NÁUTICO BOIRO VOLEIBOL 3-0 EMEVÉ
(25-17, 25-14, 25-22)-(Superliga 2 Masculina)
Sexta vitoria do Náutico Boiro
Voleibol no último encontro desta primeira volta da SVM2. O rival, un EMEVÉ de
Lugo xoven e con escasa experiencia cun renovado plantel. A pesar de tratarse
dun encontro contra o colista da competición, a expectación era máxima. Un
triunfo dos nosos acompañado das derrotas conxuntas de Hotel Río Carnaval Badajoz e Playas del
Médano aupábaos á Copa Príncipe que se celebrará finalmente os días 9 e 10 de xaneiro en San Sadurniño. Así pois, a nosa primeira sección masculina non
deu opción algunha a un EMEVÉ maniatado durante todo o encontro polo servizo
local (8 aces en total), que poñía en serios apuros a reconstrucción do equipo
lugués. Deste xeito, o Náutico dominou con absoluta solvencia os dous primeiros
parciais, dando mostra da trascendencia e vitalidade de acadar un contundente
triunfo. E así foi, en menos dunha hora de xogo o Náutico cumpría sobradamente
co seu cometido. Non se podía facer máis, tocaba agardar polos resultados en
San Sadurniño e Badaxoz. Desafortunadamente, a derrota por 3-2 de Playas
del Médano non era suficiente e un 3-1 para Hotel Río Carnaval Badajoz contra o
Club Vigo Voleibol deixaba ao Náutico sen opcións copeiras para este ano. Como
nota positiva do encontro, ademais do triunfo, salientar o debut do cadete Daniel
Olveira. Polo Náutico Boiro Voleibol xogaron: Iván S., Xián P., Cristóbal A.,
Gabriel Del C., Mario I., Pablo S. e Adrián A. (líbero). Como reservas
actuaron: Ismael M., Daniel O., Germán R., Fran D. e Manuel A.
CALDARIA VOLEYOURENSE 3-2 JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(22-25, 25-17, 22-25, 25-9, 15-11)-(1ª Div. Aut. Sénior Feminina)
O Náutico acaba o ano na 5ª posición |
(22-25, 25-17, 22-25, 25-9, 15-11)-(1ª Div. Aut. Sénior Feminina)
ASESORES VILA CASTRO (OURENSE) 0-3 JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(24-26, 21-25, 28-30)-(1ª Div. Aut. Sénior Masculina)
ASESORES VILA CASTRO (OURENSE) 3-1 JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(25-17, 25-23, 21-25, 25-22)-(1ª Div. Aut. Xuvenil Masculina)
O JEALSA cae en Ourense |
Partido igualado e pouco vistoso o disputado a mañá do pasado sábado no Pavillón de A Farixa, que supoñía a segunda derrota consecutiva da nosa sección xuvenil masculina nesta tempada 2015/2016. Sen lugar a dúbidas, non foi o mellor día do JEALSA. Erráticos e adormecidos, os nosos cedían por un claro 3-1 contra o 3º clasificado desta 1ª DivisiónAutonómica Xuvenil Masculina, o Asesores Vila Castro de Ourense. A tónica do partido foi constante, marcada polas imprecisións de ambos equipos e unha friaxe que se plasmaría no desenrolo do encontro. Así pois, cun escenario como o presentado, non resulta complicado augurar quen foi o gañador final: o que menos errou. Neste caso, por desgraza para os nosos, serían os locais os que se levarían definitivamente o encontro. Con este resultado, o JEALSA sitúase na cuarta posición da liga a tan só dous puntos do líder, o Voleibol Dumbría. Non hai dúbida de que estamos ante unha das competicións máis igualadas do volei autonómico, cuxo desenlace se esboza canto menos incerto e axustado. Polo JEALSA Boiro Voleibol xogaron: Ismael M., Daniel O., Christopher R., Lois V., Gabriel S., Félix R. e Darío O. (líbero). Como suplentes actuaron: Rubén M. e Iván G. (2º líbero).
CVO FOLLOW US TV (OURENSE) 3-0 JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(25-16, 25-15, 25-7)-(1ª Div. Aut. Xuvenil Feminina)
ASESORES VILA CASTRO (OURENSE) 0-3 JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(20, 25, 14-25, 17-25)-(1ª Div. Aut. Cadete Masculina)
AS MARIÑAS OLEIROS 2-3 JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(28-26, 23-25, 18-25, 25-18, 12-15)-(1ª Div. Aut. Cadete Feminina)
ASESORES VILA CASTRO (OURENSE) 1-3 JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(14-25, 24-26, 25-20, 24-26)-(1ª Div. Aut. Infantil Masculina)
MANUELA RIAL MOUZO 3-0 JEALSA BARRAÑA VOLEIBOL
(25-1, 25-8, 25-5)-(1ª Div. Aut. Infantil Masculina)
MANUELA RIAL MOUZO 0-3 JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(15-25, 12-25, 20-25)-(2ª Div. Aut. Infantil Feminina)
Ningún comentario:
Publicar un comentario