luns, 5 de agosto de 2013

EMMA ORDÓÑEZ PASARÁ A FORMAR PARTE DA SELECCIÓN ESPAÑOLA:

O entorno do Boiro Voleibol volve a estar de noraboa. Despois das boas novas que xurdiron nos últimos tempos ó redor da nosa entidade estamos encantados de facer público un segredo a voces froito dun traballo de canteira ben feito e dunha aportación familiar óptima. Unha das nosas, Emma Ordóñez Lojo (Boiro, 28/2/1999) seguirá os pasos do seu veciño Pablo Bugallo e incorporarase no próximo mes de setembro á disciplina da selección española, na súa concentración permanente con sede na cidade castelá-leonesa de Soria. Alí compaxinará estudos e adestramentos de tecnificación para explotar todo o seu talento. A oportunidade chega á vida de Emma despois de participar de xeito consecutivo nas dúas últimas edicións do Campionato de España de Seleccións Autónomas coa selección galega infantil, proclamándose subcampioa na edición do ano 2012 en Lloret de Mar ó lado da tamén boirense e compañeira de equipo Ana Bugallo. Destacando pola súa versatilidade e polivalencia no terreo de xogo e chamando a atención dos técnicos responsables do combinado nacional, Emma di estar "moi ilusionada e con moitas gañas" de afrontar o reto que se lle presenta ás ordes de José Miguel Serrato e Begoña Saenz. Ademais dunha estudante modélica, dende moi cativa destacou polas súas actitudes e aptitudes hacia a práctica do voleibol polo que estamos completamente seguros de que aproveitará ó 100% esta nova aventura que a pode levar a competir a nivel internacional. Os seus adestradores (primeiro nas Escolas Deportivas Municipais apoiadas polo Concello de Boiro e despois nas categorías inferiores do Boiro Voleibol) de contado foron conscientes do potencial desta xogadora que, en menos dun mes preparará as maletas e homenaxeará a Gabinete Caligari e o seu "Camino Soria". ¡Parabéns Emma!

6 comentarios:

Jesus_pivot dixo...

Noraboa Emma, todo o club era consciente de que que esto tiña que chegar. Disfruta moito desta oportunidade, a xuventude e o talento desde pobo vai contigo.

Gus dixo...

Moi boa oportunidade.
Deixa o pabellón ben alto!!!!

apertas!!!!
e seguro que vas facer moi ben

Adrián Alves dixo...

Felicidades Emma, aproveita cada segundo!

mei dixo...

Enhorabuena Emmiis!! Ahora a disfrutaar muchoo y a curraar como tu sabes! Mantennos informados de tus éxitos y visitanos siempre que puedas! ;) un superabrazoo y felicidadess!!

farrucox dixo...

Con traballo a reo e unha pinga de sorte, vas a ter moitas oportunidades. Desfruta por riba de todo e goza da ocasión. Ímoste seguir apoiando

Andrés "Araña" dixo...

Que grande eres pequeña. Sin duda aprenderás mogollón, pero sobre todo disfrútalo al máximo. Eres un orgullo para todo el club y nosotros supercontentos con este paso que das. Esa Emma como molaaa... Un besazo enorme y un abrazo grande a tu fámilia, que ahí estará apoyándote a muerte. ENHORABUENAAAA