sábado, 16 de febreiro de 2013

UNHA FORTE APERTA PARA UNHA DAS NOSAS: ¡ÁNIMO SANDRA!

O volei boirense está contigo. ¡Ánimo colocadora!
En nome de toda a nosa familia, que tamén é a súa, enviar desde aquí unha calurosa aperta á ex-colocadora do Boiro Voleibol Sandra Lojo que estes días está a pasar por un pequeno bache de saúde e permanece baixo vixianza médica no Hospital Comarcal do Barbanza. Con numerosas aparicións nas convocatorias da selección galega cadete e medallista de prata no Campionato de España Sub-19 no ano 2009 formando parella coa tamén boirense Rebeca González chegou a ser un dos referentes do volei da nosa vila e colaborou directamente nos éxitos da Federación Galega de Voleibol nos últimos tempos. Por todos é coñecido o espírito competitivo de Sandra e, de seguro, que neste novo partido que se lle presente lle axudará a conseguir unha nova vitoria que sirva para seguir ampliando o seu extenso palmarés. Ánimo Sandra, o Boiro Voleibol está contigo e cos teus. ¡Apertas!

5 comentarios:

Adrián Alves dixo...

Moito ánimo Sandra. Ahora máis que nunca toca muñequear un pouco e mandar o balón á area. A por todas!!!

Unknown dixo...

Animo Sandra!! Un saudo e a intentar recuperarse, non sei exactamente o que pasa pero espero que saias adiante como a campiona que eres!! Michael

Unknown dixo...

Animo y mucha fuerza en este partido sandra, la victoria es tuya. Pronto nos vemos en la red. Un beso enorme guapa

Bibí dixo...

Un bico moi forte de toda a comunidade do Emevé de Lugo. Esperamos verte pronto dende o outro lado da rede dando guerra :-)

Gus dixo...

Dálle para adiante forte!!!
Unha aperta!!!!
BICOS!!!