xoves, 24 de novembro de 2011

ESPAÑA GAÑA A AUSTRIA E PASA A SEMIFINAIS:

España a semifinais
A selección española masculina xa está en semifinais do torneo de clasificación para o Preolímpico tras doblegar a unha combativa Austria por 3-1 (25-22, 19-25, 19-25, 18-25). O encontro non comezaba ben xa que os austríacos se anotaban o primeiro parcial aproveitándose dos erros dos de Fernando Muñoz. A partires de aquí veuse outra España. Unidos en defensa e baixo a extraordinaria dirección do colocador Guillermo Hernán conseguirían os nosos anotarse os tres seguintes xogos con relativa comodidade. Cabe destacar a actuación dos receptores Sergio Noda e Manuel Sevillano e do oposto do Unicaja de Almería Ibán Pérez que culminou cunha cifra de 27 puntos.

6 comentarios:

Dani dixo...

iban perez es dios!!!

bueno el libero español por ciertooo
ahora contra quien jugaran las semis?¿ se sabe ya?

Anónimo dixo...

Si si, xa vexo que moito "compañeirismo". Só digo que para falar da seleccion española xa está a páxina da rfevb e creo que deberiades centrarvos mais nos vosos equipos que na selección ou na liga italiana. Simplemente considero que se un afecionado boirense quere ver a que hora son os partidos, nada mais entrar no blogue ten que baixar ata case a metade do blogue para ver as horas dos partidos e ó mellor non é produtivo, e repito por favor, só o digo a modo de comentario para ir a mellor non nunha forma de poida crear discordia, non creo que o comentario sexa ofensivo de ningunha forma.
Un saúdo do que se esconde no oco da escaleira

Andrés "Araña" dixo...

querido anónimo, espero que sexas o único aficionado boirense ó que non lle mole como está feito e distribuido o blog... Creo que ó 99% lle gusta como está e penso que están orgullosos de formar parte de este clube cheo de compañerismo. O dito, si non che gusta podes mirar noutros blogs ou darlle á rodiña para ver os partidos da semana. Sempre haberá unha excepción que confirme a regla non?? ainda que veña de debaixo da escaleira. saúdos. y Gracias Chicho otra vez.

Narciso dixo...

Ó igual que en basket existe unha páxima da federación española e unha páxina da liga endesa, tamén existen infinidade de webs e blogs completisimos que tratan o deporte do baloncesto dende moitos puntos de vista distintos. Comentan as competicións domésticas, seguen as extranxeiras, competicións europeas, tamén seguen os xogadores españois noutros paises e incluso os extranxeiros que algún dia competiron aqui.

Como nos dedicamos a un deporte oprimido polo todopoderoso fútbol, carecemos deses puntos de información. Aqui trátase de aportar esa información que moitos dos nosos xogadores descoñecerian se non fose pola labor de quen redacta o blog.

Facémolo porque nos gusta, e gústanos como o facemos. Non pararemos ata que nas concentracións galegas os rapaces en vez de levar a camiseta de Messi, Casillas ou Cristiano Ronaldo leven a de Miljkovic, Juantorena ou Volkov

Jesus_pivot dixo...

Los argumentos del anonimo son que es molesto bajar de noticia en noticia del blog para mirar partido, y que hay otras webs que se encargan de la faceta informadora de partidos de voleibol externos a los del boiro........se debe estar muy a oscuras bajo la escalera, porque carece de luces el anonimo.

Anónimo dixo...

mimaa pero que tio mas pesadoo ehh!!
joer si no te gustaa no miress

forza c.v. BOIRO