¡Ánimo Rebe! |
O noso primeiro equipo feminino non está tendo sorte coas lesións neste tempada 2011-2012 que corre. Tralas xa coñecidas baixas no pasado de María Triñanes, xa recuperada, e Alicia Novoa, a receptora boirense Rebeca Gónzalez (17-4-1991) estará lonxe das canchas por unha temporada por mor dun esguince do ligamento lateral externo do seu xeonllo esquerdo tras un traumatismo nesa zona no transcurso do encontro que O Secreto disputou en terras coruñesas ante o Calasancias o pasado 10 de febreiro. En nome de toda a familia do Boiro Voleibol desexámoslle á nosa compañeira unha prontísima recuperación e que poidamos disfrutar das súas actuacións na cancha antes de que remate o curso. Seguro que si, moito ánimo Rebe!
4 comentarios:
Sabendo o toliña que é en menos de nada xa anda por aí rompendo con todo.
Ánimo chavalotaaaaaa!
P.D: Recordade que para comentar no blog tendes que facer un simple rexistro!
Ánimo cariñito... ainda que che ven ben para curar tódolos moratóns que levas de tanta caída...
Cúrate prontiño.
Un bicaso enorme guapetona.
Muchísimos ánimos Rebe! :) Recupérate pronto!! Besos ^^
Animooo coleguiiii !!!! que o tempo pasa rapidooo!! coidate moito que en nada xa che temos de volta ;)
Un bikiiñoo Ree!!! mmmuuaa!!
Publicar un comentario