domingo, 15 de xaneiro de 2012

RESULTADOS DO 14-15 DE XANEIRO:

TRILLIZOS BOIRO VOLEIBOL 0-3 EMEVÉ
(18-25, 15-25, 22-25)-(Liga galega xuvenil masculina)
O Trillizos tropeza ante o EMEVÉ
Clara derrota do equipo xuvenil masculino nesta reanudación da competición ligueira tralo parón do nadal. Comezaba o encontro con moitas imprecisións e con ámbolos dous equipos cometendo un gran número de erros. O eficaz servicio lucense facía dano na recepción boirense o que impedía que os colocadores locais distribuisen con claridade o xogo dos seus. Esta foi a tónica dominante nos dous primeiros sets e malia que o Trillizos mellorou no terceiro e derradeiro os dous puntos da vitoria marcharon para Lugo pola vía rápida. Polo Trillizos Boiro Voleibol xogaron: Daniel Vázquez, Fran Dieste, Xian Pérez, Abel Sánchez, Martín Herrera, Alfonso Rey e Adrián Outeiral (líbero). Como reservas estaban Lois Vázquez, Raúl Lojo, Óscar Refojo, Ismael Martínez e Dani Gey.

REYCA BOIRO VOLEIBOL 1-3 EMEVÉ
(25-20, 14-25, 16-25, 20-25)-(Liga galega cadete masculina)
O Reyca cae dos postos de fase final
O encontro entre boirenses e lucenses comezaba cos nosos moi concentrados e mandando tanto no xogo coma no luminoso. A distribución de Ismael Martínez na colocación facía que a renta tomada mediado o set fose suficiente para cerrar a primeira manga. A partires deste momento os nosos baixaron o nivel de agresividade permitindo ó EMEVÉ volver a ter opcións e anotarse os tres seguintes parciais. Polo Reyca Boiro Voleibol xogaron: Ismael Martínez, Fran Dieste, Raúl Lojo, Óscar Refojo, Xian Pérez, Lois Vázquez e Adrián Outeiral (líbero), Como reserva estaba Dani Gey.

REDESYL BOIRO VOLEIBOL 3-0 EMEVÉ B
(25-0, 25-0, 25-0)-(2ª Div. Autonómica masculina)

INTASA S. SADURNIÑO 3-1 NÁUTICO BOIRO VOLEIBOL
(21-25, 25-19, 25-22, 25-23)-(1ª Div. Nacional masculina)
O Náutico perde a imbatibilidade
Derrota do primeiro equipo masculino do Boiro Voleibol no que era o partido estelar da xornada de 1ª división nacional masculina. Nel enfrontábanse os dous primeiros clasificados que ata o día de hoxe se atopaban igualados na táboa clasificatoria. Viaxaban a San Sadurniño os de Emilio Palacio con múltiples baixas respecto a semanas anteriores. Sumadas ó fichaxe de Óscar Gómez polo Club Vigo Voleibol había que engadir tamén as do receptor Manuel Pérez, a do colocador Daniel Eiras e a do central Antón Pérez. Comezaba o encontro moi igualado onde en todo momento se impoñían os ataques ás defensas. Unha boa xeira en bloqueo dos boirenses permitía estar en disposición de cerrar o primeiro parcial para adiantarse no luminoso. A partires deste momento a intensidade do Náutico decreceu. Tomábanse menos riscos en ataque o que facía que os locais se foran atopando pouco a pouco con situacións claras de vantaxe. Os constantes erros dos nosos poñían en bandexa o triunfo parcial ós de San Sadurniño. A situación vista neste segundo parcial perduraba no tempo e nos dous seguintes xogos, onde a falta de agresividade dos boirenses permitía ós de Eloy Mahía contraatacar con efectividade sobre todo polos seus xogadores de banda. Chegaba deste xeito a primeira derrota en liga dos nosos, que leva implícita a carga de perder o liderato da competición. Polo Náutico Boiro Voleibol xogaron: Iván Souto, Narciso Abalo, Jesús Vázquez, Pablo Suárez, Cristóbal Álvarez, Gustavo Romero e Adrián Alves (líbero). Como reservas estaban Rubén Taibo, Emilio Palacio, Daniel Agra e Miguel Vázquez.

ZALAETA B 0-3 BOIRO VOLEIBOL
(8-25, 20-25, 22-25)-(Liga provincial cadete feminina)
As cadetes poñen a cara da moeda nesta xornada
Vitoria en tres sets do equipo cadete feminino do Boiro Voleibol no seu desplazamento á cidade herculina para medirse ó Zalaeta B. A base do triunfo estivo principalmente no servicio das nosas que fixo moito dano no sistema defensivo local, Cabe destacar a faceta nesta labor de Sara Bugallo e Enma Ordóñez que unha e outra vez percutían na recepción das coruñesas. Destacable actuación tamén das nosas en recepción, motivo polo cal as colocadoras podías disfutar de situacións óptimas para elexir con comodidade o seu mellor ataque. Viuse un equipo ordeado e con maior soltura de moitas das xogadoras respecto a citas anteriores. As rapazas pouco a pouco adquiren confianza e mostran accións que fan pensar ó corpo técnico do Boiro Voleibol que estamos ante un equipo cunha enorme proxección. Polo Boiro Voleibol xogaron: Sara Bugallo, Enma Ordóñez, Ana Bugallo, Melissa Novoa, Antía Sampedro, Alejandra Galbán e Sheila Outeiral (líbero). Tamén xogaron Ángela Álves, Isabel Gómez, Sara Lojo e Claudia Pinaque

14 comentarios:

Jesus_pivot dixo...

Asumo mi culpa, por fallar en momentos importantes, de regalar un set sin obligar al Sansa a tener que hacer ellos el punto.Lo siento.Trabajaré para que el find en casa demos la cara y ganemos a Burgos y que no se nos escape el liderzgo que solo esta a un punto.

Dani Agra dixo...

Jesus, por un punto no se pierde un partido,y de los errores se aprende, asi que ahora toca entrenar y centrarnos en el siguiente partido.
Lo que tenemos que hacer es analizar los errores que cometidos durante el partido y tratar de solucionarlos y si hay unos ideales seguirlos durante todos los partidos y no cambiarlos.

Forza Boiro que aún tenemos media liga más para meorar y seguir creciendo.

Eloy dixo...

El que no se arriesga a un fracaso nunca conseguira una victoria.
(José de San Martín)

Arriba Pivot!!!

As grandes victorias ennobleceas a calidade do rival. Para min foi unha moi grande victoria.

Noraboa.

Anónimo dixo...

Con el septeto titular de Boiro y el de Sansa, lo normal era que ganara Sansa. Seguramente la clave del partido fue la baja de Oscar, pues aporta ese plus con el que seguramente Boiro estaría más cerca de la victoria.

Los centrales de Boiro aportan muy poco a nivel ofensivo y eso decantó la balanza. Ojo, no quiero criticar a estos jugadores ya que pienso que con lo que tienen aportan mucho, ya que rinden al 120% de sus posibilidades y tiene mucho mérito. Mucho más que el que tiene traer un jugador como el central brasileño de sansa y que aporte lo que aportó.

Pivot, supongo que es consciente de tus limitaciones técnicas, tienes que intentar mejorarlar y explotar tus puntos fuertes, como creo que haces bastante bien, no te culpes por ese fallo.

P.D. Cristobal es la ostia!! sin palabras, pero el sólo no llega.

Adrián Alves dixo...

Xa andamos a sacar os pés fóra do testo...xa tardabamos. Esto é deporte, ás veces gañan os uns e outras veces os outros. Só nos queda felicitar a un equipo (SanSa) que foi mellor o sábado e que se levou con xustiza os 2 puntos do triunfo.

¿Cristóbal "sólo"?

En primeiro lugar, Cristóbal só ás veces si que é suficiente como para gañar un partido porque está moi por riba da media en canto a nivel nesta liga. En segundo lugar creo que te columpias xa que hai xogadores en Boiro ademais del que poden desequilibrar, e moito.

Pivot, arrímalle!

FORZA BOIRO VB!!!

Brasi dixo...

a min aqui faltame a crónica do partido de 2º masculino!!! xDD

Jesus_pivot dixo...

El que firma como anonimo tiene pinta de conocerme por eso "raja" sin poner el nombre. Hay que ser gilipollas. Ademas hablas de que se decanto la balanza el ataque por el centro? yo hice 3 puntos en 4 bolas,Pablo cambio casi todas las que tuvo, y los centrales del Sansa?, el que esta conmigo cambio una bola el resto todas a las manos.Hay que ser gilipollas.Estupido.

Emilio dixo...

El unico culpable de nuestra derrota es el Sansa que lo hizo mejor que nosotros y no hay mas... Lo merecieron.
De las capacidades de mis jugadores y del seis inicial ya me encargo yo que para eso estoy aqui. Y si me hace falta acesoramiento dime quien eres que te llamo.
Pero no nos olvidemos que pivot gano una liga mucho mas dificil que la de este año jugando de titular toda la temporada.
Hay que seguir trabajando que falta mucha liga y hay siete equipos mas ademas del Sansa.
Emilio

Anónimo dixo...

chicoss no se acabaa el mundoo por una derrota, y se que hay gentee quee piensa que si, pero estoo no hizo mas que empezar!

quedan como dijo muy bien emilio otros siete equipos que merecen el maximo respeto y sobre todo a los que hay que ganar para llegar al objetivo final!, mucho trabajo es lo que toka, como hasta ahora!

aveces nos olvidamos que los que estan al otro lado de la red tambien juegan, y ai que demostrar que en el partido de vuelta en la cachada que esto ES UN FORTIN!!!!

FORZA C.V.BOIRO

Anónimo dixo...

Creo que el central brasileño del que hablas ya lleva unos años viviendo en Coruña, antes jugaba en Zalaeta y ahora lo hace en San Sadurniño. Si no me equivoco era opuesto y este año es la primera vez que juega de central.... y para ser la primera vez que juega una temporada completa en esa posición, pienso que no lo hace nada mal.
En cuanto a Boiro, ni que decir tiene que Cristobal es un grandísimo jugador y mejor persona, pero también tiene un buen opuesto que es Narciso, un buen colocador que es Pas, el mejor libero de la liga que es Chicho y un central que como bien dice Emilio, guste o no te guste, ganó una liga el año pasado siendo titular y de bastante mas nivel que la de este año.

Narciso dixo...

Se nos vamos a esas fai menos de 2 anos Jesús (Pivot) estaba xogando de receptor en 2ª división autonómica; Pablo Suarez leva no voleibol 2 anos, i era o seu debut en categoría nacional; e Dani Agra pasouse a tempada pasada sen xogar por unha beca Erasmus.

A tempada pasada alcanzamos o liderato antes de que Oscar recalara no equipo. A sua ausencia non é un problema, máis problema son as lesións.

Quen diga que vendo os septetos titulares o normal era que gañase Sansa, ou non veu xogar habitualmente ós 2 equipos ou, sinceramente, non sabe de voleibol.

Adrián Alves dixo...

Noraboa ás cadetes pola vitoria!!

P.D. Perdoade pola tardanza na crónica pero non dou atopado a tecla para facer funcionar a máquina de teletransporte...


FORZA CV BOIRO!!!

Oscar dixo...

Una batalla perdida, pero queda mucha guerra.
Lo más inteligente que se puede hacer con las derrotas y las críticas es tratar de ver su lado positivo y darse cuenta de que tanto unas como otras nos pueden ayudar a ser mejores.Todos nos equivocamos y cometemos errores, pero darnos cuenta de ello es la forma de aprender y no seguir tropezando una y otra vez con la misma piedra.
Trabajo, trabajo, trabajo y humildad para reconocer cuando nos equivocamos, eso es lo que nos hará grandes.

Anónimo dixo...

No se entendió mi comentario anterior, igual no expresé bien mi idea, pero era más tirando a favor de BOiro que criticando. Siento que os lo tomarais como ofensa pues no fue mi intención. Ánimo Boiro!, me parece que está haciendo un buen trabajo,, pero también tiene defectos, conocerlos e intentar mejorarlos es lo que conseguirá que progreseis, pero me encanta la apuesta de formación y oportunidades a gente de la casa. Otros tienen que aprender de eso.