domingo, 3 de febreiro de 2013

RESULTADOS DA XORNADA: O NÁUTICO REGRESA COS 3 PUNTOS DA CAPITAL

REYCA BOIRO VOLEIBOL 1-3 STA. MARÍA DEL MAR
(25-13, 21-25, 17-25, 18-25)-(Liga galega infantil masculina)

Os infantís mostraron dúas caras
Derrota dos máis pequenos da sección masculina do Boiro Voleibol no seu enfrontamento ante o colexio coruñés de Sta. María del Mar nesta décimosexta xornada da liga galega. O encontro comezaba moi ben para os intereses do Reyca que baseando o seu xogo nun atinado servicio e nunha construcción de calidade anotábase a primeira manga sen maiores atrancos. Pablo Nieto e Rubén Martínez foron os principais baluartes no xogo dos nosos neste arranque de partido. A partires de aquí o temor apoderouse dos nósos. A efectividade dende os 9 metros caíu en picado á par que a confianza na vitoria dos de Adrián Alves. Os herculinos comezaron a plantarse ben en defensa e o seu servicio fixo moito dano á recepción boirense. Polo Reyca xogaron: Rubén Martínez, Álvaro Pérez, Daniel Olveira, Christopher Rodríguez, Pablo Nieto e Darío Outeiral. Tamén xogaron Álex Velo, Manu Tubío, Gabriel Seijas e Adrián.

TRILLIZOS BOIRO VOLEIBOL 3-0 BIG MAT SUEIRAS SAN SADURNIÑO
(25-15, 25-15, 25-21)-(Liga galega xuvenil masculina)

O Trillizos supera ó San Sadurniño en tres sets
Cómoda vitoria do Trillizos Boiro Voleibol na visita a Boiro do 2º clasificado desta liga galega xuvenil masculina, o BigMat Sueiras de San Sadurniño. A pesar de contar coas baixas dos seus veteranos (Daniel Vázquez, Alfonso Rey e Daniel Sieira) os nosos saíron concentrados á pista da Cachada e cun xogo práctico á par que eficaz e baseado no contraataque gracias ás boas labores en servicio e defensa lograron imporse con facilidade nas dúas primeiras mangas. A relaxación no terceiro set fixo cometer moitos máis erros non forzados ós novos xogadores do Trillizos, dando lugar deste xeito a un desenlace de parcial máis apretado. O saber facer nos momentos decisivos  do set deixou en saco branquiazul os dous puntos da vitoria que sitúan ós nosos xuvenís a tan só unha vitoria do cadro de Ferrolterra. Polo Trillizos xogaron: Ismael Martínez, Fran Dieste, Xian Pérez, Adrián Outeiral, Óscar Refojo, Lois Vázquez e Abel Sánchez (líbero). Tamén xogaron Dani Gey e o debutante Félix Romero.

REDESYL BOIRO VOLEIBOL 0-3 LANCER ZENALE SAN SADURNIÑO
(17-25, 18-25, 23-25)-(2ª División autonómica masculina)

O Redesyl non pode co actual campión da 2ª división
Derrota do noso equipo filial ante o 2º clasificado da competición autonómica senior masculina. Malia a superioridade do equipo rival os nosos xogadores nunca perderon a tensión na cancha nin as gañas de competir. Tras dous sets onde lograban manterse co marcador igualado nun principio dos mesmos, remataban cedendo froito do dominio na rede dos de Eloy Mahía. Pódese pensar que o Redesyl baixaría os brazos pero nada máis lonxe da realidade. Coas mesmas ansias e corazón pelexaron ate o final o terceiro set onde, mediante a boa actuación en saque e defensa de Juan Outeiral na súa entrada ó terreo de xogo, lograron dominar o tanteador ata o 22-20. Os acertos dende a liña de saque e o tino en ataque dos visitantes impediron que os nosos recurtaran distancias. Polo Redesyl xogaron: Ismael Martínez, Diego Romero, Fran Dieste, Miguel Lorenzo, Adrián Armental, Alén García e Abel Sánchez (líbero). Tamén xogaron Lois Vázquez, Adrián Outeiral, Xian Pérez, Óscar Refojo e Juan Outeiral.

INGENIERÍA TRAZOS BOIRO VOLEIBOL 0-3 ZALAETA
(18-25, 9-25, 19-25)-(Liga galega cadete feminina)

As cadetes ceden ante o potencial do Zalaeta coruñés
Difícil misión a que tiñan as cadetes neste encontro que as enfrontaba ás segundas clasificadas da liga galega cadete feminina, o Zalaeta da Coruña. As baixas de Emma Ordóñez e Ángela Alves debilitaban en exceso a liña de recepción das locais que na mañá do sábado non tiveron o seu mellor día. Tan só os erros non forzados das herculinas en momentos puntuaus do choque propiciaban que o marcador se mantivese igualado pero tan pronto éstas recuperaban o acerto en saque e ataque facían imposible que o Ingeniería Trazos seguise o ritmo de xogo das visitantes. Tras este tropezo as de Emilio Palacio permanecen na 11ª posición a tan só un punto de equipos coma o Fisioterapia Cinesia Noia e o CV Pontevedra. A vindeira semana visitarán nun encontro vital de cara a seguir loitando pola permanencia a cancha do pechacancelas da categoría, o Voleibol Dumbría. Ingeniería Trazos: Ana Bugallo, Claudia Pinaque, Sara Lojo, Antía Sampedro, Lea Gatbache e Irea Triñanes. Tamén xogaron: Paula e Marta Segade.

O SECRETO BOIRO VOLEIBOL 0-3 ZALAETA
(12-25, 13-25, 6-25)-(Liga galega xuvenil feminina)

Mal encontro de O Secreto na Cachada
Partido para esquecer o que protagonizaron as xogadoras de O Secreto a tarde do sábado. A pesares de enfrontarse a un dos dominadores da competición autonómica xuvenil feminina, a ausencia dalgunha das súas mellores xogadoras facía pensar nun encontro moito máis disputado do que finalmente resultou ser. A falta de concentración e actitude das nosas ocasionaba unha derrota que facía pensar nas actuacións de finais da primeira volta. Unha recepción deficiente propiciou que o conxunto herculino puntuase co servicio ou en contraataque cunha facilidade preocupante deixándolles en bandexa a vitoria. A vindeira semana as de Emilio Palacio e Narciso Abalo viaxarán á cidade das burgas para medirse no Paco Paz ó último clasificado, o IES As Lagoas San Martiño Dompa. Por O Secreto xogaron: Sara Bugallo, Ana Bugallo, Antía Sampedro, Melissa Novoa, Isa Gómez, Alejandra Galbán e Sheila Outeiral (líbero). Como suplentes atopábanse Sheila Pouso e Claudia Pinaque.

CUV ALCORCÓN 0-3 NÁUTICO BOIRO VOLEIBOL
(22-25, 8-25, 20-25)-(1ª División nacional masculina)

A defensa boirense mostrouse combativa en Madrid
Importantísimo triunfo o que conquistou o primeiro equipo masculino neste longo desprazamento a Madrid. Tras superar en tres sets ó CUV Alcorcón os de Emilio Palacio seguen no máis alto desta 1ª nacional logo de que o seu inmediato perseguidor, o UVa, se deixase un punto no feudo do Universidade de Burgos. O pistoletazo de saída do encontro foi un tanteo mutuo onde os boirenses non conseguían mostrar a súa mellor versión. Foi mediado o set cando o bloqueo-defensa do Náutico fixo acto de presencia e puxo a salvo unha vitoria parcial que se complicara cunha desvantaxe de 3 puntos. O segundo set foi un monólogo. A efectividade na primeira rotación de servicio do receptor Cristóbal Álvarez ensinaba o camiño ós branquiazuis, conseguindo amplas vantaxes no luminoso para o que restaba de set. O bloqueo barbanzano permitía ordear notablemente a defensa, factor que pasou factura ó cadro da capital que non atopaba o xeito de poder puntuar e que achegaba ós nosos a unha ansiada vitoria. No terceiro e derradeiro os locais melloraron con respecto ó anterior pero na cancha do Polideportivo Los Cantos había un equipo que se estaba a xogar moito neste choque e non baixou a súa intensidade ata o punto 25. Froito dunha boa defensa e dunha reconstrucción de calidade chegaba un triunfo que permite que a primeira praza desta competición nacional siga a falar galego. Polo Náutico formaban Iván Souto, Emilio Palacio, Cristóbal Álvarez, Gustavo Romero, Jesús Vázquez, Mario Iglesias e Adrián Alves (líbero). Como reservas estaban Manuel Pérez, Xavier Sarille, Miguel Vázquez e Antón Pérez. Causaron baixa Narciso Abalo e Rubén Taibo, ambos por lesión.

5 comentarios:

Adrián Alves dixo...

Difíciles encontros como locais que deixan só unha vitoria,ánimo a tod@s e a currar para invertir a situación.

Bo traballo en Madrid. Partido que non arrancou con boas sensacións e que soubemos xogar (ben) para traer eses 3 puntiños que saben a gloria. Quedan 3 finales chavales, AL TORO!! (E non ó de Tordesillas, por favor)

P.D.: O que pasa en Madrid, queda en Madrid! jaja

P.D.: grande Pivot sacando en salto loooool

¡¡¡FORZA BOIRO VOLEIBOL!!!

Emilio dixo...

Quién le dió permiso a pivot para sacar en salto????

Adrián Alves dixo...

O propio Pivot.

P.D.: gracias a Narci polas crónicas dos partidos do sábado. Gran corresponsal na Cachada! jaja

Jesus_pivot dixo...

Fue sin querer tios, yo intentaba que flotase con rosca.

Narciso dixo...

Pivot convertiuse en André Heller!!!! xddd