REYCA BOIRO VOLEIBOL 3-2 CALASANCIAS CORUÑA
(Agardando parciais)-(Liga galega infantil masculina)
Os pequenos fixeron vibrar ó público da Cachada |
Traballada vitoria no tie-break do equipo infantil masculino que dirixe Adrián Alves ante os coruñeses do Calasancias. O nerviosismo apoderábase dos nosos nos compases iniciais do choque, elemento que xogaba claramente na contra do equipo e permitía ós herculinos tomar a dianteira no partido grazas a un servicio demoledor. Pasados os puntos e pasados os minutos o Reyca asentouse na cancha. A entrada de Pablo Nieto no posto de receptor sentoulle ó equipo como un soplo de aire fresco e a maquinaria branquiazul comezou a traballar de verdade. A boa recepción permitía ó pequeno da saga dos Martínez (Rubi) construir o xogo con comodidade e moito criterio. Deste xeito os atacantes boirenses puideron atopar a maneira de danar a defensa visitante tendo como principais estiletes ofensivos ó central Christopher Rodríguez e ó receptor Darío Outeiral. Con 2-1 no tanteador xeral e cunha ampla vantaxe no 4º set o equipo sufriu un tremendo baixón. O Calasancias aproveitou a oportunidade brindada polos nosos e levaron o encontro ó tie-break. No descanso entre sets a conxura era clara: "este partido non se nos escapa". Mostrando unha defensa en segunda liña extraordinaria e unha eficacia en contraataque non menos boa conseguían os nosos abrir unha fenda no luminoso que xa sería definitiva. Tras este triunfo tan só dous son os equipos desta liga galega (EMEVE (1º) e Manuela Rial Mouzo (2º)) os que se lle resistiron esta tempada ós máis pequenos da sección masculina do Boiro Voleibol. Hai futuro. Polo Reyca formaban: Rubén M., Álex V., Darío O., Daniel O., Christopher R. e Gabriel S. Tamén xogaron Pablo N., Manuel T. e Adrián F.
REDESYL BOIRO VOLEIBOL 0-3 NARÓN VOLEA
(Agardando parciais)-(2ª Div. Autonómica masculina)
Os receptores visitantes castigan ó filial masculino |
Mal encontro do filial masculino ante o equipo inmediatamente superior na táboa clasificatoria da 2ª autonómica. O encontro estivo marcado pola pouca intensidade dos nosos e pola apatía que mostraron neste encontro no que o non xogarse nada foi motivo suficiente para desconectarse do partido. Os de Ferrolterra, axudados en cada inicio de set pola inocencia do novísimo equipo boirense remaron en todo momento a favor de corrente e apenas tiveron obstáculo algún na súa travesía hacia a vitoria. A actuación dos receptores visitantes foi máis que suficiente para desactivar por completo a maquinaria do conxunto boirense. Tras esta nova derrota os de Adrián Alves pechan a tempada na última praza con tan só unha vitoria, a colleitada na primeira xornada de liga ante os veciños rianxeiros. Polo Redesyl xogaron: Ismael M., Fran D., Xian P., Xavier S., Lois V., Dani G. e Juan O. (líbero). Como reservas estaban Daniel V., Diego R., Alén G., Adrián O e Miguel L.
NAVALES CHICOLINO BOIRO VOLEIBOL 0-3 CALASANCIAS CORUÑA
(Agardando parciais)-(Liga galega infantil feminina)
INGENIERÍA TRAZOS BOIRO VOLEIBOL 1-3 CALASANCIAS CORUÑA
(Agardando parciais)-(Liga galega cadete feminina)
O SECRETO BOIRO VOLEIBOL 1-3 CALASANCIAS CORUÑA
(25-18, 17-25, 23-25, 19-25)-(Liga galega xuvenil feminina)
A gran actuación de Emma en servicio non foi suficiente |
Non puideron as xuvenís de Emilio Palacio e Narciso Abalo, 7ª clasificadas na liga galega, coas 6ª: o Calasancias Coruña. O comezo do partido permitía ás nosas ser optimistas en torno ós futuros sucesos do mesmo. A continuidade no seu servicio e a estabilidade mental das nosas neste arranque poñía contra as cordas ás herculinas e presaxiaba un desenlace ben diferente. O bo facer da infantil Emma Ordóñez dende a liña dos 9 metros torpedeaba as opcións de vitorias coruñesas neste primeiro parcial, que caía en saco boirense por un cómodo 25-18. A partires de aquí a presión e a ansiedade instaurouse en O Secreto. O gran número de erros en servicio e ataque impedía que as nosas mantiveran o xogo do primeiro set e salvo no tramo final da 3ª manga onde dúas boas rotacións de saque apretaban o tanteador, o dominio foi de clara cor coruñesa. Por O Secreto xogaron: Sara B., Isa G., Melissa N., Emma O., Alejandra G., Antía S. e Katy S. (líbero). Como reserva estaba Andrea D.
3 comentarios:
Grandes rapaces!!!!
A seguir traballando así!!!
Gracias gus!!
:( :( :(
Publicar un comentario