Septeto ideal da xornada previa ó Nadal |
A xornada previa ás vacacións de Nadal non foi todo o fructífera que desexaríamos en canto ós seus resultados, pero cabe destacar a actuación de algún dos nosos xogadores e xogadoras. Alá imos. Colocadora, Ángela Triñanes: o seu saber facer na dirección do JEALSA axudou de maneira clara na vitoria que as de Mario Iglesias acadaron en Vigo. Oposta, Mariana Díaz: os seus 10 puntos en ataque son as credenciais que presentou a rianxeira para optar a este equipo ideal do que definitivamente forma parte. Receptor 1, Ana Bugallo: Destacada a actuación en labores ofensiva da irmá pequena dos Bugallo. Semana tras semana demostra que é unha das grandes canoneiras da Liga Galega Cadete Feminina. Receptor 2, Xian Pérez: contundente en ataque e atinado en recepción foi un oasis no encontro que o Redesyl disputou en Coia. Central 1, Alejandra Galbán: a súa melloría na rede dota ó JEALSA dun maior podería ofensivo e ofensivo. Foi unha das destacadas na derrota que as xuvenís sufriron en Monforte. Central 2, Lois Vázquez: por momentos imparable en ataque era unha vía de escape segura para o caudal ofensivo do noso equipo xuvenil masculino. Malia o potencial do rival, Lois consegue de xeito merecido esta convocatoria. Líbero, Sheila Outeiral: seria en defensa e moi atinada en recepción no tropezo no tie-break das xuvenís ante a AD A Pinguela.
2 comentarios:
Xian e Lois porque vos nominou Narciso, sinon íbades a estar de carallo... Por certo Emilio, Santa esqueceuse das ventanas para o pavillón :(
Jajaja, me lo temía. A los reyes mejor no le pedimos nada a ver si los meten otra vez en el pabellón y tenemos el pasto por la pista otro año.
Enhorabuena para los destacados de la jornada...
Publicar un comentario