domingo, 2 de novembro de 2014

O NÁUTICO NON MOSTRA O SEU NIVEL E CAE ANTE CV MEDITERRÁNEO POR 0-3:

NÁUTICO BOIRO VOLEIBOL 0-3 CV MEDITERRÁNEO DE CASTELLÓN
(21-25, 24-26, 18-25)-(Superliga 2 Masculina)

Como outras tantas veces, ¡levantaranse!
O Náutico non puido impedir que os tres puntos en xogo ante o CV Mediterráneo fuxisen irremediablemente do polideportivo de A Cachada. Foi un encontro marcado polo baixo acerto ofensivo dos de Emilio Palacio e polos erros non forzados en varias facetas do xogo. O servicio boirense tampouco era o de outras citas e o potencial ofensivo dos castellonenses de contado saía a escea da man dos irmáns Monfort. Javier (14 puntos) tivo unha actuación máis que destacada en servicio onde conseguíu 3 aces e un bo puñado de accións onde a recepción boirense non era quen de enviar o esférico en condicións óptimas ó seu colocador. Vicente pola súa banda era o xogador máis destacado do CV Mediterráneo en ataque onde cos seus 12 puntos de remate (50% de acerto) superaba unha e outra vez ó entramado defensivo branquiazul. Malia este panorama o Náutico non lle perdeu a cara ós dous primeiros parciais onde se chegaba cunha igualdade máxima ós puntos decisivos dos mesmos. Era no segundo set cando chegaba o momento clave do encontro. Os boirenses dispoñían dunha pelota de set que poñería as táboas no luminoso pero non souberon pechar. Os de Santi López non dubidaron e aproveitáronse de dous erros locais para poñer unha pedra demasiado pesada sobre as costas dos nosos. No terceiro xogo o Náutico, alicaído, remaba sempre a contracorrente e non podía impedir que un serio rival marchase coa vitoria do noso feudo. Toca repoñerse canto antes e afrontar o próximo encontro, tamén en Boiro, ante Intasa San Sadurniño con enerxías renovadas. Consulta a estadística do encontro aquí. Polo Náutico xogaron: Iván S., Narciso A., Cristóbal Á., Gabriel del C., Mario I., Emilio P. e Adrián A. (líbero). Como suplentes estaban Ismael M., Germán R., Gustavo R., Jesús V. e Miguel V.

ZALAETA 3-1 JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(25-19, 25-16, 23-25, 25-19)-(2ª División Autonómica Feminina)

O JEALSA senior feminino móstrase irregular
Mal partido o xogado polo noso primeiro equipo feminino no Instituto Zalaeta coruñés. Sen ningún lugar a dúbidas a recepción foi o talón de aquiles das de Mario Iglesias, incapaces de elaborar xogo ofensivo case que en ningún momento do encontro. Certo é que o nivel do servicio herculino estaba por riba da media desta Liga Autonómica pero as receptoras do JEALSA non rendiron ó nivel que nos teñen acostumados. Duro o revés sufrido trala recuperación da semana pasada ante o XAV Cambados. Toca traballar duro e volver a recuperar as sensacións para recibir o próximo domingo na Cachada ó líder da categoría, o Caldaria Voleyourense. Tódolos resultados da xornada na 2ª División Autonómica neste enlace. Polo JEALSA xogaron: Laura M., Mariana D., Melissa N., Rebeca G., Katy S., Noelia D. e Paula R. (líbero). Como reservas estaban María T., Cristina F. e Xiana R.


ZALAETA 3-0 JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(25-14, 25-14, 25-6)-(Liga Galega Xuvenil Feminina)

SANTA MARÍA DEL MAR 0-3 JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(21-25, 20-25, 19-25)-(Liga Galega Cadete Masculina)

JEALSA Cadete Masculino 2014-2015
Suma e sigue para os nosos cadetes na Liga Galega na que, trala do outro día no Colexio Santa María do Mar, xa acumulan tres vitorias consecutivas. Foi un encontro dominado polo JEALSA malia non mostrar a súa mellor versión. O risco asumido no servicio por parte dos boirenses leváballes a cometer un bo puñado de erros dende a liña. A destacar a aportación ofensiva do receptor Pablo Nieto e do oposto Daniel Olveira, mantendo ó longo de todo o choque unha elevadísima porcentaxe de acerto en ataque. A vindeira semana o Asesores Vila Castro de Ourense visita A Cachada, a traballar duro para que esta magnífica xeira siga intacta. Consulta neste enlace os outros resultados na LGCM. Polo JEALSA xogaron: Rubén M., Daniel O., Pablo N., Darío O., Christopher R. e Gabriel S. Como reservas agardando unha oportunidade atopábanse Álex V., Pablo D., Álvaro P. e Manu T.

LICEO 2-3 JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(25-21, 23-25, 26-24, 9-25, 12-15)-(Liga Galega Cadete Feminina)

O bloqueo-defensa, salvavidas do JEALSA en Coruña
Vitoria no tie-break das cadetes ante un Liceo que ata o sábado permanecía invicto no que vai de Liga Galega. Foi o partido máis serio das de Emilio Palacio desde que comezou a actual temporada. Os tres primeiros sets foron de máxima igualdade onde as coruñesas se adiantaban pola mínima gracias ós ataques das súas potentes centrais. Foi na cuarta manga cando as boirenses atoparon o punto de inflexión que estaban a buscar. O bloqueo-defensa das nosas comezou a carburar e as herculinas xa non atopaban a maneira de puntuar en campo boirense. A efectividade nos remates de contraataque dáballe ó JEALSA os dous puntos dunha traballadísima e importante vitoria. Consulta aquí tódolos resultados da xornada na LGCF. Polo JEALSA xogaron: Lea G., Ada V., Lía V., Laura O., Paula V., Alejandra M. e Irea T. (líbero). Como suplentes estaban Verónica P. e Laura L.

LICEO B 3-0 JEALSA BOIRO VOLEIBOL
(25-1, 25-8, 25-4)-(Liga Zonal Infantil Feminina)

As nosas infantís debutaron en competición oficial
Derrota en tres sets do recén nacido equipo infantil feminino do Boiro Voleibol no encontro da estrea das de Emilio Palacio no xogo de 6 VS 6. A falta de ritmo no servicio das nosas, sumada ó acerto que as coruñesas tiveron nas súas rotacións de saque desnivelaban de xeito claro un encontro no que Liceo B tivo en todo momento a iniciativa. As dificultades en recepción das boirenses impedían construir accións ofensivas que puideran danar a defensa herculina. Como nota positiva do encontro queda o debut en competición oficial das máis pequenas da sección feminina do clube. Con traballo mellorarán día a día, ánimo rapazas. Coñece o transcurso desta Liga Zonal Infantil Feminina premendo aquí. Polo JEALSA Infantil Feminino xogaron: Sara O., Lidia F., Laura N., Laura P., Lucía S. e Alejandra T. Como reservas estaban Miriam A., Uxía A., Priscila F., Cristina N. e Mara V.

Ningún comentario: