mércores, 8 de xuño de 2011

I PROBA DO CIRCUITO GALEGO DE VOLEI PRAIA:

A pasada fin de semana disputouse en Dumbría a I proba do circuito galego de volei praia. O escenario foi a praia do Ézaro que presentou unha apariencia inmellorable con preto de 300 deportistas galegos de entre 13 e 21 anos. Trala disputa de tódalas modalidades o noso club sitúase ó frente na categoría masculina e segundo na feminina.


SUB 15:

O sistema de competición desta categoría dicta que os equipos deben estar formados por catro integrantes con tres xogadores na pista. Un boirense, Ismael Martínez,  proclamouse campión na categoría masculina xunto cos seus compañeiros do Ourense Volei Praia Víctor Conde, Nuno Paz e Cristian González. Na competición feminina o ouro foi para o combinado olívico composto por Xulia Larrán, Carmen Rodríguez e Sandra Araújo. Outros xogadores/as do Boiro Voleibol nesta competición foron: pola parte das rapazas Ana Bugallo (8ª xunto coas súas compañeiras do CV Bruxas) e o combinado formado por Julia Ces, Loreto Abalo, Emma Ordoñez e Irene Vivente (13ª).  Pola banda dos rapaces ademais de Ismael Martínez (1º) tamén participaron Rubén Martínez, Brais Nieto, Pablo Nieto e Darío Outeiral (7º). 

SUB 19:

Proclamáronse campións Héctor Fernández e Marcos Piñón do CV Aldebarán vencendo na final ós vigueses Pablo Penedo e Óscar Sánchez por 2-0. Nerea García e Miriam Buján venceron en rapazas a Laura Corral e Amara Santos do CV Aldebarán. Polo Boiro Voleibol participaron en rapazas Evelyn Urrutia e Sheila Outeiral (8ª); Katy Sampedro e Iria García (10ª); Sara Bugallo e Alejandra Galbán (11ª); Patricia Rodríguez e Andrea Barreiro (12ª). En categoría masculina participaron tamén representante do noso club como Fran Dieste e Raúl Lojo (12º); Miguel Lorenzo e Xian Pérez (10º) e Arsenio Santos e Daniel Sieira (9º).

SUB 17:

O combinado vigués formado por Óscar Sánchez, Pablo Penedo e Carlos López foron os campións desta I prona na que venceron na final a Iago Varela (CV Aldebarán), Pablo Rodríguez (EMEVE) e Borja Álvarez (VPV). Os boirenses Abel Sánchez, Daniel Vázquez e Ismael Martínez colgáronse a medalla de bronce e subiron o terceiro escalón do podium. Na categoría feminina as campioas foron as xogadoras do COVP Nuria Salgado, Elena Sardiña e Eva Diéguez que superaron a Susana Suárez, Alba Quirós e Aldara González do AD Liceo. Por parte do Boiro Voleibol tamén participaron: en rapazas Sara Bugallo, Ana Bugallo e Sheila Outeiral (5ª); Melissa Novoa, Irene Vicente e Loreto Abalo (8ª); Alba Triñanes, Andrea Davila e Alejandra Galbán (10ª). Na categoría masculina Fran Dieste, Xian Pérez e Adrián Gatbache (4º); Raúl Lojo, Alfonso Rey e Rubén Martínez (10ª).

SUB 21:

Miguel Chao e Javier Dovale proclamáronse campións nesta I proba tras superar na gran final ós boirenses Antón Pérez e Diego Romero por 2-1. Xa se enfrentaran no pase a semifinais estas dúas parellas con vitoria boirense pero os lucenses tomaron vinganza na final tras chegar pola ronda de perdedores. Na competición feminina a boirense Rebeca González xunto coa súa compañeira María Aguiar proclamábanse campioas sub-21 logo de desfacerse da tamén boirense Sandra Lojo que facía perella con Miriam Bravo (CV Zalaeta). Por parte do Boiro Voleibol tamén participaron: en rapazas Evelyn Urrutia e Patri Rodríguez (8ª); Katy Sampedro e Iria García (10). En categoría masculina tamén competiron Rubén Taibo e Xavier Sarille (4º) e Arsenio Santos e Daniel Sieira (13º).

3 comentarios:

Adrián Alves dixo...

Noraboa a todos, moi boa proba que fala da boa saúde da base do noso club. A seguir traballando duro rapac@s, esto non pode quedar aquí!!


FORZA BOIRO VB!!!

Anónimo dixo...

Porque el emeve está por encima de CV Vigo si tiene 2 puntos menos??

Adrián Alves dixo...

Errata