Consulta a estadística do encontro aquí |
Partidazo o que se viu no polideportivo de Los Pajaritos entre dous dos equipos equipos máis en forma da SVM española no que o CMA de Soria se impoñia ó Cajasol de Sevilla por 3-1 (22-25, 25-17, 25-16, 25-20). Os máis de 1500 siareiros disfrutaban dun espectáculo no que o boirense Pablo Bugallo tomou protagonismo a partires do 3º parcial, momento no que sustituiu ó central internacional absoluto Marc Altayó e conseguiu anotar para os seus 6 puntos. Non están tendo sorte coas lesións os de José Luis Moltó xa que á baixa xa coñecida de Fran Ruiz uniuse neste partido a de Casilla, tamén receptor que sufriu un desgarro nun dedo. Con este triunfo o CMA é máis líder da máxima competición do noso país e para a familia do Boiro Voleibol é todo un orgullo que un dos nosos forme parte dese proxecto. Parabéns Pablo.
2 comentarios:
Ese Pablo!!
Joer macho, non te despistes que con tanta lesión vas a acabar recibindo e atacando por 4...XD
A seguir!!
Suerte Pablo, noraboa por seguir mantendo o liderato.
Publicar un comentario