BOIRO VOLEIBOL 3-0 CD CONXO
(25-23, 25-16, 25-16)-(Liga provincial cadete feminina)
As de Emilio Palacio seguen evolucionando a base de triunfos nesta liga provincial cadete feminina. Nesta ocasión a vítima foron as santiaguesas do CD Conxo que pereceron ante o bo facer das boirenses que non cederon nin un parcial. A constancia no servicio por parte das nosas, particularmente de Ana Bugallo, facía imposible a réplica santiaguesa que, unha e outra vez, erraba na recepción e imposibilitaba a construcción das colocadoras visitantes. Con esta vitoria afianzan as nosas rapazas a súa confianza de cara a vindeiros compromisos para seguir mantendo a tendencia ascendente. Polo Boiro Voleibol xogaron: Ana Bugallo, Melissa Novoa, Sara Bugallo, Alejandra Galbán, Emma Ordóñez, Antía Sampedro e Sheila Outeiral (líbero). Como reservas estaban Isabel Gómez e Claudia Pinaque.
As cadetes doblegan ó CD Conxo |
REYCA BOIRO VOLEIBOL 2-3 CALASANCIAS CORUÑA
(25-20, 18-25, 25-23, 24-26, 10-15)-(Liga galega cadete masculina)
O Reyca non pode co Calasancias |
Dura derrota a que sufriron os cadetes do Boiro Voleibol neste encontro correspondente á 12ª xornada da liga galega. As imprecisións e nerviosismo en momentos importantes do encontro non permitirón ós nosos anotarse a vitoria, como por exemplo no cuarto parcial onde os erros no servicio poñían en bandexa a vitoria ós herculinos. Foi un encontro que gañou o que menos erros cometeu, marcado polas inexactitudes dos xogadores de ámbolos dous equipos durante todo o partido. Toca reflexionar, aprender dos erros cometidos e plantar cara nas próximas citas da liga galega para seguir tendo opcións de clasificarse entre os catro primeiros da competición. Polo Reyca Boiro Voleibol xogaron: Ismael Martínez, Fran Dieste, Raúl Lojo, Óscar Refojo, Xian Pérez, Lois Vázquez e Adrián Outeiral (líbero). Tamén xogou Dani Gey.
REDESYL BOIRO VOLEIBOL 2-3 CV VAGALUME
(22-25, 25-14, 25-15, 18-25, 12-15)-(2ª Div. Autonómica masculina)
O Redesyl debe levantarse tras esta dura derrota |
Chega a segunda derrota da temporada 2011-2012 para o equipo filial masculino do Boiro Voleibol e faino dun xeito tan doloroso como é sempre caer no tie-break. O rival, o sempre combativo CV Vagalume, pesca estes dous puntos na Cachada para recordar que estamos ante o vixente campión da categoría. O encontro comezaba con desconcerto nos nosos froito dun erro na rotación. Esta situación poñía en bandexa a vitoria parcial ós visitantes para tomar a dianteira no encontro. No segundo parcial os nosos melloraron. Conscientes do que se estaban a xogar e sabendo da importante baixa de última hora do experimentado oposto Ignacio Cibeira o grupo conxurouse para anotarse o 2º e 3º set baseándose nunha elevada intensidade. A partires de aquí os de Felipe García desapareceron da pista. A excesiva relaxación e temeridade facían que con constantes erros os ferrolanos se fosen facendo co partido. Chegado o tie-break o peso da responsabilidade caíu nas costas dos boirenses que, sendo incapaces de negociar esta situación, perecían para tristeza dos nosos. Polo Redesyl Boiro Voleibol xogaron: Andrés Martínez, Roberto Rodríguez, Martín Herrera, Pablo Suárez, Xavier Sarille, Diego Romero e Adrián Armental (líbero). Tamén xogaron Dani García, Fran López, Felipe Resúa, Juan Mande e Alén García.
NÁUTICO BOIRO VOLEIBOL 3-0 AULE (León)
(25-18, 25-19, 25-19)-(1ª Div. Nacional masculina)
Vitoria en tres sets do primeiro equipo masculino ante un sempre duro rival como son os leoneses do AULE nun polideportivo da Cachada que mostraba unha moi boa afluencia de público. Chegaban os de Emilio Palacio co desexo de ir recuperando sensacións no seu xogo de maneira paulatina e progresiva e parece que o obxectivo se está a cumplir. Sen mostrar a cara máis brillante do equipo os boirenses conseguían comezar o primeiro xogo con efectividade na súa recepción e cunha transición ó ataque sobresaínte. Boa actuación neste parcial do central Pablo Suárez e do oposto Narciso Abalo, convertíndose en principais bazas de ataque para o Náutico. No segundo set perduraban as sensacións do primeiro. Boa construcción do ataque dos locais que perforaba o entramado defensivo do AULE imposibilitando oportunidades de contra que fixeran dubidar ós boirenses. Cabe destacar tamén a melloría no servicio dos nosos, comandados neste apartado por Cristóbal Álvarez e Iván Souto. No inicio do terceiro a relaxación froito do estado no luminoso fixo dano ós boirenses. Catro recepcións negativas no arranque poñían o luminoso cun 1-6 para os visitantes. Tras un tempo morto o técnico local axustou o esquema e de contado se recuperaba a distancia, chegando incluso a rematar o xogo sen apuros (25-19). Polo Náutico Boiro Voleibol xogaron: Iván Souto, Narciso Abalo, Jesús Vázquez, Pablo Suárez, Cristóbal Álvarez, Manuel Pérez e Adrián Alves (líbero). Como reservas estaban Rubén Taibo, Daniel Agra, Antón Pérez, Miguel Vázquez e Gustavo Romero.
O Náutico vence 3-0 ó AULE (León) |
AUTOS RICO UDC A 3-0 O SECRETO BOIRO VOLEIBOL
(25-10, 25-23, 25-21)-(2ª Div. Autonómica feminina)
Clara derrota na cancha do colíder da competición nun partido onde as boirenses non souberon estar á altura do xogo que teóricamente deberían desenrolar. Comezaron cometendo demasiados erros ante un equipo ordeado en defensa e cun saque moi efectivo. Isto provocou unha derrota abultada no primeiro set. Leve reacción de O Secreto no 2º e 3º set que non serviu para anotarse a vitoria en ningunha das mangas. Erros continuos en saque e recepción e mala elección e definición do ataque lastraron excesivamente o xogo das nosas. Por O Secreto Boiro Voleibol xogaron: Sandra Lojo, Elena García, Ángela Fernández, Alicia Novoa, Rebeca González, María Triñanes e Carla Castro (líbero). Tamén xogaron Ana Bugallo, Sara Bugallo, Katy Sampedro, Luisa Ferreirós e Andrea Barreiro.
As rapazas non consiguen asaltar Elviña |
4 comentarios:
Todo suma chicos, mejoramos en actitud de semanas anteriores, hemos recuperado a gente importante para el juego, Manuel, Narciso, Anton...viajamos a Gijon, en progresion como equipo.
Mucho animo para los de segunda que perdieron mucho en este partido pero hay que levantarse.
Fin de semana difícil.
Hai algo claro: caer está permitido pero levantarse é obrigatorio. Moito ánimo a todos e a seguir traballando.
P.D: compis, hai q preparar ben o partido do sábado que vén en Gijón, plaza complicada!
FORZA BOIRO VB!!!
A veces da a impresion de que se da un paso atras e non adiante.
Os pequenos acostuman a aprender dos erros. Os grandes non.
http://www.lavozdegalicia.es/barbanza/2012/01/30/0003_201201B30C6992.htm?utm_source=buscavoz&utm_medium=buscavoz
A pequena crónica publicada hoxe na Voz de Galicia.
NOTA:
1.Partido importantisimo o de esta fin de semana en Xixón.
2.Moito ánimo para os de segunda, que este sábado tendes a oportunidade de volver a ser os de sempre, nun pavillón tan complicado como é o de Teis, a por eles.
3.Ás de segunda moito máis ánimo, recordade que sodes as actuais campionas de liga, con eso solo non se xoga, pero con ganas e un pouco máis de intensidade nos entrenos, os resultados chegaran.
4.Os cadetes/as dándonos alegrías,e algún que outro disguto de vez en cando, pero moita sorte!!
5.E os xuveniles espero que mostren o seu nivel de xogo, porque cando se poñen a xogar non hai quen vos pare!
Moita sorte a todos os equipos esta fin de semana.
FORZA BOIRO VB
Publicar un comentario