sábado, 5 de novembro de 2011

RESULTADOS DO 5 DE NOVEMBRO:

TRILLIZOS BOIRO VOLEIBOL 3-2 XUVENIL TEIS
(29-31, 25-21, 18-25, 25-22, 15-11)-(Liga Galega Xuvenil Masculina)
Primeira vitoria en liga do Trillizos
Chega a primeira vitoria da temporada para o noso equipo xuvenil masculino nun apretado encontro que se tivo que resolver no tie-break. Comezaba o encontro co Trillizos desconcertado, cometendo un gran número de erros e tímidos no seu xogo. Esta situación permitíalles ós vigueses distanciarse de contado no luminoso do primeiro parcial pero a reacción boirense non se faría esperar. No tramo final deste xogo a orde defensiva mellorou para achegar ós boirenses e incluso permitirlles malgastar 4 puntos de set.  No segundo parcial o Trillizos impúxose ó rival en todo momento. Cunha sólida defensa e cun contraataque moi atinado os de Adrián Alves conseguían anotarse o 2º para alegría dos siareiros que se atopaban na Cachada. No terceiro volvían as pantasmas iniciais: desconfianza local producto da extrema xuventude do equipo (3 cadetes no 7 inicial). O resultado foi dun claro 18-25 para os visitantes. A partir deste momento presenciouse outro encontro. Tras correxir posicións en defensa os rapaces boirenses tomaron o control do xogo. Acertadísimos en defensa capitaneados polo líbero Arsenio Santos e contundentes en ataque da man do oposto Fran Dieste e do central Martín Herrera a balanza desequilibrábase ó noso favor. Tras esta 4ª xornada da liga galega xuvenil masculina a clasificación quedaría así. Polo Trillizos Boiro Voleibol xogaron: Ismael Martínez, Fran Dieste, Abel Sánchez, Xian Pérez, Martín Herrera, Miguel Lorenzo e Arsenio Santos (líbero). Como reservas estaban Adrián Gatbache, Óscar Refojo, Lois Vázquez e Dani Gey. Causaron baixa para o encontro Dani Sieira, Alfonso Rey e Daniel Vázquez.

REDESYL BOIRO VOLEIBOL 3-2 XUVENIL TEIS
(25-19, 16-25, 13-25, 25-17, 15-8)-(2ª Div. Autonómica Masculina)
O Redesyl mantense líder invicto
Importantísima vitoria do Redesyl Boiro Voleibol ante un moi forte rival que é candidato a todo nesta 2ª Div. Masculina do voleibol galego. Comezaban atínadísimos os de Felipe García, mantendo unha recepción moi boa permitindo deste xeito a cómoda xestión do veterano colocador boirense Andrés Martínez. Co acerto en ataque dos centrais Pablo Suárez e Martín Herrera o parcial caía no saco boirense con relativa comodidade. Desde este momento os nosos desapareceron do campo. Constantes imprecisións froito do nerviosismo e erros infantís permitían ós vigueses distanciarse no luminoso xa nos primeiros compases do 2ª e 3º set. Foi no 4º xogo cando vivimos a primeira reacción de xenio deste equipo. Conxurábanse os xogadores do Redesyl para darlle a volta a este vital encontro e seguir deste xeito no máis alto da clasificación unha semana máis. Baseándose de novo nunha gran liña de recepción, mellorando no K2 e cunha bancada que daba folgos ós boirenses conseguíase revertir a situación e levarse o triunfo nun trascendental e emotivo partido. Polo Redesyl Boiro Voleibol xogaban: Andrés Martínez, Roberto Rodríguez "Tito", Alén García, Felipe Resúa, Martín Herrera, Pablo Suárez e Adrián Armental "Naranxo" (líbero). Como reservas na tarde de onte estaban Dani García, Ignacio Cibeira "Frigu", Xavier Sarille, Juan Lorenzo "Doc" e Diego Romero.

NÁUTICO BOIRO VB. 3-0 CID JOVELLANOS (GIJÓN)
(25-14, 25-18, 25-15)-(1ª Div. Nacional Masculina)
Impresionante ambiente na Cachada
Cómoda vitoria en tres sets do primeiro equipo masculino do Boiro Voleibol ante os asturianos do CID Jovellanos no encontro que servía de presentación ante as autoridades do concello de Boiro, do patrocinador principal do equipo e por suposto da excelente afición local que cada vez responde máis a eventos do club. Os de Emilio Palacio mostraron superioridade en tódalas facetas do xogo e en tódolos momentos do partido. Mantendo un gran nivel de recepción, un alto porcentaxe de acerto en ataque e un fortísimo complexo defensa-contraataque conseguían os boirenses un triunfo pola vía rápida que os mantén unha semana máis no máis alto da táboa clasificatoria desta 1ª Div. Nacional. Cabe destacar a actuación de Narciso Abalo, moi atinado en ataque e inspiradísimo en servicio sendo un constante quebradeiro de cabeza para a recepción asturiana. Polo Náutico Boiro Voleibol xogaron: Iván Souto "Pas", Narciso Abalo, Cristóbal Álvarez, Gustavo Romero, Jesús Vázquez, Óscar Gómez e Adrián Alves "Chicho" (líbero). Como reservas estaban Daniel Eiras, Rubén Taibo "Mechas", Miguel Vázquez, Manuel Pérez e Antón Pérez.

28 comentarios:

Anónimo dixo...

2º PLENO consecutivo.ZAS.

Anónimo dixo...

presentacion del club espectacular aficcion la mas grande

Adrián Alves dixo...

Sí señor, pleno outra vez!!!

Para o Trillizos: creo que ningún de vós contabades cunha vitoria tan de inmediato pero aquí está o premio ó traballo destes últimos tempos. Queda MOITO aínda por progresar e chegar ó porto de destino así que xa sabedes, a currar día a día, esa é a clave. Necesitamos que algún de vós rompa o cascarón, e ímolo conseguir.

Para o Redesyl: vaia partido que sacachedes onte, importantísimo. Vexo un equipo con intereses comúns e que parece que todos reman na mesma dirección. A seguir semana a semana, a ver a donde podemos chegar. Madeira hai.

P.D: Felicidades para Andrés e Narci!

P.D.2: gracias para todos os que fan posible que xogar ó voleibol en Boiro sexa así de especial (polo menos para min). Gracias á charanga por montala parda, gracias a afición, gracias ós representantes do concello, gracias ós patrocinadores, gracias ó DJ, etc, etc, etc...

Esto medra que mete medo...

FORZA CV BOIRO!!!

Brasi dixo...

buuff!! menos mal que sacamos o partido adiante...
quedan moitas cousas por correxir pero tamén é certo que cada partido o equipo está un pouquiño mellor.
non nos preocupemos da clasificación e espero que nadie do equipo nos poña como favoritos en ningún lado, acordade que 3 das 4 victorias foron por 3-2 así que tamén podemos perder contra calquera. hai que intentar ganar cada partido e punto.

os de 1º bueno... van moi sobrados para esta categoría creo que é algo evidente creo que exceptuando un par de partidos o resto levaredolos asi, davos igual que veña a charanga ou que toque a panorama. non vos fai falta jejej

pena non ver o partido dos juves pero noraboa chavales.

SHOW DE BOLA!!!

Anónimo dixo...

"Cómoda", "superioridade", "tódalas", "tódolos", "gran nivel", "alto porcentaxe", "fortísimo", "vía rápida".

Anónimo dixo...

Por favor

Adrián Alves dixo...

¿Por favor que?

Non veñas aquí con ánimo de contaxiar a túa non estabilidade. Nas crónicas simplemente intentamos ser o máis gráficos posibles utilizando a descripción que a min particularmente me vén en gaña, e sendo sincero creo que este relato se aproxima bastante á realidade que se viu na Cachada.

A túa insinuación é unha pataleta propia de alguén que padece envexa. Como di un coñecido meu "a quen lle pique que se rasque".


FORZA CV BOIRO!!!

Anónimo dixo...

Ponte en la piel de los del otro equipo...

Anónimo dixo...

Dos palabras: RESPETO y DEPORTIVIDAD

Adrián Alves dixo...

Eu non teño que poñerme na pel de ninguén, simplemente redactar e publicar as crónicas dos encontros sen manipular a realidade.

¿Respeto e deportividade?

"Amigo/a", teño a conciencia ben tranquila. Non vexo palabra despectiva algunha que falte o respeto do contrario nin nesta crónica nin en ningunha das anteriores, non é o meu estilo. Repito, o único que intento facer é ilustrar coa maior exactitude posible o que acontece na cancha e creo que o que digo nesta crónica que ti tachas de soberbia se aproxima á realidade, e moito.

FORZA CV BOIRO!!

Un aficionado dixo...

Con todo respeto creo que no juzgado, calificado o faltado al respeto a nadie. No lo he hecho ni soy quién para hacerlo. Unicamente resalto palabras que tú mismo has escrito para que la gente reflexione y opine al respecto.

Adrián Alves dixo...

Gracias pola túa consideración nesta labor social de reflexión e opinión popular que levas a cabo, todo un humanitario.

Ó meu parecer o teu obxectivo e desestabilizar o entorno do Boiro Voleibol. Vas máis alá do carácter descriptivo da crónica para utilizalo na miña contra,demagoxia pura. Baixo ningún concepto me creo en posesión da verdade absoluta pero por máis que leo e leo non identifico nada que me resulte antideportivo ou irrespetuoso tal e como ti anunciabas. Si a xente do Boiro Voleibol pensa que o que escribo é inapropiado terei que pedir disculpas e rectificar, POR SUPOSTO. Para eso estamos.

FORZA CV BOIRO!!!

Anónimo dixo...

CHICHO 1-0 ANONIMO

Anónimo dixo...

Visitamos esta pagina día a día y en ningún momento hemos visto ninguna falta de respecto hacia otros equipos. Las cosas estén muy bien redactadas, con las victorias las criticas son así, pero cuando el Boiro pierde, también se cuenta la verdad... Para nada veo aquí falta de deportividad, aquí una página digna de seguir y disfrutar día a día y con mejoras impresionantes que el admistrador se encarga de hacer, para uso y disfrute de todo aquel que le interese este deporte.

pD: muy buen ambiente el de ayer en la Cachada, había ya ganas de un partido así

Enhorabuena a todos los equipos, a seguir currando !

Brasi dixo...

pois eu despois de ver as palabras que resaltou o noso amigo aficionado e reflexionar (gracias pola aportación)

penso que en ningún momento lle falta o respecto a nadie e tampouco di nada que non pasara, si alguén viu o partido marchou do pabellón pensando exactamente o mesmo que escribe chicho. e si hai algo que caracteriza este blog moi ben levado polo noso compañeiro é exactamente eso que pides: RESPECTO E DEPORTIVIDADE

Anónimo dixo...

despois de todo o tempo que emplea Chicho no mantemento do blog, tuenti e facebook, subindo videos a youtube, poñendo na paxina enlaces para ver partidos de champions, facendo as cronicas de todos os partidos ainda hai que ver a xente queixandose sen razon de que nestas cronicas el non se pon na pel dos outros equipos...eu flipo

Balboa dixo...

Son personas que tienen envidia, solo quieren crear mal rollo dentro del club y meter cizaña y sinceramente creo que hay que ignorarlos, no todos los comentarios obviamente porque creo que toda crítica será bien recibida, siempre que se fundamente en algo cierto claro está, no acusaciones sin sentido como que Chicho falta al respeto a alguien o no tiene deportividad con el otro equipo cuando lo único que hace es reflejar lo que hay, tal como se dijo por aqui arriba, tanto para lo bueno cuando el Boiro gana, como para lo malo cuando el Boiro pierde.
Chicho, sigue asi que el blog está mejor que bien y siempre actualizada.

Jesus_pivot dixo...

Buenos resultados, gran partido el de segunda, y un ambiente increible en la grada.Genial jornada de voleibol en Boiro.

La palabras/expresiones citadas por el anonimo solo son calificativos para resumir lo que fue un partido.Los parciales están para verlos, no se dice nada en esta cronica que no sea cierto.Y desde luego dudo que chicho se ria, mofe, o burle de los equipos que vinieron a boiro esta jornada.

Dani dixo...

vamos chicossss !!!!

quieroo decir una cosa, creo que el partido del sabado cuando llegamos y estabamos estirando y en las gradas sol oestava pas y emilio y poco mas, empezamos a rematar en la ronda de calentamiento, y no me fije en las gradas, pero os juroooo y os prometoo que cuadno me giree cuadno emepezava el priemr set e que flipei, con tanta gente el la grada es muy facil jugar la gente te llevaa a un estado de trankilidad increible, y lo mas fuerte fue la charanga, yo de esto me sorprendo porque de los ekipos que vengo si habia 4 personas viendo el partido gracias, la piel de gallina se me puso cuadno empezaron a tocar, fue un gran dia, para mi kedar primeros, segundos tercero..etc es indiferente ya... es increible los buenos momentos que estoi viviendo aqui, boiro es otro mundo otro tipoo de jugadores, una familia,

gracias por estos grandes momento y

FORZA C.V. BOIRO

BlackBandana dixo...

Dany la grada es un lujo,la charanga una animalada y tenerte en esta "familia" es todo un placer!!
Gracias a tod@s los q animaron desde la grada y por supuesto gracias a mis compañeros porque este año estoy disfrutando de este deporte como nunca lo había hecho. En cuanto al resultado tiene muchísimo mérito haber sacado una victoria contra un rival tan tan duro,menudo equipón tiene el Teis!
Partidazo también el de los juveniles,si siguen currando así van a llegar muy lejos, seguir así chavales!
El comentario del anónimo a mi parecer es una crítica sin fundamento, me vi el partido de cabo a rabo y el Boiro fue superior en todas las facetas del juego. No creo que haya nada fuera de lugar en las palabras de Chicho. Partido impoluto crónica impecable.
Ojalá haya muchas más fiestas como la de este sábado en el pabellón,de nosotros mismos depende, a entrenaaaaaaaaar!!

V!V!
Doble!Doble!
Jaja

BlackBandana dixo...

P.D.: Vin moito fotógrafo o sábado por ahí...que rulen esas fotiños!!

Andrés "Araña" dixo...

"Arsenio" o dos "Trillizos", "producto da extrema xuventude" e "Froito do nerviosismo", "caía no saco" "pola vía rápida", " e baixo a mirada" de "Emilio Palacio" e "moitos xiareiros". "Un constante quebradeiro de cabeza" "que daba folgos ós boirenses" "no luminoso"....
Chicho, tes que ter coidado co que escribes, que se poden entender mal as cousas...
Penso que cada un ve o que lle apetece ver e outros miran a información que se dí. Sinon mirade o Marca que fala moito mái de voley. Buen trabajo chicos y buen fin de semana para el club de Boiro. Un abrazo a los anónimos y otro enorme para Chicho que tiene en activo la mejor página de voley de toda España diría yo.

Jesus_pivot dixo...

As fotos están na cronica da voz de galicia.

Emilio dixo...

El nautico barrio...(la voz de...) y chicho y emilio barrieron una hora la pista para quitar las goteras y charcas para poder jugar los partidos. A veces el arbol no nos deja ver el bosque pero confio o espero que las autoridades tambien vean mas alla de un sabado bonito, fotos, prensa y charanga... No crean que todo es tan bonito como se ve, detras del club hay mucho trabajo y no tenemos porque estar aguantando tonterias de anonimos. Chicho tu pon lo que te de la gana... Y punto. Al que no le guste que ....lea otra cosa. Emilio.

Anónimo dixo...

Ante la opinión unánime manifestada en este foro no queda más que aceptar la evidencia y pedir disculpas si he molestado a alguien. De verdad que no era mi intención.

SUERTE Y FORZA C.V.BOIRO

LOST dixo...

Querido anónimo: alno revelar tu identidad estas creando "mal rollo"; ¿qué tienes que ocultar? Ademas demuestras que no tienes personalidad (nunca mejor dicho) y bajo mi punto de vista ningun crédito...!!!!!!!!!!!!!!! FRIKI...!!!!!!!!!!!!

ENHORABUENA A TODO EL CLUB (EN TODAS LAS CATEGORIAS), ESTOY ORGULLOSSO DE VOSOTROS!!!!!!!!!!!!!!!
AUPA BOIRO!!!!!!!!!!!!!!!!

Adrián Alves dixo...

Ese Diago!!

Aer si te deixas ver algo!!

Bótaseche de menos no poli, na furgoneta e no hotel...e que decir da cancha!

SAÚDOS!

naranxo dixo...

na miña opinion a xente q ten dous dedos de frente para opinar,e mais para rajar,deberia telos para poñer o seu nombre por diante.........
chicho q nadie asi intente votar por terra todo o traballo q fas,xq emoi importante.nn pudestes mentir con ninguna palabra q mencionou "ANONIMO" xq......25-14,25-18,25-15,e sin ver para min,un partido pola vosa parte ao nivel mais bo.
como espectador;como charangueiro;como xogador...........impresionante todo oq vivin nese pabellón .........