xoves, 12 de febreiro de 2015

EQUIPO IDEAL DA XORNADA PASADA, ESTES SON @S DESTACAD@S:

Equipo ideal da xornada do 7 de febreiro
Malia que os resultados non acompañaron durante a pasada fin de semana as actuacións dos nosos xogadores dan para confeccionar un equipo de garantías neste septeto ideal da semana no Boiro Voleibol. Colocador, Rubén Martínez: o pequeno dos Martínez volveu a ser o faro do JEALSA cadete masculino. O peso e precisión do seu saque foi unha lousa demasiado pesada para a recepción do Asesores Vila Castro. A intelixencia demostrada na dirección e o seu descaro sobre a pista fan de Rubi o mellor colocador da semana. Oposta, Mariana Díaz: soportou o volume ofensivo do JEALSA no extraordinario encontro que as de Mario Iglesias xogaron ante o Caldaria. A atacante rianxeira foi un dos motivos polo cal as senior foron competitivas até o final. Receptora 1, María Triñanes: a súa seguridade apuntalou a liña de recepción do JEALSA na que a acompañaron as xuvenís Melissa Novoa e Sheila Outeiral. O seu saber facer en momentos decisivos mantiveron as opcións de vitoria en moitos tramos do encontro. Receptor 2, Pablo Nieto: foi o auténtico estilete do JEALSA. O seus envíos de ataque eran demasiado para a defensa de segunda liña ourensá. Central 1, Lía Villar: a cadete de primeiro ano mostrouse moi inspirada preto da rede nunha das vitorias colleitadas o sábado pasado. A aportación desde a liña de saque da boirense foi tamén digna de mención. Central 2, Manuel López: foi o xogador máis destacado dos infantís no Paco Paz. O seu turno de saque era un soplo de aire fresco para o JEALSA. Líbero, Sheila Outeiral: gran actuación en recepción e defensa a mostrada pola líbero xuvenil no anexo do Paco Paz. 

Ningún comentario: