O central saído da canteira do Boiro Voleibol Pablo Bugallo, xogador do actual líder da Superliga española masculina (CMA de Soria), foi incluido no 7 ideal da Real Federación Española de Voleibol da xornada 11 da máxima competición española a nivel de clubes no encontro que enfrontaba ós sorianos con Voley Guada e que remataba cun claro 0-3 (17-25, 19-25, 16-25) para os numantinos. Cabe destacar tamén que Pablo foi nomeado máximo bloqueador da xornada con 5 tantos a pesar de que tan só xogou dous sets. Noraboa Pablo e a seguir no máis alto. Para consultar a estadística do encontro preme aquí.
Moitas gracias Chicho!! Esperemos que a cousa siga igual de ven xa que o próximo sábado temos a visita de Teruel na casa e está en xogo manter o liderato e seguir invictos.
2 comentarios:
Que grande Pablo, menos mal que non che deixaron xogar os tres sets meu.
Noraboa e a seguir repartindo!
Moitas gracias Chicho!! Esperemos que a cousa siga igual de ven xa que o próximo sábado temos a visita de Teruel na casa e está en xogo manter o liderato e seguir invictos.
Unha aperta forte!
Publicar un comentario