BOIRO VOLEIBOL 1-3 MEX. DE OURO VB RIANXO
(20-25, 23-25, 27-25, 22-25)-(Liga provincial cadete feminina)
BIGMAT SUEIRAS S. SAD. 3-0 TRILLIZOS BOIRO VB
(25-8, 25-17, 25-16)-(Liga galega xuvenil masculina)
Clara derrota en tres sets do equipo xuvenil masculino que pereceu na pista do gran favorito nesta liga galega. A diferencia de idades entre os dous equipos quedou patente dende o comezo, véndose nos boirenses un gran número de xogadores moi novos e con menos horas de práctica que os seus rivais. Comezaba o Trillizos moi atenazado, xogando a remolque debido á boa disposición táctica dos ferrolanos. O potente servicio local marcaba o desenlace do primeiro parcial. Nos dous seguintes parciais o xogo dos nosos mellorou. Desperezábanse en defensa e soltábanse un pouco máis en ataque pero non era suficiente para doblegar ó experimentado equipo que dirixe Eloy Mahía. Polo Trillizos Boiro Voleibol xogaron: Ismael Martínez, Fran Dieste, Xian Pérez, Abel Sánchez, Miguel Lorenzo, Martín Herrera e Arsenio Santos (líbero). Como reservas esperaban a súa oportunidade Daniel Vázquez, Adrián Gatbache, Óscar Refojo e Dani Gey.
O Trillizos cae ante o líder |
VOLEYOURENSE.ES 3-0 O SECRETO BOIRO VB
(25-15, 25-20, 25-16)-(2ª Div. Feminina)
Cede O Secreto en Ourense |
Clara derrota das xogadoras de O Secreto Boiro Voleibol ante un rival que viña de competir na 1ª división nacional a pasada campaña. Comezou o encontro con dominio boirense no marcador ata o 8-3 gracias á efectividade no servicio de Andrea Barreiro. As ourensás souberon repoñerse e levarse o set con relativa facilidade. Falta de concentración e pasividade na cancha foron as causantes deste parcial adverso. O segundo xogo foi un calco do primeiro. Parcial de comezo 5-1 favorable ás boirenses con Andrea na liña de saque e o mesmo baixón posterior. Erros continuos en recepción presaxiaban un marcador máis abultado, que só conseguiron maquillas gracias á relaxación das locais. Un terceiro set de trámite, que tan só se prolongou durante 16 minutos, deixou os dous puntos da vitoria na cidade das burgas. Por O Secreto Boiro Voleibol xogaron: Ángela Triñanes, Rebeca González, Andrea Barreiro, Katy Sampedro, Elena García, Ángela Fernández e Carla Castro (líbero). Como suplente estaba Sandra Lojo.
INTASA S. SAD. B 3-0 REDESYL BOIRO VOLEIBOL
(25-19, 26-24, 25-19)-(2ª Div. Masculina)
Derrota do Redesyl en San Sadurniño |
Viaxaba o equipo filial masculino do Boiro Voleibol a terras ferrolás coa intención de manterse invicto nesta 2ª división autonómica. Comezaba o encontro cos locais moi atinados. Co seu servicio e con constantes fintas rompían o entramado boirense que se situaba en todo momento 4-5 puntos por debaixo no luminoso. Tal vantaxe foi suficiente para que o primeiro caese de lado ferrolano. O segundo xogo foi igualadísimo e ambos equipos chegaron ó final do mesmo con opcións de vitoria. Un par de erros dos de Felipe García tendíalle a man ó Intasa e este no perdoou a oportunidade de colocarse 2-0. No terceiro e derradeiro set os boirenses saíron ó campo desanimados. Felipe García movía o banco intentando dar coa fórmula pero non servía de nada. Os de Eloy Mahía distanciábanse 8 puntos que o Redesyl non puido recurtar no final de set. Gran rival o que se atoparon os barbanzanos, moi ordeados en todo momento e que non permitiu a habitual superioridade doc centrais boirenses. Polo Redesyl Boiro Voleibol xogaron: Andrés Martínez, Ignacio Cibeira "Frigu", Felipe Resúa, Alén García, Pablo Suárez, Martín Herrera e Adrián Armental (líbero). Como reservas estaban Dani García, Roberto Rodríguez "Tito", Juan "Mande", Fran López e Diego Romero.
ZALAETA 1-3 NÁUTICO BOIRO VOLEIBOL
(25-22, 18-25, 19-25, 17-25)-(1ª Div. Nacional masculina)
Viaxaban á cidade herculina os de Emilio Palacio coas importantes baixas de Óscar Gómez, Narciso Abalo, Gustavo Romero e Daniel Agra. Na convocatoria figuraban dous xogadores cadetes: o oposto Fran Dieste e o receptor Xian Pérez. Comezaba o encontro con dúbidas por parte dos nosos e cun Zalaeta extra motivado que pretendía doblegar ós actuais campións da categoría. Os erros do Náutico mantíñan ós coruñeses sempre por riba no luminoso e chegados á parte decisiva do set non puideron os barbanzanos remontar a renda de dous-tres puntos na súa contra. Foi a partires de aquí cando os nosos se concentraban en facer as cousas ben, xogar con tranquilidade e intentar disfrutar na pista. Cunha destacada actuación dos centrais Jesús Vázquez e Antón Pérez o Náutico percutía unha e outra vez no entramado defensivo do Zalaeta e así anotarse os tres seguintes parciais con relativa comodidade. Tras esta sufrida vitoria o noso primeiro equipo mantense no máis alto da clasificación desta 1ª División Nacional. Polo Náutico Boiro Voleibol xogaron: Iván Souto "Pas", Manuel Pérez, Miguel Vázquez, Cristóbal Álvarez, Antón Pérez, Jesús Vázquez e Adrián Alves (líbero). Como reservas figuraban Daniel Eiras, Rubén Taibo, Fran Dieste e Xian Pérez.
O Náutico segue líder da 1ª división nacional |
5 comentarios:
Pum...frenazo en seco y volver a empezar. Pies en la tierra y 2 semanas para aprender de la derrota y hacernos más fuertes.Estaba claro que esto no iba a ser fácil...ni éramos tan buenos ni ahora somos tan malos.Los 3-0 en contra sólo tienen una cura...entrenar,entrenar y entrenar.
W!!!
buena capi!! xDD
o mismo digo, onte vin demasiadas cabezas baixas despois do partido e o único que pasou foi que perdemos contra un equipo que A DIA DE HOXE é superior ó noso ó meu parecer.
así que podemonos queixar de que faltou actitud (no 3º efectivamente faltou, ainda que foi o único momento da temporada que carecemos deso pa min) e que non puxemos huevos..., pero chegados a un punto o botarlle huevos, gritar, darte ca cabeza contra a pared non cubre as faltas tacticas-tecnicas que temos.
aora xa sabemos ó nivel que temos que chegar polo menos para pelear contra estos que por aora foi o mellor equipo ó que nos enfrentamos.
onte en bastantes momentos do partido o equipo dou a cara e xogou de tu a tu, quedemonos con esto. e que non se nos vaia a olla e empezemos a regalar os proximos partidos por unha derrota.
a levantar a cabeza, entrenar e pulir os nosos defectos.
PD: despois de duas xornadas perfectas de todo o club jode ver estos resultados.
Un fin de semana malo, tenia que llegar.
Todos debemos acordarnos de que los que estan al otro lado de la red tambien juegan.
Enorabuena a mis compañeros que salvamos en mi opinion un importante partido, al fin y al cabo estos tambien los hay que ganar.
Que faena os resultados desta fin de semana...A seguir traballando, non hai outra.
Moito ánimo ó Redesyl, que non se veña abaixo ninguén. A liga é moi longa e hai que estar preparados para ela. Repito: hai madeira de sobra, só hai que saber queimala.
Para os meus compis do Náutico: non é fácil gañar os partidos, e moito menos con baixas tan importantes como as de Óscar, Gus, Narci e Dani...Sacámolo partido adiante, e punto. A espabilar para os próximos!
FORZA CV BOIRO!!!
aprendamos señores de este resultado!
enorawena los de primera sacais un partido dificil aun con bajas de tanto calibre.
Publicar un comentario