VOLEIBOL BERA BERA 0-3 NÁUTICO BOIRO VOLEIBOL
(13-25, 20-25, 19-25)-(1ª Div. Nacional masculina)
¡O Náutico fai historia e consegue o triplete! |
Chegou o día que todos agardabamos e, finalmente, o Náutico Boiro Voleibol proclamouse no polideportivo Pío Baroja de San Sebastián campión por terceiro ano consecutivo desta 1ª División do voleibol español. Os homes dirixidos polo mítico central ex-internacional absoluto José Luis Moltó pouco puideron facer ante un Náutico que chegaba a terras vascas con moito en xogo e coa intención de voltar a Galicia co título ligueiro baixo o brazo. O encontro comezaba igualado nos seus primeiros compases. Os nosos mostrábanse lixeiramente tensionados pero de contado a presión co servicio facilitaba que o bloqueo-defensa comezase a marcar as diferencias. Iván Souto torpedeaba dende a liña dos 9 metros as opcións de vitoria locais na primeira manga. No segundo xogo o nivel xeral do partido foi inferior. Os boirenses non conseguían xogar coa intensidade que acostuman e os locais aproveitábanse para seguir a estela dos branquiazuis no luminosos nun pouco vistoso set. No desenlace do mesmo de novo o servicio barbanzano marcaba as diferencias e poñía terra de por medio nun tanteador que semellaba definitivo para ledicia dos nosos. Mario Iglesias era agora o verdugo dos vascos. No terceiro e derradeiro persistían as sensacións do parcial anterior. Ritmo lento e xogo pouco vistoso foron os ingredientes dun set que coroaba por terceira tempada consecutiva ós rapaces de Emilio Palacio e poñía o nome de Boiro no panorama do volei nacional. Polo Náutico xogaron: Iván S., Emilio P., Cristóbal A., Gustavo R., Jesús V., Mario I. e Adrián A. (líbero). Como reservas estaban Rubén T., Miguel V., Xavier S e Manuel P.
EMEVE B 3-0 REDESYL BOIRO VOLEIBOL
(25-16, 25-16, 25-9)-(2ª Div. Autonómica masculina)
O cadete Ismael M. traballou a reo na construcción |
Encontro de máis a menos o realizado polo equipo filial masculino en terras lucenses. Cun equipo formado por numerosos xogadores en idade xuvenil e con importantes baixas como as de Adrián Armental, Xavier Sarille, Alén García ou Antón Pérez presentábanse os de Adrián Alves no feudo do 5º clasificado para plantar batalla e seguir coa súa formación nesta categoría sénior. Os erros en ataque e servicio dos nosos ocasionaban que os locais se viñeran arriba e que os nosos perderan paulatinamente a confianza. O oposto xuvenil Fran Dieste intentaba manter ó seu equipo dentro do encontro a base de ataques pero os problemas en recepción non lle permitían a Ismael Martínez construir dun xeito óptimo o seu xogo. Os ánimos do Redesyl fóronse apagando a medida que avanzaba o encontro e os dous puntos da vitoria quedaron en peto local mantendo no último posto da clasificación ós de Adrián Alves. Polo Redesyl xogaron: Ismael M., Fran D., Juan O., Diego R., Dani G., Óscar R. e Adrián O. (líbero).
EMEVE 3-0 REYCA BOIRO VOLEIBOL
(25-16, 25-9, 25-15)-(Liga galega infantil masculina)
O Reyca cae na casa do líder |
Derrota en tres sets do equipo infantil masculino ante un conxunto cunha experiencia maior e cun servicio que presionaría, facéndoa tremer, a recepción do Reyca en todo o choque. Os erros dos nosos nos primeiros compases de cada set serían cruciais para o desenlace dos mesmos nos que os de Adrián Alves sempre tiñan que xogar a remolque e ante un rival cheo de confianza. Moitas foron as oportunidades que os nosos tiveron de puntuar tras ataques fáciles do EMEVE pero a falta de contundencia no ataque propiciaba que o rival tivera, case sempre, segundas oportunidades para anotarse os puntos. A puntilla en cada manga chegaba sempre froito de potentes saques dos lucenses. O colocador Rubén Martínez tentaba por tódolos medios reciclar o xogo dos seus pero a misión era moi complicada. Tras este tropezo o Reyca ocupa a 6ª praza da competición autonómica con 5 triunfos en 13 encontros. Polos boirenses xogaron: Rubén M., Álvaro P., Dani O., Darío O., Christopher R. e Gabriel S. Tamén xogaron Manuel T. e Álex V.
EMEVE 3-0 O SECRETO BOIRO VOLEIBOL
(25-8, 25-20, 25-15)-(Liga galega xuvenil feminina)
O Secreto non pode co potencial do EMEVE |
Derrota clara do equipo xuvenil feminino ante as campioas da liga regular. Plantexábase moi difícil o partido, xa que as lucenses do EMEVE tan só cederan un set nos anteriores 20 encontros. A pesar das rotacións das súas xogadoras, a superioridade no campo, cunha moi boa defensa e un ataque demoledor, era evidente e as locais dominaban con autoridade o luminoso. As boirenses foron claramente de menos a máis e pese á contundente derrota mostraron un mellor xogo que nos anteriores encontros de liga galega. Tras esta derrota as de Emilio Palacio e Narciso Abalo fican na 7ª posición da táboa clasificatoria con 8 vitorias en 21 encontros. A vindeira semana o Calasancias Coruña visitará A Cachada, a preparar o encontro rapazas. O Secreto Boiro Voleibol formaba con Sara B., Emma O., Ana B., Isa G, Katy S., Alejandra G. e Melissa N. (líbero). Como reservas atopábanse Sheila P., Andrea D. e Antía S.
EMEVE 3-0 INGENIERÍA TRAZOS BOIRO VOLEIBOL
(25-20, 25-14, 25-17)-(Liga galega cadete feminina)
As cadetes xogarán a promoción para evitar o descenso |
Mal partido das cadetes do Ingeniería Trazos Boiro Voleibol no seu desprazamento á cidade da muralla para medirse ó EMEVE. Ante un equipo que non semellaba superior na cancha, a falta de concentración e os continuos erros en saque e recepción das nosas facía imposible a cercanía no luminoso co equipo local e impedía a loita das branquiazuis nos momentos decisivos dos sets. Xa sen posibilidades de acadar a permanencia de categoría nesta fase regular do campionato, as xogadoras barbanzás terán que traballar moi duro se queren continuar un ano máis na máxima competición autonómica e loitar na promoción contra equipos que buscan o ascenso. As de Emilio Palacio marchan 11ª na clasificación a falta de recibir a vindeira semana ás coruñesas do Calasancias. Semana de preparación equipo, moito ánimo. Ingeniería Trazos Boiro Voleibol: LeaG., Emma O., Sara L., Antía S., Ana B., Irea T. e Ángela Alves (líbero). Tamén xogaron Laura O., Lía V. e Paula V.
EMEVE 3-0 NAVALES CHICOLINO BOIRO VOLEIBOL
(25-11, 25-7, 25-16)-(Liga galega infantil feminina)
O servicio do EMEVE foi demasiado para as nosas |
Encontro sen historia o vivido en Casa do deporte de Lugo entre dous equipos con niveis de xogo moi diferentes. A cor do EMEVE foi a que adornou en todo momento o encontro apoiadas nun sempre molesto e potente servicio que desmantelaba completamente a recepción das nosas. Cando as de Andrés Martínez conseguían enviar o balón máis alá da rede as lucenses aproveitaban a contundencia do ataque das súas centrais e pechaban rápidamente os puntos. Tan só no terceiro xogo puido o Navales Chicolino achegarse un pouco no luminoso gracias a unha xeira extraordinaria en servicio de Paula Vázquez mais no foi suficiente para anotarse o parcial e premiar o bo traballo que se está a facer con este novísimo equipo. Trala súa derrota en Lugo as infantís pechan a clasificación da liga galega con 2 vitorias en 21 encontros. Polo Navales Chicolino: Lea G., Paula V., Lía V., Marta S., Irea T. e Laura O. Como reservas atopábanse Luciana V., Vera e Laura P.
11 comentarios:
Genial equipo. Sois los mejores. Un fuerte abrazo y a seguir creciendo.
Outra máis chavales, xa van 3. Que mal acostumados estamos...
Non gastemos máis tempo en celebracións e, dende hoxe mesmo, a deixarnos o pelexo nos adestramentos para chegar á fase en forma. Temos unha espiña que hai que quitar este ano si ou si. Vamoooossss EQUIPOOOO!!!
¡¡¡FORZA BOIRO VOLEIBOL!!!
Felicitacións a todo o club polo titulo, non só os que estamos na pista gañamos o terceiro titulo, todo o que ten detras este Boiro Voleibol fai posible que un ano mais teñamos o equipo campeón.
Adestrar, adetrar e mais adestras para coller mais forma, recuperar a gran ausencia de Narciso, e poder pelexar pola fase.
Sede en Boiro porfavor.
Muy bien chicos, ustedes lo merecen por el gran esfuerzo que se hizo esta temporada. Ahora a seguir trabajando para la fase. Muchas gracias a todos.
Sigo sin entender lo del partido del domingo de nuestros juveniles, tengo la sensación que nadie pensó en nuestro club al momento de tomar esa decisión, en la cual no se respetaron las normativas ni se nos tomó en cuenta. Lamentablemente los perjudicados son los pequeños que no tienen culpa de nada.
Emilio Palacio
Dende este clube sempre se facilitou a todos os equipos de galicia, cambiar horarios por falta de xogadores, por desprazamentos dos primeiros equipos, ou calquer outro motivo, non entendo como un clube como neste caso o EMEVE, decide poñer o harario do partido a hora que eles queiran sin mediar co noso clube ou co entrenador do equipo xuvenil, e moito menos entendo a reacción da federación deixando que ocurra algo así pasando olimpicamente das reglas establecidas.
Espero que o igual que na final da Copa Galicia 2012, Roman Lago nos aclare esta situación.
Neste intre é o Comité de Competición da FGVb quén está a valorar a situación ocorrida e quén determinará nos próximos días se os diferentes implicados actuaron consonte á normativa da FGVb.
Creo que será mellor agardar a coñecer o seu veredicto antes de facer ningún tipo de valoración sobre o sucedido.
Un saudo
Refíreste ó Comité de Competición da mesma federación que permitiu que esto ocorrera? non sei nos sorprenderá moito o seu veredicto... ojalá que si, pois penso que sería o xusto!
Pero bueno, se desta prefires non mollarte, pois esperaremos lo...
Apertas a todos!!!!
Boa tarde Gus,
O Comité de Competición da FGVb non ten nada que ver nin coa Dirección Técnica nin co Dpto de Competicións e non tivo ningunha participación nas decisións que se tomaron respecto ao dito partido en Lugo. Son elementos completamente diferenciados e independientes da FGVb como asi ven reflectido nos seus Estatutos.
Onte pola noite este Comité de Competición publicou xa a súa resolución sobre o expediente en cuestión. Pediríavos a todos os que teñades interese sobre este asunto que a leades primeiro para poder opinar con verdadeiro coñecemento de causa de todo o ocorrido e non soamente coa versión dun dos elementos implicados.
Saúdos!
Me gustaría ver el acta del partido de Valencia...
Vista resolución!
Vista acta!
Por certo, o que escribeu a resolución, creo que non veu esa acta para...
"poder opinar con verdadeiro coñecemento de causa de todo o ocorrido"
Xa non espero que a fgvb subsane o seu erro, QUE DEBERÍA, pero polo menos, que o recoñeza...
UN SAÚDO!!!
Ola a todos!!!
Esto segue sen aclararse non???
Moi veloces á hora de impoñer sancións...
pero para solucionar problemas...
SEGUIMOS ESPERANDO RESPOSTA!!!!!
Publicar un comentario