martes, 14 de xaneiro de 2014

OS RAPACES COPAN A FORMACIÓN DO PRIMEIRO SEPTETO IDEAL DO 2014:

Primeiro #7idealBoiroVoleibol do 2014
As 3 vitorias que nos brindaron esta pasada fin de semana os equipos da nosa sección masculina trouxeron consigo actuacións máis que destacables, polo que son os rapaces os que copan os postos deste primeiro septeto ideal do ano. Colocadora: Paula Vázquez: imprescindible a súa aportación desde a liña de saque na vitoria das infantís ante o Calasancias Coruña. A xove colocadora boirense xestionou de xeito extraordinario o balón, dotando de sentido todo o caudal ofensivo do seu equipo. Oposto, Xian Pérez: espectacular actuación ofensiva do xuvenil na que foi a súa estrea neste posto específico. Mostrouse imparable en ataque durante o encontro que o Redesyl venceu en Carballo. Receptora 1, María Triñanes: axilidade en defensa, calidade en recepción e regularidade en ataque son as credenciais que presenta a pequena das irmás Triñanes para formar de xeito merecido no equipo ideal da semana. Receptor 2, Adrián Armental: pilar en recepción para o Redesyl que na tarde do sábado mostrou a súa mellor versión en saque e ataque, rompendo o encontro durante a primeira manga dende a liña dos 9 metros. Central 1, Christopher Rodríguez: foi claramente o mellor xogador do JEALSA. Intelixente en ataque e certeiro en bloqueo, Christopher mantivo ós nosos cadetes na pelexa durante todo o encontro. Central 2, Alejandra Galbán: notable cerca da rede. Colaborou de maneira activa a que a defensa do JEALSA se posicionase de maneira ordeada chegando a desesperar ó equipo rival sobre todo durante o transcurso do primeiro set. Líbero, Jorge Dieste: a súa actitude e predisposición defensiva é un soplo de aire fresco no equipo xuvenil. Malia ser a súa estrea Jorge merece ser un dos destacados da xornada.

Ningún comentario: