xoves, 2 de xuño de 2011

E CHEGOU O FINAL...

Escolas Deportivas Municipais
A pasada fin de semana demos por rematada a exitosa tempada do Boiro Voleibol. O sábado pola mañá os nenos e nenas das escolas deportivas recibían un agasallo do concello  mentres disfrutaban dos últimos partidos da temporada. O domingo, sobre as 11 da mañá comenzaban a chegar a Barraña, xogadores, directivos, pais, nais, socios, colaboradores e amigos para dar peche á temporada 2010-2011. Logo dun pouco de xogo, viñeron as entregas de trofeos ós xogadores, ós patrocinadores e colaboradores. Dúas grandes lonas homenaxeaban ós equipos de 1ª división masculina e 2ª división femenina por ser os campións de Liga este ano. Ó remate houbo unha degustación para todos os alí presentes. Boa festa para dar o peche a esta gran campaña na que todos puxemos o noso gran de area e da que nos sentimos orgullosos. Esperamos que coa axuda de todos, sigamos dándonos estas alegrías. NORABOA A TODO O CLUB

Festa en Barraña
¡¡¡FORZA BOIRO VOLEIBOL!!!

3 comentarios:

Andrés "Araña" dixo...

Gran temporada y gran despedida. Se os echó de menos a los que no estuvisteis. Gracias Bugallo por todos esos detalles. y gracias a toda esa directiva que siempre está ahí detrás. Para el año más... Un abrazo a todos d8p.

Adrián Alves dixo...

Que rabia non poder estar...Moi boa temporada, para o ano máis e mellor para que esta familia siga medrando, UN PRACER!

FORZA BOIRO VB!!!

JUAN RESÚA dixo...

Cousas do traballo cheguei tarde pero ainda me dou tempo a probar o viño jejeje GRANDE A TEMPADA, esto vai collendo forma de un gran clube, pero ainda hai cousas temos que mellorar, temos que seguir todos traballando coa mesma ilusión xa que coma un frutal, empezamos a recoller os primeiros frutos, se o seguimos coidando entre todos, dará moitisimos mais nos vindeiros anos...

Gustaríame felicitar a toda a directiva,da que teño o privilexio de formar parte (GUS, ANDRES, EMILIO, EIRAS, MARÍA CORTÉS, CHICHO, HERMITAS, sen olvidar o noso presi NEPO) e en especial a BUGALLO por esa labor tan expléndida e desinteresada que está facendo.

FORZA C.V. BOIRO