ESCOLA MUN. OURENSE-DOMPA 3-0 NAVALES CHICOLINO BOIRO VOLEIBOL
(25-12, 25-21, 25-16)-(Liga galega infantil feminina)
O Navales Chicolino non pode co Dompa como local |
Contundente derrota a encaixada polo Navales Chicolino neste desprazamento a Ourense para medirse á Escola Municipal Ourense-Dompa nun choque que decidiría que equipo ía ocupar o faroliño vermello da liga galega infantil. Ó igual que o sábado anterior, a baixa porcentaxe de acerto en saque condearía ás de Andrés Martínez a un inevitable tropezo na cidade das burgas. O equipo rival, cun maior dominio no seu servicio dominaba un xogo ante o que as nosas cativas nada podían facer para evitar a derrota. Paciencia, compromiso e moito traballo son os mellores ingredientes para cociñar esta receita que recén acaba de botar a andar. Que ninguén esqueza que estamos ante un equipo con moita progresión formado por un gran número de xogadoras de primeiro ano. O día a día manda rapazas, moito ánimo. Polo Navales Chicolino xogaron: Marta, Lea, Ada, Emma, Laura Olveira e Laura Piñeiro. Agardaban a súa oportunidade Paula, Vera, Luciana e Irea.
IES AS LAGOAS SAN MARTIÑO DOMPA 3-1 O SECRETO BOIRO VOLEIBOL
(22-25, 25-21, 25-20, 25-22)-(Liga galega xuvenil feminina)
A carreira por voltar ás boas sensacións comeza... ¡XA! |
Unha semana máis non conseguen as de Emilio Palacio mostrar a súa mellor versión e padecen un inesperado tropezo ante o derradeiro clasificado desta liga galega xuvenil nun encontro que, a priori, se tiña que saldar cun resultado positivo para as nosas. A falta de ambición e motivación e unha apatía fóra do normal por parte de O Secreto poñía en bandexa a vitoria a un equipo que conseguía o seu segundo triunfo da tempada 2012-2013. Tras este tropezo as branquiazuis quedan un pouco descolgadas do grupo de cabeza e dos 4 postos que dan dereito a pelexar pola hexemonía do volei xuvenil en Galiza no play-off desta competición. Os seus 25 puntos sitúan ó Secreto na 6ª praza. Deberán recurrir as boirense ó mono de traballo e demostrarlle ó seu preparador que queren desquitarse ante esta situación e volver á senda do bo xogo que lles permita volver a disfrutar deste deporte. Por O Secreto Boiro Voleibol xogaron: Sara Bugallo, Emma Ordóñez, Ana Bugallo, Melissa Novoa, Katy Sampedro, Alejandra Galbán e Sheila Outeiral (líbero). Como reservas estaban Sheila Pouso, Andrea Davila e Isa Gómez.
Ningún comentario:
Publicar un comentario