Equipo ideal do 22 e 23 de febreiro |
A xornada que acabamos de deixar atrás foi sen lugar a dúbidas unha das máis prolíferas en canto ós resultados obtidos polos nosos equipos. Dos 8 encontros disputados conseguimos saír victoriosos en 6 polo que a pelexa por entrar neste septeto ideal foi moi reñida. Colocador, Rubén Martínez: o pequeno dos Martínez estivo espectacular no encontro que os cadetes gañaron ante o San Sadurniño. O seu saber facer desde a liña dos 9 metros e a extraordinaria labor de timonel fan que Rubi sexa un dos destacados da fin de semana. Oposto-Colocador, Daniel Olveira: Foi o xogador máis destacado en ataque do JEALSA no partido cadete masculino. Receptor 1, Lois Vázquez: Atinado en recepción e un seguro de vida en ataque no encontro que os xuvenís venceron ante o San Sadurniño por 3-0. Receptora 2, Katy Sampedro: foi sen ningún tipo de discusión a xogadora máis desequilibrante do encontro xuvenil onde as nosas doblegaron ó CV Santiago en 3 sets. Central 1, Laura Olveira: os seus remates polo medio da rede levaron ás infantís a deixar que os dous puntos da vitoria quedasen en Boiro. Central 2, Jesús Vázquez: os seus 5 puntos de ataque (62% de efectividade), 2 bloqueos e 1 saque directo convirten por segunda semana consecutiva a Jesús nun dos destacados da fin de semana no Boiro Voleibol. Líbero, Felipe Resúa: o seu tino en recepción e a personalidade que transmite a un equipo tan novo como é o Redesyl fan de Felipe un dos mellores líberos do clube tal e como se puido apreciar o pasado sábado na Cachada.
Ningún comentario:
Publicar un comentario