sábado, 26 de novembro de 2011

COPA GALICIA MASCULINA (CUARTOS DE FINAL):

BERTAMIRÁNS FC 1-3 NÁUTICO BOIRO VOLEIBOL
(25-20, 23-25, 18-25, 12-25)-(1/4 final da Copa Xunta de Galicia masculina)
O Náutico pasa ás semifinais da Copa Xunta de Galicia
O noso primeiro equipo masculino pasa de ronda na edición 2010-2011 da Copa Xunta de Galicia tras doblegar por 1-3 ó Bertamiráns FC na súa cancha. Non se presentaba sinxelo o encontro para os de Emilio Palacio xa que viaxaban coas baixas de dous piares do seu esquema: o central Óscar Gómez e o oposto Narciso Abalo. O encontro comezaba cos nosos desaparecidos da pista. Continuos erros de saque e ataque facían medrar ó contrario que se anotaba o primeiro xogo por cortesía dos boirenses. Tralo descanso entre sets os boirenses conseguiron pouco a pouco encontrar o seu habitual ritmo de xogo e impoñer o seu estilo sobre o municipal de Bertamiráns. Os locais plantaban batalla pero o Náutico levábase o segundo set tras dominalo de principio a fin. A partires de aquí os boirenses aumentaron o nivel de xogo para desequilibrar finalmente a balanza do seu lado. Cunha boa transición defensa-contraataque conseguían impoñerse ó rival e anotarse os dous seguintes parciais por 18-25 e 12-25 respectivamente. Polo Náutico Boiro Voleibol xogaron: Iván Souto "Pas", Manuel Pérez, Jesús Vázquez "Pivot", Antón Pérez, Gustavo Romero, Cristóbal Álvarez e Adrián Alves "Chicho" (líbero). Como reservas estaban Daniel Eiras, Rubén Taibo "Mechas" e Miguel Vázquez. Tras esta vitoria o Náutico pasa ás semifinais da Copa Xunta de Galicia, onde o espera un equipo que milita na Superliga 2 masculina española, o EMEVÉ de Lugo.

3 comentarios:

Dani dixo...

felicitaciones chicos!!!!

BEN XOGADOOOOOOOO

Brasi dixo...

e quen xogou por parte do Bertamirans?

Adrián Alves dixo...

Partido que comezou complicado polos constantes erros que cometíamos. Empeñábamonos unha e outra vez en botar o balón fóra...Sea como sea seguimos adiante e agora preséntase EMEVÉ, a adestrar duro e imos a ver que pasa.

P.D. Brasi, por Bertamiráns xogaban Agus, Pablo, Germán, Jose "Largo" (Ex Conxo), Oli, Víctor Regos e Álvaro (líbero).


FORZA CV BOIRO!!!