martes, 17 de setembro de 2013

ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS 2013-14, ¡XA PODES ANOTARTE!

Papá, mamá, eu tamén quero xogar a volei
Como cada ano co comezo do curso escolar o Concello de Boiro en colaboración co Club Voleibol Cabo de Cruz pon en marcha o programa de EDM. O prazo de inscripción xa está aberto e as oficinas da Casa da Cultura (A Cachada) agardan polos rapaces e rapazas que este ano volverán a disfrutar da maxia do noso deporte. O Boiro Voleibol conta con adestradores titulados co máximo nivel nacional e licenciados en Ciencias da Actividade Física e o Deporte, @s nen@s estarán en boas mans. As obras do polideportivo de A Cachada condicionan a confección dos horarios definitivos e contamos con poder publicalos ó longo da semana próxima. O que si é seguro e que as sesións terán lugar no céntrico polideportivo anexo á piscina, cuestión que facilita a asistencia dos rapaces e rapazas ós adestramentos. Papás e mamás, non dubidedes en deixar ós vosos fillos en mans dos nosos técnicos, formación e disfrute garantizados.

Ningún comentario: