Emilio Palacio: “A xente responde ben cando lle das caña”
Emilio Palacio |
Xa era hora de falar co mister. Emilio é un auténtico currante, está formado e ten ganas de traballar. Sacrificou a súa participación como xogador para centrarse en preparar o primeiro equipo, e conseguiuno. A temporada pasada levou ao Hipescar ao máis alto da Primeira División. Este argentino sereno e pausado, observa o campo e dá sensación de control só con pousar a mirada sobre a rede.
Antes de ser técnico xa deu proba de capacidade dentro do campo: habilidoso na rede, seguro no ataque e... voador! salta moitísimo, o que lle permitiu competir a nivel profesional malia o seu metro oitenta de estatura. Agora está preparado para transmitir o que sabe: con estudos de INEF, varios cursos de preparador específicos, con experiencia e con moitas ganas, Emilio vai a por todas.
-(Charo) Nun grupo tan cohesionado e familiar como o do Boiro, como fas cando lle tes que tirar a alguén das orellas?
-(Emilio) A verdade é que non temos problema con iso, a xente entende moi ben o esforzo, especialmente cando se ven os progresos. A min de novo gustábame que me deran caña, e penso que iso é o que intento eu agora. Pola miña parte hai que saber ser esixente sen chegar a autoritario, e traballar moito a xestión do grupo a nivel de atitude. En todo isto influe moito a motivación; é fundamental. O feito de levármonos ben e de manter relación de amizade con moitos dos xogadores non foi nunca un problema, todo o contrario, hai moito respecto.
-Antes de adestrar foches xogador durante anos.
-Si, empezaría arredor dos 10 anos. Da vila de onde eu son, Ingeniero Jacobacci, de 7000 habitantes 100 facían voleibol. É un deporte moi seguido, o terceiro despois do fútbol e do baloncesto. Cando cheguei a Europa estiven uns anos sen practicalo, pero ao vir para Boiro volvín reengancharme.
-Como foi o teu percorrido polo voleibol profesional na Arxentina?
-O sistema alí é similar ao de aquí; de xuvenil estiven xogando na Superliga. Logo pasei uns anos na Primeira División, que equivale á Superliga 2 de aquí. Alá a motivación tamén me influia moito, era moi sacrificado competir; para as viaxes por exemplo tiñamos que atravesar como un deserto para ir xogar a outro sitio. Pero co esforzo tamén se vive de outro xeito, a nivel emocional implícaste moito, eu penso que aumenta a vontade e a entrega.
-Extrañas seguir xogando? Esta foi unha retirada temporal ou xa non tes pensado volver como xogador?
-Si, extraño. Por unha parte lévoo ben, porque como me gusta tanto adestrar olvídome un pouco diso, sobre todo nos partidos, porque estou concentrado. Nos adestramentos ás veces dame envexa, pero bueno... En principio non penso que volva xogar, e non quero dicir que sexa completamente definitivo, ainda que imaxino que si.
-Para ser bo adestrador tes que ser bo xogador?
-Eu non estou moi de acordo con iso, penso que hai moitos máis factores. Para adestrar é moi importante a pedagoxía, por exemplo; saber transmitir os coñecementos, e isto pode facerse con moitos recursos. Ademais o papel de adestrador non só implica o labor de técnico, tamén o traballo no equipo, a xestión da motivación, o control no campo, saber aproveitar o potencial de cada xogador... Hai cousas que si se poden amosar co exemplo, visualmente son máis fáciles de aprender, pero non é o único xeito. A min gústame buscar posibilidades, ser un pouco creativo, pensar sobre as xogadas... Nese sentido, ser autodidacta tamén é importante.
“Eu escollo pista cen veces antes que praia”
-Praia ou pista?
-A praia está ben para non perder o ritmo durante o verán, pero é totalmente distinto como deporte. Eu escollo pista cen veces antes que praia.
-Como te criaches tan lonxe do mar, non?
-(risas) Será iso.
-Cales son os teus retos a medio prazo?
-Coas cadetes creo que vamos facer unha boa temporada, estou moi contento con elas, teñen moito potencial, e agardo que para o ano poidamos subir de categoría.
E co equipo de Primeira, ainda é moi cedo para falar, pero penso que temos posibilidades de estar entre os dous primeiros da clasificación.
“Gañar a Liga o ano pasado foi a maior alegría deportiva da miña carreira”
-Védesvos noutra categoría?
-O de pasar de categoría xa non depende só do equipo, ten que ser unha decisión do Club, porque implica máis cousas. Pero en principio penso en chegar a estar entre os dous primeiros postos da Liga. E até apostaria por gañar outra vez. A ver, haberá que traballalo. A victoria do ano pasado foi a maior alegria deportiva da miña carreira.
-Adestras os máis vellos e os máis novos.
-Si, a min o mellor paréceme apostar pola canteira. Para enraizar o volei hai que traballar nas escolas, empezar por asentar a base. De aquí xa saiu xente como Pablo Bugallo, que agora está en Superliga, e moitos máis que van sair! No equipo de Primeira tamén hai moitos xogadores moi novos. E Boiro é un dos sitios onde máis xente ven ver os partidos, todo isto é resultado do esforzo que se fai por intentar achegar a xente nova ao voleibol, ainda que non saia na tele.
Charo López
17 comentarios:
Creo que todos estamos en débeda con este home. O traballo de xente coma el é o que fai que o futuro deste club non teña teito. Un placer traballar e aprender contigo mister, por moitos anos.
Que bueno que viniste!
FORZA CV BOIRO!!!
Eres grande grande como un "Palacio". Gracias por todo amigo. Un placer enooooorme tenerte a nuestro lado.
Eres un grande.Como persona, entrenador, jugador, compañero.....Un placer tenerte como entrenador y aprender cosas de ti.
Prefieres 100 veces pista a plaxa, pero y lo bien que te lo pasas arrimandole?.
Me quito el sombrero, como siempre desde q conozco a Emilio. MUCHAS GRACIAS POR ESTAR CON NOSOTROS!!
una gran persona, eso se nota desde que lo ves por primera vez! grande emilio
todo un placer tenerte en boiro aun me acuerdo de ese gorro tuyo en teis
frigu
Grande Emilio,(dentro y fuera de la pista) todo un lujo tenerte aqui en Boiro, gracias, y como dice pivot bien que te gusta arrimarle en la plaxa...jeje un saludo
Gran entrenador y mejor persona.
Es todo un lujo tenerte en el club.
Cómo te va a gustar la playa si estás todo el año currando en ella!!jaja
ERES GRANDE "PELOTUDO"!!!!!!!!!!!!
UN ABRAZO!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
jajaj
moi boa entrevista!! gran personaje este boludo, será o único argentino que me cae ben xDD
porque te criaches lonxe do mar non??
MENTIRA!!!! non che gusta porque: PUTO VOLEY PLAXA!!! jejej
saudos colega! vemonos no ESSE!!
PD: que ben falches o galego na entrevista eh!!!! xDD
Mecaguen Porto Novo
Grande Emilio, tanto como entrenador que como persona!
Que grande mi Hermano, aca hay un tal Bautista que maneja bien la zurda y esta esperando que lo convoques.
Te esperamos pronto por aca.
Bauti y Vir
por certo vendo a foto da Voz deime conta que Peiper ainda xoga con nos jajaj
a ver si lle mandamos mais fotiños deste ano... xD
Eres un grande...
Gracias por todo lo que has hecho por tod@s nosotr@s...por todo esto...
Ojala sea por muchos años más.
Un enormisimo placer tenerte aqui...
UN SALUDO
chegei tarde e xa che dixeron todas as cousas bonitas q se poden decir...jjaja.
SIMPLEMENTE MOITAS GRACIAS!!!
am..una ultima cousa......perfecto gaxego emilio jajja
Gracias a todos por los comentarios, la verdad que desde que llegué a Boiro y al Club soy mas feliz y supongo que ustedes son los culpables. Gracias.
Publicar un comentario