luns, 25 de xullo de 2011

PABLO BUGALLO DECIDE O SEU FUTURO:

O CMA Soria contará con P. Bugallo
Definitivamente o CMA Soria da Superliga masculina será o destino do boirense Pablo Bugallo para a vindeira campaña 2011-2012. Pablo remata nesta tempada o seu periplo na concentración permanente da selección española júnior en Palencia donde, ás ordes de Ricardo Maldonado, conseguiu varios dos maiores fitos desta selección na súa historia. Co seu 1.98m de estatura Pablo completará o trío de centrales cos que contará o adestrador do equipo soriano José Luis Moltó, xunto con Marc Altayó e Elvis de Oliveira. A presencia de José Luis Moltó no banco foi determinante para que o boirense aceptase a oferta soriana por riba de outras da Superliga nacional. O CMA Soria vén de rematar 4º na competición da SVM por detras tan só de entidades tan poderosas como CAI Voleibol Teruel, Unicaja Almería e FC Barcelona. Cabe destacar tamén que Pablo compartirá vestiario con xogadores destacadísimos no panorama nacional tales como Fran Ruiz, Daniel Rocamora, Aharón Gámiz ou Alfonso Flores. Para ver en acción ó noso veciño deberemos esperar ata o 3 de marzo de 2012, día no que os sorianos visitan o Polideportivo Municipal de Coia para medirse ó Club Vigo Voleibol. Moita sorte na túa nova aventura.

1 comentario:

Adrián Alves dixo...

Pedazo fichaje que fai O CMA de Soria, iremos coa charanga a Coia!!

Sorte Pablo!!

FORZA BOIRO VB!!!!