Espectacular salto de Emilio Palacio ante o CV Mediterráneo |
Non puido ser e á terceira non foi a vencida. Un desafortunado arranque de torneo onde os de Emilio Palacio caían por un axustadísimo 3-2 (23-25, 25-15, 25-13, 21-25, 13-15) ante o que a posteriori sería o campión da fase de ascenso (CV Mediterráneo de Castellón) marcaba a andaina dos boirenses nesta fase final da 1ª División Nacional. Este primeiro encontro, que tamén servía para inaugurar o evento, puido ter un desenlace ben diferente si os de Emilio Palacio soubesen aproveitar unha clara renda no primeiro set de 23-20 que os castellonenses souberon remontar gracias á extraordinaria actuación do seu receptor internacional xuvenil Óscar Prades. Cos ánimos moi tocados e coa gasolina xusta despois duns intensos cinco sets chegaba o encontro contra VP Madrid, que coas pernas descansadas afrontaban o seu primeiro partido deste play-off. Foi un choque igualado no que o cansancio foi unha muralla infranqueable para os nosos e que se saldaba cun 3-1 desfavorable. Xa sen opcións de entrar nas semifinais o Náutico medíase na loita polo 5º-6º posto ante un vello coñecido, o Universidade de Valladolid. O dominio dos nosos foi claro, demostrando unha enteireza enorme tras o duro revés sufrido na xornada precedente e doblegando ós castelánleoneses por 3-1. As vacacións chegan ó seo do primeiro equipo masculino tras unha tempada que trouxo o 3º título ligueiro e que, a espera das prazas dispoñibles na vindeira edición da SM-2, podería significar o ascenso do Náutico á categoría de prata do voleibol español. Unha vez máis, bo traballo e gracias pola vosa adicación e compromiso rapaces.
1 comentario:
Outra vez...
Non puido ser... NON,
peor, puido ser e non foi!!!
Hai que dar ese pasiño que falta!!!
Descanso e volta ó traballo,
hai que seguir medrando!!!!
Visto o visto alí, teño/temos moita sorte de xogar neste equipo!!!!
APERTAS A TODOS!!!!!!!!!!!!!
Publicar un comentario