luns, 10 de febreiro de 2014

RESULTADOS DA XORNADA DO SÁBADO 8 DE FEBREIRO:

JEALSA BOIRO VOLEIBOL 3-1 GALITRANS VIAJES EMBAJADOR UDC
(25-17, 25-20, 17-25, 28-26)-(2ª Div. Autonómica Feminina)

O JEALSA tumba ó lider na Cachada. ¡Bravo!
Importantísimo triunfo o acadado polas rapazas que dirixe Mario Iglesias nun encontro que as enfrontaba nada máis e nada menos que ó líder da categoría. O comezo das nosas foi fulgurante. O servicio local danaba gravemente a unha recepción coruñesa que fixo que a defensa do JEALSA fose a clara protagonista do primeiro parcial, ofrecendo moitas oportunidades de contra claras a unhas atacantes excelsas neste arranque de choque. Na segunda manga as nosas non baixaron o ritmo. Atinadas en bloqueo-defensa e contundentes en contraataque malia a baixa da oposta Mariana Díaz as nosas daban un golpe enriba da mesa e colocábanse cun claro 2-0 que as facía optar claramente á vitoria final. O peor tramo do encontro chegaría co 3º acto. Agora era o servicio herculino o que facía dubidar e cometer uns erros que lles custarían o set as branquiazuis. Na reanudación vivimos o parcial máis axustado. JEALSA e UDC chegaban igualadas a un final de set no que o poderío ofensivo das nosas deixaron os 3 puntos da vitoria na Cachada e remataban coa tensión vivida minutos antes. Tras este triunfo as nosas engánchanse á parte alta da táboa clasificatoria, na que permanecen aínda na 6ª praza cun partido menos que as súas inmediatas predecesoras, o CV Pontevedra Comercial Durán. Polo JEALSA xogaron: Ángela T., Laura M., Rebeca G., María T., Alejandra G., Alejandra M. e Paula R. (líbero). Tamén xogaron Carla O., Sheila O., Cristina F., Sheila P. e Verónica C.

REDESYL BOIRO VOLEIBOL 0-3 FISIOTERAPIA CINESIA A-SOLUCIÓNS NOIA
(16-25, 11-25, 24-26)-(2ªDiv. Autonómica Masculina)

Os nosos perecen ante o ataque noiés
Clara derrota a sufrida polo filial masculino ante o 2º clasificado da competición autonómica sénior. A diferencia de experiencia entre os dous planteis foi manifesta desde o comezo do encontro, onde o potencial ofensivo noiés superou a defensa do Redesyl. Os erros non forzados dos nosos poñían en bandexa a consecución de puntos durante os dous primeiros parciais para os visitantes, que se situaron cunha vantaxe enorme sen moitos atrancos. No 3º set o xogo dos boirenses mellorou. A defensa branquiazul gañou enteiros e fixo errar máis do normal ó ataque do Fisioterapia Cinesia A-Solucións. Tras este tropezo os de Adrián Alves permanecen na 6ª praza, onde manteñen ós rianxeiros do Mexillón de Ouro a 4 puntos despois do tropezo destes ante o Ames Voleibol. Polo Redesyl xogaron: Ismael M., Fran D., Lois V., Félix R., Adrián G., Adrián A. e Felipe R. (líbero). Como reservas estaban Daniel V., Diego R., Pablo R., Juan O. e Dani G.

JEALSA BOIRO VOLEIBOL 2-3 FISIOTERAPIA CINESIA A-SOLUCIÓNS NOIA
(18-25, 19-25, 25-23, 25-18, 6-15)-(Liga Galega Xuvenil Feminina)

Partido tolo entre boirenses e noiesas
As baixas coas que contaban as de Mario Iglesias culminábanse cunha derrota nun encontro no que se remontou un 0-2 adverso para morrer na beira. O pouco ritmo inicial facía que as nosas non tivesen opcións de pelexar polas vitorias parciais prácticamente en ningún momento. O servicio boirense era pan comido para unhas noiesas que pechaban os seus ataques e conseguían deste xeito tomar unha dianteira que semellaba definitiva. Nada máis lonxe da realidade. A defensa de segunda liña boirense fixo acto de presencia para remontar. Alejandra Galbán era a gran baza ofensiva das nosas nun tie-break que se presentaba esperanzador despois da inercia tomada. Tampouco foi así e as noiesas aproveitaron o seu tino dende os 9 metros para acabar coas esperanzas locais. Polo JEALSA xogaron: Sara B., Isa G., Alejandra G., Antía S., Lea G., Sheila O. e Sara C. (líbero)

JEALSA BOIRO VOLEIBOL 1-3 FISIOTERAPIA CINESIA A-SOLUCIÓNS NOIA
(17-25, 8-25, 25-8, 21-25)-(Liga Galega Cadete Feminina)

Paula V. ataca ante a mirada das súas compañeiras
Derrota en catro sets das de Emilio Palacio ante un rival que gracias a este resultado superou ás nosas na clasificación desta Liga Galega Cadete Feminina. A baixa por lesión da receptora Ana Bugallo segue a ser un duro revés para o ataque dun JEALSA improductivo nesta faceta. Máis atinadas co seu saque, as noiesas adiantáronse de xeito sinxelo nun encontro ó que as nosas chegarían con dous sets de retraso. Durante o terceiro parcial vimos a mellor cara das locais. A súa presión desde os 9 metros complicaba a construcción das visitantes e recurtaban distancias cun set de clara cor branquiazul no que Lea Gatbache estivo moi atinada. A 4ª manga foi igualada e tan só nos instantes finais puideron as de Noia remontar un set no que ata o ecuador marchaban por debaixo e colocar os dous puntos da vitoria no seu casilleiro. Polo JEALSA xogaron: Lea G., Paula V., Sara T., Marta S., Laura S., Laura P. e Irea T., (líbero). Tamén xogaron Ada V., Laura O., Lía V. e Luciana V.

JEALSA BOIRO VOLEIBOL 1-3 FISIOTERAPIA CINESIA A-SOLUCIÓNS NOIA
(14-25, 25-23, 20-25, 16-25)-(Liga Galega Infantil Feminina)

Marta S. recibe un saque no encontro ante as noiesas
Derrota por 1-3 das nosas infantís nun encontro no que o acerto en saque sería a gran baza na que se apoiarían ambos equipos para tentar acadar a vitoria final. Deste xeito comezaba o choque coas noiesas sobresaíntes nesta faceta. A recepción local pouco podía facer para elaborar xogadas de ataque e o 0-1 era inevitable. No 2º acto as forzas igualáronse e foi agora o servicio do JEALSA o que desequilibraba un set con final incerto. A partires de aquí as pantasmas do primeiro set volveron a campo local. O maior porcentaxe de acerto e o potencial ofensivo dunha das centrais noiesas poñían a salvo a vitoria visitante nun encontro típico desta Liga Galega Infantil Feminina na que as nosas fican agora en 8ª posición. Polo JEALSA xogaron: Ada V., Paula V., Lía V., Laura O., Sara T. e Irea T. Marta S.,  Verónica P. e Luciana V. agardaban a súa oportunidade no banco de suplentes.

2 comentarios:

Unknown dixo...

Buenaaass. Chicho,te puedo pillar una foto para el blog? es que no sacamos ninguna...

Un saludo.

Adrián Alves dixo...

Sen problema!