Enma e Ana estarán 3 días concentradas en Cataluña |
Cinco son os xogadores boirenses que acudirán esta semana a concentrarse coa selección galega. Por parte das rapazas as nosas representantes serán as infantís Enma Ordóñez e Ana Bugallo. Elas, xunto co resto das súas compañeiras, disputarán o XXVII Torneo Memorial Arturo Cortés en Lloret de Mar (Xirona) os días 2, 3 e 4 de xaneiro. Os rivais das nosas serán as seleccións de Cataluña, Valencia e Holanda. Por parte dos rapaces os convocados volven a ser Fran Dieste, Ismael Martínez e Xian Pérez os cales estarán en Lugo os días 2, 3 e 4 na concentración que a selección galega cadete masculina levará a cabo nos polideportivos dos institutos Ollos Grandes e Lucus Augusti. En nome de toda a familia do Boiro Voleibol desexámoslle ós nosos compañeiros a mellor estancia posible nestes tres días de concentración.
1 comentario:
Noraboa unha vez máis rapac@s!
Xa comemos nós o turrón no voso sitio!
FORZA BOIRO VB!!!
Publicar un comentario