“volei-praia é verán, sol, risas, festa, festa...”
Rebeca González |
Foi estudar Económicas para Coruña para poder ter o volei cerca. E a praia. Esta xogadora do Proboin xa pasou pola Liga FEV competindo co Calasancias. Pero a última tempada desfrutouna de novo en Boiro, a canteira da que saiu. Onde é unha das estrelas femininas: Leva seis anos consecutivos sendo a campioa galega da súa categoría en volei-praia. Con 15 anos estreouse no sub-18 estatal, quedando cuartas (con Sandra de parella). O verán seguinte, terceiras en Melilla. Un ano máis tarde cuartas en Benidorm. O seguinte, en Riazor, conseguiron o segundo posto. E o ano pasado proclamouse campioa xunto con Majo, chegando ao máis alto do podium español. Este ano, repetiu ouro no campionato galego, e xa se prepara, con nova parella (María Aguiar), para ir ás illas Canarias a polo estatal. Tanto en pista como en praia ten ganas de dalo todo: quere máis adestramento, máis ritmo, máis tensión e as consecuentes e merecidas victorias.
-(Charo) Onde comezaches a facer volei?
-(Rebeca) Aquí en Boiro, na escola, con Antón o profesor de Educación Física en cuarto de primaria. E comezamos a ir a volei con Fran. Estivemos ese ano, ou dous como moito. Despois Fran marchara un tempo, e deixáramolo. Até terceiro da ESO, que volvemos con Juan Resua, e até hoxe. E por moito tempo (risas).
-Que tal o paso polo Calasancias?
-Ben, pero era moi distinto a acá. Aquí tes outro trato, somos unha familia, e nós as sete de sempre. Non hai problemas. Alí é distinto; é un equipo, cada xogadora vai máis ao seu.
-Como foi esa experiencia de pasar pola liga FEV?
-Está moi ben, hai equipos con nivel, non é o mesmo que estar en Segunda. En Segunda hai tres ou catro partidos interesantes, pero... A ver, non considero que teñamos un nivel moi por enriba, pero si penso que esta non debe ser a nosa liga. E estar en FEV gústache, sempre tes tensión, motívache a xogar ben... Pero bueno, co club quedaría con este sen dúbida. Por algo me vin.
-Estas a estudar. Como o compaxinas cos adestramentos?
-Adestramos os venres. O problema que temos é que adestramos moi pouco. Aínda así, para o que adestramos non está nada mal, non? Por iso digo, que de chegarmos a adestrar...
-Normalmente a partir de certa idade é máis difícil que as mulleres sigan a facer deporte. Veste xogadora a longo prazo?
-Pois nós temos a Luci, que terá arredor de 30 anos e ten máis ganas que ninguén. Tamén Ángela, desde que eu empecei, facendo o MIR, facendo de todo, e nunca deixou. Leo tamén aí está... Eu véxome xogadora a longo prazo, traballando ou o que sexa, pero sen deixar de xogar. Sobre todo na praia.
-Como viches ao Proboin este ano, despois dunha temporada tan exitosa?
-Ben, nós gañemos ou perdamos sempre nolo pasamos ben. Queremos gañar, pero tomámonolo con humor. Por iso digo que non hai suficiente tensión nesta Liga, así na fase nos pasou o que nos pasou. Eu teño ganas de subir. De feito, xa pensei que subiriamos este ano, pero non hai maneira. Ademais, se subes tamén é posible que veña máis xente, porque para xogar en Segunda non é facil que as xogadoras se despracen, nen motiva tanto.
-Que cómpre facer para que non se escape o ascenso a temporada que vén?
-Os adestramentos deberian ser máis intensos. Deberíamos forzar máis, se mudara o noso ritmo de adestrar, mudaría o noso ritmo de xogar. E sería máis divertido.
De forma o noso equipo está ben, pero tecnicamente adestramos pouco. No pouco tempo que temos hai que adestrar xogo. Fáltanos tensión. Eu querería adestrar cos rapaces; de feito xa estiveron vindo Cristobal, Diego... E que sete somos poucas.
-Algo que dicir dos outros equipos do Boiro Voleibol?
-Os do Hipescar gustáronme moitísimo, compenétranse moi ben. Nótaselles que se entenden. Os de Segunda parece que son mellores individualmente que en equipo. Velos adestrando e fano moi moi ben, moi unidos. Eu pensei que gañarían a Liga.
-Algunha xogadora referencial para ti?
-Luci, sen dúbida. O seu lema é non renderse nunca. Véxoa e transmite iso. É a que tira do carro, da igual que haxa unha bóla tirada no chan; ela sempre está animando, subíndonos. E de rapaces Iago. Coñézoo desde que cheguei, para min era o mellor do equipo, agora estivo lesionado, e non sei que vai facer, pero eu víao desde pequena e pensaba “quero ser coma el”.
“De pequena vía a Iago e pensaba, eu quero ser coma el”
-Vale, vaiamos agora á praia. Que ten a praia?
-Verán, sol, estarmos todos xuntos, festa, festa, festa (risas). En cada circuito o sábado xuntámonos todos e é unha festa. E os domingos. Todo o mundo se leva moi ben; en pista aínda pode haber algúns piques entre equipos, pero na praia... Sexas do equipo que sexas todos somos unha piña.
-Entón entre praia e pista, non pergunto?
-Non. praia, praia, praia, praia, vamos... (risas)
-Que tal vai o verán?
-Ben, agora estou xogando con María Trinañes no circuito do Barbanza e con Maria Aguiar, do EMEVÉ, para ir ao campionato de España, só que con ela adestrei moi pouco.
-Que pasou con Sandra, compañeira túa de praia durante catro anos?
-Somos amigas, viviamos xuntas, estabamos todo o dia xuntas...e deixámolo. En rapazas, se deixas unha parella parece que é como “mima! Seguro que discutiron, que se levan mal, que lles pasou algo”. Pero non debería verse como un problema. Os tios mudan de parella e non pasa nada. Poden variar as espectativas de cada unha, ou calquera cousa, non pasou nada malo.
-E en Canarias, que vai pasar?
-Este ano... a ver que tal. Somos sunha parella nova, e apenas adestramos. Imos ter que apretar bastante, para pasar de grupos. Eu espero chegar a semifinais, pero a ver... Majo vai como favorita, compite con Murcia, cunha xogadora da selección española, que van ir xuntas aos europeos. Aquí a murciana non podía competir, pero alí a federación debe ter unha normativa distinta, por iso pode ir Majo, que é de Lugo, alí.
“Non vou regalar nada, pero... tensión vai haber”
-Que pasaría nunha final Galiza-Murcia?
-Majo vai como favorita. Non sei...
-Polo menos pelealo, non?
-Si oh! Non o vou regalar! Pero... van as dúas que van ir ao europeo, non sei. Tensión vai haber.
8 comentarios:
Grande Rebe!!
estoy con chicho sin duda¡¡
Ole y ole por nuestra cañonera!!!
pero......non me fagas tanto a pelota para xogar o ano que ben,jeje :-)que si te pos, arrasas ti soíña.
Un besazo Rebeeee. Estarás contenta ca fotooo. Estás juapa juapa juapaaaa. A por el de España campeona.
Moitos bikos rula!!!!!!
Ya puede ser buenisima la chica que juega con Majo, pero favorita deberias ser tu y Galcia ya que son las que ganasteis el año pasado.Besos Rebe
Rebeee!! AAAAAASSSSSSS!
Muy grande Rebeee, ya eres una crack y vas camino de megacatacrack. un besote
Publicar un comentario