domingo, 14 de febreiro de 2016

8 VITORIAS E 3 DERROTAS NESTA PASADA XORNADA. CRÓNICAS:

JEALSA BARRAÑA VOLEIBOL 0-3 JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(18-25, 17-25, 14-25) - (1ª Div. Aut. Infantil Masculina)

C.V.A.B 0-3 JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(15-25, 22-25, 9-25) - (2ª Div. Aut. Infantil Feminina)
Clara vitoria do JEALSA contra o C.V.A.B
Partido sen moita historia o da mañá do sábado para o JEALSA Boiro Voleibol nesta 2ª División Autonómica Infantil Feminina. O rival eran as veciñas do Club Voleibol Atlético Boiro, penúltimas clasificadas da competición. O encontro estivo marcado dende un primeiro momento polo factor que determina a meirande parte dos xogos desta categoría: o servizo. Desta vez, serían as rapazas de Emilio Palacio, con múltiples xeiras dende a liña dos 7 metros, as que farían do saque a súa princial baza para levar o econtro pola vía rápida. Destacar nesta faceta a actuación de Ana, decisiva en moitos momentos do partido. Así pois, como reflexa o resultado, pouco pudo facer equipo local contra un JEALSA dominante e incisivo. Con esta vitoria por 0-3, o JEALSA pasa a ocupar a segunda praza da competición, con tan só un punto de vantaxe sobre a nosa outra sección infantil feminina: o JEALSA Boiro Voleibol B. A fin de semana que ven, as nosas rapazas reciben ao Voleibol Dumbría coa segunda praza asegurada e o dereito a participar na seguinte ronda para a Fase de Ascenso. Polo JEALSA Boiro Voleibol xogaron: Ana, Sara, Mara, Helena, Laura e Candela. Como suplentes actuaron: Lourdes, Lidia e Noelia. 

 CLUB VIGO VOLEIBOL 0-3 JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(15-25, 20-25, 22-25) - (1ª Div. Aut. Cadete Masculina)
Os cadetes, campións da Liga Regular
Nova vitoria do JEALSA Boiro Voleibol nesta 1ª División Autonómica Cadete Masculina. E con ela, xa van un total dezaseis. Un rexistro envidiable e do que sentirnos máis que orgullosos. O do sábado, sen ser o econtro máis lúcido da tempada, estivo marcado polas constantes que levan acompañando aos de Adrián Alves durante toda a competición: seriedade e control, elevados á máxima e combinados á perfección. Así pois, un firme servizo visitante servía para desestabilizar por completo dende o primeiro set ao K1 vigués, gran aliado dos boirenses en todo momento. Sen poder reconstruír con comodidade, as accións ofensivas do Club Vigo Voleibol apenas lograban inquietar a defensa do JEALSA, férrea e ben posicionada. O bo suceder do partido fixo que todo o plantel participara no triunfo que, a día de hoxe, converte matematicamente ao JEALSA Boiro Voleibol como campión da Fase Regular deste ano. Polo JEALSA Boiro Voleibol xogaron: Rubén M., Borja S., Christopher R., Daniel O., Álex V., Juan O. e Darío O. (líbero). Como reservas estaban: Manuel T., Sergio C., e Pablo D. 

CLUB VIGO VOLEIBOL 0-3 JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(19-25, 15-25, 18-25) - (1ª Div. Aut. Xuvenil Masculina)
Iván, Félix, Isma e Lois tras o triunfo en Vigo
Quinta vitoria consecutiva da nosa sección xuvenil masculina na mañá do pasado sábado 13 de febreiro. Desta vez, o rival era o sempre complicado Club Vigo Voleibol, 7º clasificado da competición. Foi un encontro moi similar ao cadete, cun guión practicamente idéntico. Dende un primeiro momento, a superioridade visitante facía acto de presenza no Pavillón Municpal de Coia, materializada nunha presión dende servizo que marcaría a dinámica do partido. Deste xeito, o K1 dos vigueses viuse maniatado dende o primeiro set, convertendo en escasos os recursos ofensivos dos que dispoñían. Coma sempre, o bo facer colectivo acompañado dun control absoluto das facetas do xogo, facía do JEALSA un rival máis que complicado, non dando opción en ningún parcial a unha posible vitoria viguesa. Con este triunfo, os de Adrián Alves pasan a ocupar o 3º posto da 1ª División Autonómica Xuvenil Masculina, empatados co Voleibol Dumbría, próximo e derradeiro rival da Fase Regular. Polo JEALSA Boiro Voleibol xogaron: Ismael M., Daniel O., Christopher R., Lois V., Félix R., Álex V. e Darío O. (líbero). Como suplentes estaban: Rubén M., Borja S., Juan O. e Iván G. (2º líbero).

CVP ALIANZA ESPAÑOLA SEGUROS S.A 3-1 JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(25-23, 25-21, 20-25, 25-21) - (1ª Div. Aut. Cadete Feminina)

FISIOTERAPIA CINESIA NOIA 0-3 JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(17-25, 15-25, 16-25) - (1ª Div. Aut. Sénior Masculina)
Vitoria por 0-3 do JEALSA en Noia
Como na primeira volta da competición, o derbi rexional da 1ª División Autonómica Sénior Masculina só tivo unha cor. De novo, o JEALSA Boiro Voleibol erixíase como un dos grandes dominadores da tempada, acadando unha cómoda e importante vitoria contra os veciños do Fisioterapia Cinesia Noia, colista da liga. Cun servizo máis que eficaz, os de Adrián Alves comezaban o encontro cun dominio absoluto, chegando a situar o 9-19 no marcador. Tras unha pequena reacción local, os boirenses facíanse co primeiro set do encontro. Todo saía segundo o previsto. Os visitantes dominaban todas e cada unha das facetas do xogo, erixíndose como un bloque moi complexo de derrubar. Atinados en defensa, incisivos en ataque e sobresaíntes en bloqueo. O dominio era total. Con tal escenario, non era complexo intuír o devir do partido. En pouco máis dunha hora, a nosa sección sénior masculina facíase co seu 5º triunfo da tempada. Con este resultado, o JEALSA Boiro Voleibol afíncase na 2ª praza da competición, a cinco puntos do xa campión da Liga Regular: o Calasancias Coruña. Polo JEALSA Boiro Voleibol xogaron: Ismael M., Xián P., Naji G., Gustavo R., Borja V., Fran D. e Daniel G. (líbero). Como reservas actuaron: Daniel V., Lois V., Christopher R., Juan O. e Pablo R.

CVP ALIANZA ESPAÑOLA SEGUROS S.A 0-3 JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(19-25, 23-25, 21-25) - (1ª Div. Aut. Xuvenil Feminina)

MANUELA RIAL MOUZO 0-3 JEALSA BOIRO VOLEIBOL B
(18-25, 13-25, 13-25) - (2ª Div. Aut. Infantil Feminina)
O servizo, clave na vitoria do JEALSA
Novo triunfo do JEALSA Boiro Voleibol B no partido que pechaba a súa participación na fase regular da 2ª División Autonómica Infantil Feminina. Os parciais do marcador reflexa a dinámica do encontro, marcado como moitos outros pola maior efectividade das boirenses en facetas de servizo. As de Emilio Palacio mandaron sempre no luminoso, combinando o facer de Lucía dende o saque e a efectividade ofensiva de Uxía, cun bo traballo colectivo que dificultou en todo momento unha posible reacción do combinado local. Con tal guión, o resultado era doado de imaxinar. Un claro e contundente 0-3 outorgaba a 3ª praza da competición ao JEALSA, que terá que agardar á última xornada da liga para coñecer ás súas rivais na futura fase de ascenso á 1ª Divisisión. É obrigado mencionar a boa actuación da alevín Helena, moi atinada en saque e ataque. Polo JEALSA Boiro Voleibol B xogaron: Lucía, Uxía, Priscila, Cristina, Alejandra e Laura. Tamén xogaron: Alba e Helena. 

CVP ALIANZA ESPAÑOLA SEGUROS S.A 3-0 JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(25-17, 25-14, 25-22) - (1ª Div. Aut. Sénior Feminina)

H. VET. ACEÑA EMEVÉ LUGO 3-0 JEALSA BARRAÑA VOLEIBOL
(25-14, 25-18, 25-6) - (1ª Div. Aut. Infantil Masculina)
  
    

Ningún comentario: