mércores, 22 de xuño de 2011

II PROBA DO CIRCUITO GALEGO DE VOLEI PRAIA:

A pasada fin de semana tivo lugar a II proba do Circuito Galego de Volei Praia 2011. O sábado disputábanse en Bertamiráns as probas do sub-15 e do sub 17. O domingo era o turno das competicións dos máis grandes (sub-19 e sub-21) que se celebrou na cidade de Ourense.



SUB 15:

Pase de Ismael Martínez
O xogador boirense do noso clube Ismael Martínez, xunto cos seus compañeiros do COVP Víctor Conde, Nuno Paz e Cristian González subiu de novo ó máis alto do caixón, mantendo así o liderado da clasificación xeral. En categoría feminina impuxéronse as ourensanas Gladys Giráldez, Ivette Giráldez, Patricia González e Eva Dieguez. Outros participantes do Boiro VB foron Rubén Martínez, Pablo Nieto, Brais NIeto e Darío Outeiral (7º). En categoría feminina Ana Bugallo que xunto coas súas compañeiras do CV Bruxas rematou 7ª, Julia Ces e Enma Ordoñez (15ª) e Marta García e Lea Gatbache (15ª).

SUB 17:

Xian Pérez-Fran Dieste
Coroárose campións os vigueses Pablo Penedo, Carlos López e Óscar Sánchez tras superar a un equipo que representaba ó COVP. En categoría feminina a primeira posición foi para as lucenses Blanca e Claudia Rozas. Do Boiro VB participaron Daniel Vázquez, Abel Sánchez e Ismael Martínez (6º); Fran Dieste, Xian Pérez e Natji Gatbache (7º) e Raúl Lojo, Rubén Martínez e Darío Outeiral (16º). En rapazas representáronnos Melissa Novoa, Katy Sampedro e Lea Gatbache (8ª) e Sara Bugallo, Ana Bugallo e Sheila Outeiral (10ª).




SUB 19:

Héctor Fernández e Marcos Piñón do CV Aldebarán impuxéronse na categoría masculina ós vigueses Pablo Penedo e Óscar Sánchez. Pola súa banda Claudia Rozas e Blanca Carvajal conseguiron a medalla de ouro na categoría feminina. Do Boiro participaron en categoría masculina Miguel Lorenzo e Xian Pérez (8º); Arsenio Santos e Daniel Sieira (7º) e Fran Dieste e Raul Lojo (10º). En categoría feminina as nosas representantes foron Evelyn Urrutia e Sheila Outeiral (8ª), Katy Sampedro e Melissa Novoa (9ª): Alba Fernández e Aldara González (14ª) e Ángela Fernández e Sindy Oliveira (13ª).

SUB 21:

A familia Boiro Voleibol
Os lucenses Miguel Chao e Javier Dovale repiten triunfo en categoría masculina sub 21 tras desfacerse nesta ocasión dos herculinos do CV Zalaeta Jorge Lendoiro e Brais Gómez. En categoría feminina continúa o dominio da boirense do Boiro Voleibol Rebeca González coa súa parella María Aguiar tras desfacerse na final de Sandra Lojo e Miriam Bravo. Representantes do Boiro VB en categoría masculina foron Rubén Taibo e Xavier Sarille (5º); Diego Romero e Antón Pérez (7º) e Arsenio Santos e Daniel Sieira (12º). En rapazas, ademais das campionas e da subcamiona Sandra contamos con Evelyn Urrutia e Sindy Oliveira (7ª).

1 comentario:

Adrián Alves dixo...

Parabéns a tódolos triunfadores e forza para os que non tivestes unha fin de semana como esperabades. Iremos actualizando a entrada con máis resultados a medida que coñezamos un pouco máis acerca das probas.

FORZA BOIRO VB!!!