O SECRETO BOIRO VOLEIBOL 1-3 ZALAETA B
(13-25, 21-25, 25-21, 6-25)-(2ª Div. Autonómica feminina)
Derrota do primeiro equipo feminino do Boiro Voleibol ante as coruñesas do Zalaeta B. As nosas afrontaban o encontro con importantes baixas como as de Ángela e María Triñanes ou Carla Castro polo que o equipo se completaba con xogadoras cadetes e incluso infantís como é o caso de Sara e Ana Bugallo respectivamete. A recepción boirense sufriu durante todo o encontro polo que a distribución non era sinxela para as nosas colocadoras. Escapábanse deste xeito os dous primeiros parciais sen que as rapazas de O Secreto puidesen plantar cara ás herculinas. No terceiro víase un cambio de actitude nas nosas provocada en gran medida pola omisión de erros de recepción e servicio. Destacar tamén a aportación neste xogo da receptora Rebeca González cunha excelente xeira en ataque. No cuarto volvían as pantasmas do inicio. Nerviosismo en recepción e inseguridade en ataque poñía en bandexa a vitoria ás visitantes. Por O Secreto Boiro Voleibol xogaron: Sara Bugallo, Elena García, Alicia Novoa, Ángela Fernández, Andrea Barreiro, Rebeca González e Ana Bugallo (líbero). Como reservas estaban Luisa Ferreirós e Sandra Lojo.
O Secreto cae na Cachada |
NÁUTICO BOIRO VOLEIBOL 3-2 UNIVERSIDADE DE BURGOS
(22-25, 25-19, 22-25, 25-19, 15-7)-(1ª Div. Nacional masculina)
Sufrido o triunfo que o Náutico Boiro Voleibol conseguiu ante o Universidade de Burgos nun encontro entre rivais directos pola pelexa dos postos altos da táboa clasificatoria da 1ª división nacional masculina. O equipo comezaba con dúbidas froito do nerviosismo nos seus xogadores. Esta situación era aproveitada ás mil maravillas polos burgaleses que co seu alto bloqueo intimidaba ó ataque boirense unha e outra vez para anotarse o primeiro set. O segundo comezaba cos nosos máis atinados e efectivos en ataque. Mediado o set o Náutico xa tiña encarrilado o parcial gracias a dous bloqueos directos: un por parte de Pablo Suárez e outro conseguido por Narciso Abalo. No terceiro viuse a peor cara dos de Emilio Palacio. Sufrindo en recepción coma poucas veces non podía o colocador Iván Souto xogar coa soltura habitual e distribuir comodamente o xogo local. O desenlace era idéntico ó vivido no primeiro set (22-25). A partires deste momento os locais conxuráronse para non deixar escapar os dous puntos da vitoria e seguir de preto a estela do Intasa San Sadurniño. Con efusividade e alegría conseguiron os nosos anotarse os dous parciais restantes sen moitos problemas para baixar o telón desta sufrida cita para os boirenses. Polo Náutico Boiro Voleibol xogaron: Iván Souto, Narciso Abalo, Jesús Vázquez, Pablo Suárez, Miguel Vázquez, Cristóbal Álvarez e Adrián Alves (líbero). Como reservas estaban Rubén Taibo, Emilio Palacio, Manuel Pérez, Gustavo Romero e Daniel Agra.
CV OURENSE 3-0 REYCA BOIRO VOLEIBOL
Mal encontro do noso equipo cadete masculino na súa visita a terras ourensás na mañá deste pasado domingo malia conseguir un resultados parciais moi axustados. Constantes erros en ataque, servicio e falta de concentración facían que chegados os momentos importantes e decisivos dos xogos os nosos desen un paso atrás para ledicia dos locais. Cabe destacar a boa aportación en ataque do receptor Xian Pérez que puxo contra ás cordas á defensa ourensá en case que todo o encontro. Despois desta derrota o equipo de Adrián Alves deberá traballar duro para preparar a visita o vindeiro sábado do Calasancias Coruña. Polo Reyca Boiro Voleibol xogaron: Ismael Martínez, Fran Dieste, Raúl Lojo, Óscar Refojo, Xian Pérez, Lois Vázquez e Adrián Gatbache (líbero). Tamén xogou Dani Gey.
As malas sensacións do equipo cadete prolongábanse nos inicios do encontro xuvenil posto que gran parte deste equipo fórmano xogadores en idade cadete. As imprecisións por parte dos nosos poñían en bandexa a vitoria no primeiro parcial para os locais. No segundo set o xogo dos nosos mellorou. Cunha actuación destacable do colocador Daniel Vázquez que encontraba sempre a mellor opción para a saída de ataque o Trillizos conseguía imporse no set e meterse por primeira vez no encontro. No terceiro set o xogo dos nosos non era tan bo coma no segundo pero conseguiron poñer contra as cordas a un equipo máis rodado e con máis experiencia (25-22). O cuarto set foi de total dominio boirense case que ata o fin do mesmo. O Trillizos encontraba o camiño que o equipo levaba buscando todo o encontro e chegaba a situarse 8 puntos por riba no luminoso. Chegados a este punto estas boas sensacións disipáronse para dar paso a apatía, nerviosismo e inseguridade. O resultado final trala remontada do CV Ourense foi de novo de 25-22. Polo Trillizos Boiro Voleibol xogaron: Daniel Vázquez, Fran Dieste, Raúl Lojo, Óscar Refojo, Xian Pérez, Martín Herrera e Abel Sánchez (líbero). Como reservas estaban Ismael Martínez, Dani Gey, Miguel Lorenzo, Lois Vázquez e Adrián Outeiral.
Máis complicada do desexado a vitoria que o equipo filial masculino do Boiro Voleibol conseguía nesta mañá do domingo en Ourense a onde viaxaban con múltiples baixas. O inicio do encontro foi moi complicado para os homes de Felipe García. Apatía, desmotivación e lentitude eran os descriptores do visto no ximnasio do IES Ferro Couselo nos dous primeiros sets que rematarían con vitoria local. A partires deste momento os boirenses, sendo conscientes do que se estaban a xogar, melloraron exponencialmente en actitude. Cun gran Pablo Suárez en bloqueo o equipo camiñaba paso a paso para conseguir a remontada e seguir deste xeito pelexando polo liderato da categoría. Chegado o tie-break o Redesyl non quitou o pé do acelerador e gracias á intensidade e ánimo xeral conseguiuse que a vitoria caese no noso peto. Polo Redesyl Boiro Voleibol xogaron: Andrés Martínez, Roberto Rodríguez, Pablo Suárez, Martín Herrera, Xavier Sarille, Diego Romero e Adrián Armental (líbero). Como reservas agardaban o seu momento Dani García, Ignacio Cibeira, Juan Mande, Raúl Lojo e Xian Pérez.
O Náutico soubo sufrir para conseguir un vital triunfo |
CV OURENSE 3-0 REYCA BOIRO VOLEIBOL
(25-23, 25-22, 25-23)-(Liga galega cadete masculina)
O Reyca rinde moi por debaixo das súas posibilidades |
CV OURENSE 3-1 TRILLIZOS BOIRO VOLEIBOL
(25-15, 22-25, 25-22, 25-22)-(Liga galega xuvenil masculina)
O Trillizos plantou cara en Ourense |
CV OURENSE B 2-3 REDESYL BOIRO VOLEIBOL
(25-23, 25-22, 10-25, 20-25, 8-15)-(2ª Div. Autonómica masculina)
O Redesyl sufre, pero gaña |
4 comentarios:
Habia que ganar chicos, y lo hemos conseguido con más trabajo de lo que esperabamos al menos yo, pero lo sacamos adelante, partido ademas entretenido para la gente que vino a animar.Se agradece el apoyo.
Las chicas no os preocupeis sacasteis un set ante un buen equipo y con bajas, que es lo que os está pasando factura esta temporada.Mucho animo.
PD!!¡¡Rebeca eres muy muy buena!!¡¡
Uff!!
A seguir traballando señores que volveremos a ser o equipo do ano pasado. Calma todo o mundo.
FORZA BOIRO VB!!!
Onde está o "sandías"??? XD
Enhorabuena a los chicos de Segunda que siguen haciendo una buena temporada, esta vez dando la cara luego de verse dos cero, no es facil ganar.Teneis un gran equipo para estar arriba y ganar la competion.
Mucho animo a los pequeños, el find habrá partidos para volver a ganar.
Publicar un comentario