CALASANCIAS CORUÑA 1-3 O SECRETO BOIRO VOLEIBOL
(14-25, 16-25, 25-21, 16-25)-(2ª Div. Autonómica feminina)
Vitoria sen problemas de O Secreto neste encontro aprazado |
Cómoda vitoria das rapazas de O Secreto no seu desplazamento á cidade herculina para se medir ó Calasancias. Xa desde o comezo as nosas mandaban no luminoso froito dun efectivo servicio e dun ataque que impedía ó equipo contrario reaccionar. Da man das súas receptoras María Triñanes e Rebeca González O Secreto atopaba o xeito de danar o entramado defensivo coruñés que ó largo dos dous primeiros xogos foi perforado unha e outra vez polas nosas xogadoras de banda. Na terceira manga as nosas sufriron un baixón en canto á intensidade no seu xogo. Froito desta circunstancia a porcentaxe de servicios errados aumentou significativamente polo que as coruñesas levaron a iniciativa ata o fin de set grazas, en gran medida, ós ataques dunha das súas centrais. No cuarto set as sensacións do comezo volvían e as de Andrés Martínez e Narciso Abalo pechaban o encontro para levar os dous puntos da vitoria cara a Boiro. Por O Secreto Boiro Voleibol xogaron: Ángela Triñanes, Elena García, Sandra Lojo, Ángela Fernández, Rebeca González, María Triñanes e Carla Castro (líbero). Tamén xogaron Evelyn Urrutia e Andrea Barreiro.
TRILLIZOS BOIRO VB 0-3 BIGMAT SUEIRAS SAN SADURNIÑO
(19-25, 20-25, 16-25)-(Liga galega xuvenil masculina)
Bo papel do Trillizos na visita do líder |
Derrota do equipo xuvenil masculino do Boiro Voleibol ante o líder da categoría nun encontro no que non se lle perdeu a cara ó partido. No comezo do primeiro set o servicio visitante impoñíase á recepción local, polo que os colocadores boirenses non podían encontrar as mellores opcións de ataque. Pasados estes momentos iniciais de apuro o equipo asentouse e conseguiu enlazar minutos de bo xogo. Cun atinado Xian Pérez en recepción e ataque o Trillizos pelexaba a primeira manga. No segundo parcial as boas sensacións persistían. A recepción melloraba e os atacantes de banda locais atopaban vías de escape para anotar. A igualdade persistía ata os momentos quentes da manga, onde a veteranía dos ferrolanos decantaba a balanza ó seu favor. No terceiro xogo os folgos dos locais decreceron. Volvían as pantasmas iniciais que imposibilitaban puntuar con regularidade debido a unha construcción condicionada polo servicio visitante. O resultado final sería de 16-25 sen que os boirenses puidesen ter tempo a unha posible reacción. Polo Trillizos Boiro Voleibol xogaron: Daniel Vázquez, Fran Dieste, Alfonso Rey, Miguel Lorenzo, Martín Herrera, Xian Pérez e Abel Sánchez (líbero). Como reservas estaban Ismael Martínez, Arsenio Santos, Lois Vázquez e Dani Gey.
INGENIERÍA TRAZOS BOIRO VB 3-2 FISIOT. CINESIA NOIA
(23-25, 18-25, 25-13, 25-16, 15-10)-(Liga provincial cadete feminina)
As cadetes fanse maiores |
Importantísima á vez que axustada a vitoria que o equipo cadete feminino do Boiro Voleibol conseguiu ante o líder da categoría provincial, o Fisioterapia Cinesia Noia. Os primeiros compases do choque estiveron marcados pola igualdade onde os ataques superaban en todo momento ás defensas. Chegado o momento decisivo do primeiro parcial as de Emilio Palacio dominaban o tanteador (23-29) mais unha boa xeira de saque das noiesas decantaron a manga ó seu favor. No segundo set a calidade do xogo boirense decreceu, situación que as noiesas souberon aproveitar para situarse cun favorable 0-2 no casilleiro global. A partires de aquí as nosas meternon unha marcha máis en tódalas accións do xogo. Apoiadas en Ana Bugallo e Melissa Novoa en facetas ofensivas as boirenses distanciábanse no luminoso para pechar os tres seguintes xogos sen pasar excesivos apuros na cancha. Polo Ingeniería Trazos Boiro Voleibol xogaron: Sara Bugallo, Ana Bugallo, Emma Ordóñez, Melissa Novoa, Alejandra Galbán, Antía Sampedro e Sheila Outeiral (líbero). Tamén xogaron Sara Lojo, Sandra Fernández, Claudia Pinaque, Isabel Gómez e Ángela Alves.
REDESYL BOIRO VB 0-3 LANCER-ZENALE SAN SADURNIÑO
(20-25, 21-25, 11-25)-(2ª Div. Autonómica masculina)
A apatía condea ó Redesyl |
Derrota do equipo filial masculino en tres sets nun encontro no que non conseguiron desplegar un bo xogo e no que o rival apenas atopou resistencia por parte dos nosos. Xa dende o comezo as sensacións non eran de todo boas. Constantes erros en construcción froito dunha recepción deficiente imposibilitaban entrar en materia ós de Felipe García, que unha e outra vez tropezaban na mesma pedra. Como nota positiva do encontro atopamos o debut en categoría senior do líbero xuvenil Abel Sánchez. Con esta derrota os boirenses fican na 3ª posición da táboa clasificatoria, a unha vitoria do Xuvenil Teis pero con un encontro xogado máis. Polo Redesyl Boiro Voleibol xogaron: Dani García, Roberto Rodríguez, Martín Herrera, Pablo Suárez, Xavier Sarille, Diego Romero e Abel Sánchez (líbero). Tamén xogaron Andrés Martínez, Ignacio Cibeira, Alén García, Juan Mande e o xuvenil Alfonso Rey.
NÁUTICO BOIRO VOLEIBOL 3-0 AUTOS CANCELA ZALAETA
(25-17, 25-17, 25-21)-(1ª Div. Nacional masculina)
Volven as boas sensacións ó xogo do Náutico nesta vitoria en tres sets ante os herculinos do Autos Cancela Zalaeta. A excelente recepción e a notable melloría no bloqueo-defensa marcaron o destino dun encontro que os nosos dominaron dende o inicio. O encontro comezaba cos locais moi concentrados. Puntuais á súa cita co cambio e mostrando unha orde defensiva destacada os de Emilio Palacio de contado se poñían por diante no luminoso cunha vantaxe que se puido manter con relativa comodidade ata rematar a manga. A situación non mudaba co comezo do novo parcial. Moi seguros na construcción, os boirenses conseguían unha renda mediada o set o suficientemente ampla como para xogar con moita soltura e mostrar a súa mellor versión en ataque. O resultado foi un calco do visto no primeiro set. O terceiro comezaba igualado ata o punto 10, pero a partires de aquí o acerto no servicio dos nosos facilitaban moito as labores defensivas do equipo e poñíase deste xeito a directa a pola novena vitoria da tempada. Polo Náutico Boiro Voleibol xogaron: Iván Souto, Narciso Abalo, Jesús Vázquez, Antón Pérez, Cristóbal Álvarez, Emilio Palacio e Adrián Alves (líbero). Tamén xogaron Rubén Taibo, Daniel Agra, Pablo Suárez, Manuel Pérez e Miguel Vázquez.
O Náutico vence e convence na Cachada |
16 comentarios:
Enhorabuena chicas.
Tres vitorias e dúas derrotas, non foi malo de todo o cómputo global da fin de semana.
O que si me preocupa máis (e digoo como compañeiro e amigo) son cousiñas respecto ó equipo filial (Redesyl). Non penso entrar a valorar aspectos do xogo, pero si actitudinales. Este baixón sufrido nos últimos tempos polo equipo non é máis que o producto do pasotismo, conformismo e pouca discilpina de algúns membros da plantilla. Desde logo que quero disculpar ós que sempre están ahí tirando do equipo (Alén, Xavi, Dani, Andrés, Tito por exemplo) pero hai comportamentos doutra xente que conducen a situacións coma esta. Desde logo neste caso non se lle pode achacar á casualidade o panorama actual. Outro exemplo da falta de compromiso do equipo é: ¿cantos xogadores dos non convocados estaban onte vendo ó resto dos seus compañeiros neste trascendental partido para seguir tendo opcións de fase de ascenso? Que eu vira, só un (Diego Alcalde).
Toca reflexionar...
Enhorabuena a esa chicas cadetes, ganando con remontada incluida al lider de la categoria y presumiblemente mejor equipo.Felicidades chicas.
Los de primera partido bueno, serio, sin dejar nada a la improvisación, muy bien.Pas estuviste muy inspirado, chapo, genial, como dirian en Leon, me quito el sombrero.
cada equipo tienes lo que se merece, ni mas ni mesnos, enorawena a los equipos que saldaron sus encuentros con victoria.
a trabajar esta semana
aquí también alguno se cree el rey de boiro....y si se dedicara a lo suyo.. cada día que pasa veo mas los tratos de favores etc.. que hay en nuestro club... en fin
Eres miembro de alguno de los equipos del boiro? di tu opion a tu entrenador en privado si cres esas cosas, pero si vas a "rajar" hazlo con un nombre.
En el club hay una persona -Gustavo-que es el representante de los jugadores y encargado de transmitir a la directiva las inquitudes o problemas que puedan tener.
Creo que seria el procedimiento adecuado ante cualquier malestar ir a hablar con el y no estar escribiendo ambiguedades que solo generan falsas interpretaciones.
Emilio
Pibot, no vengas tu a dar lecciones de nada que no hace mucho tiempo tu insultastes a tu entrenador en un partido en Noia y al año siguiente te subieron para el equipo de primera. No me extraña que salgas en defensa, tan agustito y calentito...
Chavales non sei si se suele decir esto aquí, pero A ROUPA SUCIA LAVASE EN CASA. non sei si me entendedes??
quero decir que todo o mundo ten dereito a queixarse sempre que teña o convencimento que o debe facer, pero dende logo aqui non é o medio adecuado para facelo.
A ver si vamos ter que andar en busca do topo igual que o Madrid!! xDDD
No hay topo Brasi,un topo es aquel que está dentro y saca las cosas para fuera...me da a mi que este ahora está fuera,pero no desde hace mucho.
Que es eso de que me subieron al equipo de primera? que yo insulté a Fran Magenta? Mi actitud con el equipo de segunda nunca fue la mejor, pero disciplina, compromiso, seriedad a la hora de entrenar no me faltó nunca, y es lo que chicho resaltó de algunos miembros del equipo se segunda y casi todos pensamos algo parecido. Si con tu comentario pretendes decir, insinuar que yo no merezco estar en primera y que recibo un "trato de favor" me convocan sin merecerlo, o juego teniendo que jugar los demás puedes decirlo sin ocultarte en un anonimo.
Oscuridad bajo la escalera.
Mamá, no digo mi nombre porque tengo miedooooooo
Yo no he dicho que tuvieses miedo marica pero te escondes y si quieres mantener una conversacion que no sea en la pagina, tengo el tuenti y facebook abierto subeme visitas.
O empeño que algúns poñen en descalificar e desestabilizar a outros de modo gratuito non fai máis que demostrar a miña teoría de que o ser humano está en clara regresión. Poño a man no lume a que a persoa que aquí escribe escondida no anonimato non está orgulloso dos seus actos nin seguro das súas palabras porque si é así debería acudir a un especialista en búsqueda desesperada dun diagnóstico. O único que teño que dicir é que eu levo a cabeza ben alta porque no meu clube a xente traballa con paixón e sin temor a recibir este tipo de críticas porque partimos dunha sensatez que nos permite ter a conciencia moi moi tranquila.
Volve a ler os teus comentarios e redirecciona os teus obxectivos xa que creo que os que actualmente persigues non vas a ser quen de acadalos (descalificar e desestabilizar)
FORZA BOIRO VB!!!
yo veo mas que uno porque yo respondí a Pibot y te aseguro que fue mi único comentario
Esto é de chiste, rajar aqui coma quen que son nenos de 14 anos, sodes a ostia falando sin dar a cara, pero eso xa di bastante. Falade pero con nombres, deixadevos de caralladas si e que tanto tedes que decir. Si algun tuvera tanta gana de entrenar como de facer o subnormal ...
Publicar un comentario