sábado, 18 de febreiro de 2012

RESULTADOS DA XORNADA DO ENTROIDO:

REYCA BOIRO VOLEIBOL 3-0 STA. MARÍA DEL MAR
(25-18, 25-22, 25-18)-(Liga galega cadete masculina)
O Reyca segue medrando
Importante vitoria do equipo cadete masculino no seu afán por meterse entre os catro mellores equipos de galicia e disputar, deste xeito, a fase final da liga galega cadete. Foi un encontro de bo xogo por parte dos de Adrián Alves onde en todo momento houbo sensacións de atoparse máis metidos no encontro que o equipo rival. O bo facer do colocador local Ismael Martínez atopaba sempre vía de escape para o ataque boirense, sobre todo por parte do oposto Fran Dieste e do receptor Xian Pérez. Cabe destacar tamén a actuación do central Óscar Refojo, especialmente atinado na tarde de sábado onde cumpleu á perfección co traballo que o seu preparador lle ordeou. Ademais do triunfo, o encontro deixa tamén outras notas positivas como son as aportacións dos xogadores alevíns Rubén Martínez e Darío Outeiral. Polo Reyca Boiro Voleibol xogaron: Ismael Martínez, Fran Dieste, Óscar Refojo, Dani Gey, Xian Pérez, Lois Vázquez e Adrián Outeiral (líbero). Tamén xogaron Rubén Martínez e Darío Outeiral.

O SECRETO BOIRO VOLEIBOL 0-3 VOLEYOURENSE.ES
(14-25, 19-25, 21-25)-(2ª Div. Autonómica feminina)
A falta de concentración condea a O Secreto
Contundente derrota por 0-3 de O Secreto ante un rival directo, o cal pon moi complicado alcanzar os postos altos da táboa clasificatoria. Mal partido de principio a fin das nosas xogadoras, que en ningún momento tiveron a actitude necesaria para facerlle fronte a un adversario ben ordeado en defensa e cun saque e ataque moi efectivo. Continuos erros en saque e recepción permitían que as ourensás dominasen o tanteador con comodidade nos dous primeiros sets. No terceiro, dúas boas xeiras de servicio de Ana Bugallo e Sandra Lojo permitían alcanzar unha vantaxe de ata dous puntos na recta final da manga pero, como levaba ocorrendo todo o partido, a falta de concentración e varios erros en recepción dinamitaron as posibilidades de anotarse o xogo e seguir na batalla. Por O Secreto Boiro Voleibol xogaron: Ángela Triñanes, Ana Bugallo, Ángela Fernández, Sara Bugallo, María Triñanes, Katy Sampedro e Carla Castro (líbero). Tamén xogaron Sandra Lojo, Andrea Barreiro, Sheila Outeiral, Evelyn Urrutia e Elena García.

NÁUTICO BOIRO VOLEIBOL 3-0 SALUS VOLEIBOL OVIEDO
(25-23, 25-22, 25-23)-(1ª Div. Nacional masculina)
O Náutico gaña por 3-0 ó equipo ovetense
Décima vitoria da tempada para o noso primeiro equipo masculino tendo nesta ocasión como víctima ós asturianos do Salus Voleibol Oviedo. O encontro non será recordado polos pupilos de Emilio Palacio como un choque brillante pero sirve para sumar outros dous puntos no casilleiro xeral da táboa clasificatoria. O encontro comezaba co Náutico desconectado. Ó longo do primeiro parcial cometéronse infinidade de erros en tódalas vertentes do xogo, en especial no servicio. Esta situación non permitía ós locais coller ritmo no choque ata ben entrada a manga, que se cerrou cun axustado tanteador de 25-23. No segundo set a tónica era similar. A pesares de que se conseguiu reducir o número de erros non forzados non foi ata mediado o parcial cando os boirenses conseguiron enlazar uns bos minutos de bo xogo para distanciarse no luminoso da Cachada e pechar o xogo con relativa comodidade. O inicio do terceiro era similar ós últimos momentos do set anterior. Os locais mandaban sen desenvolver o xogo ó que están acostumados e de contado abrían fenda no luminoso. Foi neste momento cando o preparador local dou entrada ós xogadores con menos minutos do plantel, facendo especial mención ó debut como local en 1ª división do receptor cadete Xian Pérez. Polo Náutico Boiro Voleibol xogaron: Iván Souto, Narciso Abalo, Jesús Vázquez, Antón Pérez, Cristóbal Álvarez, Emilio Palacio e Adrián Alves (líbero). Tamén xogaron Rubén Taibo, Daniel Agra, Manuel Pérez, Gustavo Romero e Xian Pérez.


M. DE OURO VB RIANXO 0-3 INGENIERÍA TRAZOS BOIRO VB
(14-25, 22-25, 12-25)-(Liga provincial cadete feminina)
As cadetes seguen en xeira
Vitoria no derbi rexional do noso equipo cadete feminino que dirixe Emilio Palacio nun encontro no que o servicio boirense marcou o destino final do resultado. O bo facer da receptora infantil Ana Bugallo en facetas de servicio e ataque facilitaba ás boirenses distanciarse de contado no luminoso. Cabe destacar tamén a aportación en ataque da tamén xogadora en idade infantil Emma Ordóñez, que imposibilitaba que as rianxeiras tivesen opcións de contra en case que ningún momento do encontro. Con este triunfo as boirenses sitúanse preto da cabeza, da que están a tan só dous partidos de distancia. Polo Ingeniería Trazos Boiro Voleibol xogaron: Ana Bugallo, Melissa Novoa, Sara Bugallo, Emma Ordóñez, Antía Sampedro, Alejandra Galbán e Sheila Outeiral (líbero). Tamén xogaron Isabel Gómez, Claudia Pinaque, Sandra Fernández, Ángela Alves e Sara Lojo.

6 comentarios:

Adrián Alves dixo...

2 de 3, non está mal de novo. Pena as rapazas que castigadas polas lesións (importantísimas)non puderon conseguir o triunfo.

Noraboa ós cadetes polo partido, agora hai que manter os pés na terra e continuar co traballo. Este barco vai a bo porto, SEGURO.

P.D: Recordade que para poder comentar no blog agora debedes facer un sinxelo rexistro, animádevos!

FORZA BOIRO VB!!!

Narciso dixo...

O traballo e o esforzo vense recompensados. Noraboa ós cadetes. A loitar ata o final.

Un entrenador que tiven repetia con bastante frecuencia: "Xógase como se entrena". Entrenase sen gañas, xogase sen gañas.

P.D. Os reis magos penso pedirlle unhas mans como as de Xian. Vaia gorro

Dani dixo...

enorabuena chicoss

Jesus_pivot dixo...

Partidos en los que se muestra poco interés como el del sabado, hay que fijarse en el resultado, y nos vale el 3-0 con el mal juego, y los sets ajustados, y no nos vale lo contrario.

Jesus_pivot dixo...

No habrá más entrevistas?

Adrián Alves dixo...

Estamos en eso!

Próximamente...