sábado, 23 de marzo de 2013

A FASE DE ASCENSO A SUPERLIGA 2 NON SERÁ NA CACHADA:

Os tricampións buscarán o ascenso deportivo en Tarragona
O Club Voleibol Sant Pere I Sant Pau de Tarragona albergará do vindeiro 3 ó 5 de maio a fase de ascenso a Superliga 2 que concentrará ós seis mellores equipos da 1ª División Nacional. Voley Playa Madrid, CD Universidade de Granada, Tarragona 2017 SPSP, IGS Energías Renovables Cieza (Murcia), Universidade de Valladolid e Náutico Boiro Voleibol pelexarán esa fin de semana, salvo renuncia dalgún deles, por lograr o ascenso á categoría de prata do voleibol español. A nova, coñecida na tarde do venres, significou un duro revés para a xunta directiva do Boiro Voleibol quen, cargados de ilusión, profesionalidade e  enxeño deseñaron un ambicioso e a vez realista proxecto que nos permitiría disfrutar con total seguridade do mellor play-off  de ascenso das últimas tempadas. Seis semanas nos separan do evento, seis semanas de duro traballo que os nosos rapaces aproveitarán para honrar o lema do club que di que "caer está permitido pero levantarse é obrigatorio". Moito ánimo rapaces, ¡a polo ascenso!

2 comentarios:

Adrián Alves dixo...

A cabeza ben alta compañeiros da directiva, membros do Departamento de Deportes do Concello de Boiro e xogadores, o noso proxecto era o MELLOR. O mellor para Boiro, sí. O mellor para o clube, pois tamén pero sen ningunha dúbida o mellor para o espectáculo e o volei.

Non queda outra xente. A sacrificarse nestas 6 semaniñas que aínda nos quedan e a sacarnos esa espiña que temos nas fases de ascenso. Este equipo pode con todo. Vamoooossssss!!!


FORZA BOIRO VOLEIBOL!!!

Jesus_pivot dixo...

Non sei como era o proxecto, espero poder miralo e ver o que nos, como xogadores nos vamos a perder, e tamen o que perderan esos numeros e grandes afecioandos o voleibol e o boiro voleibol, que son polos que mais lastima sinto que non poidan desfrutar dalgo como a fase de ascenso.

En canto o deportivo, vai resultar mais dicifil porder mellorar o papel do ano anterior, a non ser que poidamos contar co mellor momento de todos, incluindo en esos todos a Cristobal. E pedir que entre eses todos se inclua Narciso, ainda que esto depende moito das gañas que teña de votarnos unha man, necesitamos dela.