NÁUTICO BOIRO VOLEIBOL 1-3 AD CÁCERES EXTREMADURA
(25-19, 19-25, 25-27, 21-25)-(Superliga 2 Masculina)
Narciso Abalo ataca contra o altísimo bloqueo extremeño |
A cuarta vitoria na SM-2 terá que agardar. Ante case 300 espectadores que abarrotaban unha vez máis A Cachada caía o noso primeiro equipo nun encontro que se deixou escapar no desenlace do 3º set. O choque comezaba cun Náutico pletórico. A confianza na súa construcción facía que pouco puidesen facer os extremeños para deter as ofensivas locais. Emilio Palacio, cunha actuación memorable, conseguía unhas cifras ó alcance de poucos centrais que de seguro o situarán entre os destacados da xornada: 12 puntos de ataque sobre 16 intentos (75%) e 3 bloqueos directos. No segundo set a intensidade local baixou. Os visitantes non perdoaron e da man do canario Kevin Medina (15 pts) e do ex internacional Jesús Montero (16) igualaban a contenda. No 3º set a chispa regresaba a campo branquiazul. A melloría en recepción permitía atopar mellores camiños para anotar. Deste xeito os nosos chegaban por diante a tódolos tempos técnicos (8-4, 16-14, 21-16). Xusto no momento de darlle a puntilla ó set as tornas volveron a virar. Despois de desperdiciar un favorable 23-20 e malgastar 2 balóns de set que situarían o luminoso cun 2-1 que aseguraría un punto máis na clasificación o colocador extremeño J.A. Acedo tiraría de repertorio ó servicio para cerrar a manga cun saque corto extraordinario. Tódolos presentes coñecían xa o guión. A historia de dúas semanas atrás ante a CDV Textil Santanderina repetíase. Retornaban á cancha os de Boiro coa moral moi tocada, factor que aproveitarían á perfección os visitantes para salvagardar os 3 puntos da vitoria. Parabéns Cáceres. Consulta aquí a estadística do choque. Polo Náutico xogaron: Iván S., Narciso A., Cristóbal Á., Miguel V., Emilio P., Jesús V. e Adrián A. (líbero). Como reservas estaban Ismael M., Manuel P., Gustavo R., Antón P. e Adrián A. (2º líbero)
REDESYL BOIRO VOLEIBOL 0-3 MEXILLÓN DE OURO VB RIANXO
(22-25, 21-25, 23-25)-(2ª Div. Autonómica Masculina)
Problemas en bloqueo para deter ós receptores rianxeiros |
Derrota en tres sets do equipo filial masculino neste derbi rexional da 2ª División Autonómica Masculina. Foi un encontro bastante igualado, marcado polos erros de un e outro equipo no que tan só os receptores rianxeiros conseguían despuntar por riba dos demais xogadores para desequilibrar a balanza ó seu favor. O ex Boiro Voleibol Marcos Figueira mostrouse imparable para a defensa do Redesyl, que vía como o punta rianxeiro anotaba unha e outra vez de maneira contundente para darlle o aire necesario ós seus axudándolles a pechar os parciais. A actuación dos nosos non foi o mala que pode semellar vendo o resultado. Tralo novo tropezo os de Adrián Alves permanecen na 8ª praza igualados a puntos co Burgas Volei e co Ames Voleibol. A vindeira semana toca visita á sempre difícil cancha do EMEVE ÉLIDE B. Polo Redesyl xogaron: Ismael M., Diego R., Adrián G., Adrián A., Lois V., Fran D. e Felipe R. (líbero). Como reservas estaban Daniel V., Pablo R., Juan O., Xian P e Óscar R.
JEALSA BOIRO VOLEIBOL 3-0 XAV CAMBADOS
(25-12, 25-19, 25-15)-(Liga Galega Xuvenil Feminina)
Terceira vitoria para as xuvenís nesta 2013-14 |
Cómoda vitoria das xuvenís que dirixe Mario Iglesias nun encontro controlado de cabo a rabo ante o XAV Cambados, faroliño vermello da LGXF. Lea Gatbache e Sara Castaño facían tremer dende ben cedo a recepción cambadesa con bombardeos constantes dende a liña dos 9 metros, factor que brindaba a posibilidade de tomar rápidamente a iniciativa no luminoso a afrontar en plenitude de confianza o resto do encontro. A reacción visitante non chegaría e o JEALSA camiñaba decidido hacia o seu terceiro triunfo da temporada cunha actuación máis que destacada da colocadora cadete Lea Gatbache, que supliu con garantías a baixa de Sara Bugallo. As nosas ocupan arestora a 7ª praza da táboa clasificatoria da máxima competición a nivel autonómico, visitando a difícil cancha do EMEVÉ Élide o próximo sábado (11:15h). Polo JEALSA xogaron: Lea G., Isa G., Sara C., Ana B., Alejandra G., Antía S. e Sheila O. (líbero). Como reservas estaban Katy S. e Nuria R.
JEALSA BOIRO VOLEIBOL 3-1 MEXILLÓN DE OURO VB RIANXO
(21-25, 25-18, 25-9, 25-16)-(Liga Galega Cadete Masculina)
Os cadetes superan as baixas e vencen no derbi |
Cuarta vitoria da tempada para o cadete masculino nun encontro no que exceptuando o primeiro set dominaron con suma claridade. As baixas de Pablo Nieto e Daniel Olveira por lesión presentaban un panorama adverso para os de Adrián Alves pero o saber facer dos seus sustitutos encarrilaron o triunfo que os catapulta ata a 2ª praza desta LGCM. Os erros non forzados e a incertidume creada polo novo esquema para paliar as baixas foron demasiado lastre no arranque do choque. Os rianxeiros aproveitaron esta situación e adiantáronse nun derbi que se complicaba, e moito, para o JEALSA. A partires de aquí tan só houbo un equipo sobre a pista, e foi o boirense. Cunha melloría en saque extraordinaria e unha vez asimilado o sistema de xogo a maquinaria branquiazul comezou a carburar para anotarse os tres sets seguintes e por conseguinte o encontro. Polo JEALSA xogaron: Rubén M., Darío O., Manuel T., Christopher R., Gabriel S. e Álex V. Tamén xogaron Antón S. e Pablo D.
JEALSA BOIRO VOLEIBOL 3-0 XAV CAMBADOS
(Agardando parciais)-(Liga Galega Cadete Feminina)
JEALSA BOIRO VOLEIBOL 3-2 CV XAV CAMBADOS
(25-12, 16-25, 25-10, 22-25, 17-15)-(Liga Galega Infantil Feminina)
A 3 vitoria das infantís chega no tie-break |
Axustadísima vitoria das nosas infantís nun vibrante encontro no que o preparador local repartiu minutos de xogo entre tódalas integrantes do equipo. O triunfo permítelles ás pupilas de Emilio Palacio escalar ata a 8ª praza da LGIF. Foi un encontro raro, con alternancia de dominios e onde se puideron ver múltiples caras de ámbolos dous equipos. Cando parecía que un equipo lle tomaba o pulso ó xogo de inmediato os erros botaban por terra os plans anteriormente establecidos e outorgaban unha oportunidade de réplica ó cadro rival. Logo de 4 sets de altos e baixos o tie-break decidiría o gañador do partido entre boirenses e cambadesas. O epílogo, como non podía ser doutra maneira despois do visto momentos antes, estivo marcado polas imprecisións. O saque boirense, máis atinado nestes intres poría a salvo para o JEALSA os dous puntos da vitoria, deixando ás visitantes sen a súa estrea no casilleiro de vitorias. Polo JEALSA xogaron: Paula V., Ada V., Lía V., Laura O., Irea T e Sara T. Luciana V., Verónica P., Marta C. e Marta S.
3 comentarios:
A do motrete no 3º set, outra vez... Mecajiná!!!
Para o #7idealBoiroVoleibol eu voto a Emilio (SM-2) e a Rubi e Gabriel (CM)
FORZA BOIRO VB!!!
A do motrete foi no 4º set. O 3º set foi unha master class de avestruz
No #7idealBoiroVoleibol non pode faltar a "Mamba Negra", que parece que non.....
Publicar un comentario