domingo, 20 de xaneiro de 2013

RESULTADOS DA XORNADA NA QUE O NÁUTICO CEDE O LIDERATO DA 1ª DIVISIÓN:

FISIOTERAPIA CINESIA NOIA 3-0 NAVALES CHICOLINO BOIRO VOLEIBOL
(25-8, 25-12, 25-15)-(Liga galega infantil feminina)

As infantís perecen ante o servicio noiés
Derrota do Navales Chicolino Boiro Voleibol neste derbi rexional ante as noiesas do Fisioterapia Cinesia. Malia derrota pódese dicir que as de Emilio Palacio e Andrés Martínez fixeron un bo papel contando coa baixa da súa xogadora franquicia, Emma Ordóñez, que se atopaba disputando nese mesmo momento o encontro xuvenil. As xeiras en servicio que conseguían manter e prolongar cada vez máis algunha das xogadoras locais poñían moi difícil a construcción do xogo boirense e salvagardaban os dous puntos en peto das noiesas. Tras esta derrota as nosas atópanse na 11ª posición desta liga galega, a tan só unha vitoria das cambadesas do XAV. A vindeira semana complicada misión. Viaxe a Pontevedra para medirse ás 4ª clasificadas que xa se levaron de Barraña o encontro de ida. Ánimo rapazas. Polo Navales Chicolino xogaron: Ada, Lía, Marta, Paula, Irea e Lea. Como reservas atopábanse Vera, Laura Olveira, Luciana, Laura Piñeiro, Celia e Carla.

FISIOTERAPIA CINESIA NOIA 1-3 INGENIERÍA TRAZOS BOIRO VOLEIBOL
(25-18, 20-25, 19-25, 22-25)-(Liga galega cadete feminina)

Paso de xigante cara a permanencia
Importantísimo triunfo das cadetes do Ingeniería Trazos Boiro Voleibol no seu camiño para manter a permanencia na liga galega derrotando a un rival directo co que agora empatan na clasificación na 10ª posición. O encontro non comezaba ben para as nosas. Os erros en ataque do Ingeniería Trazos permitíalles ás locais situarse por diante no luminoso e poñer costa arriba a faena. Desde este momento puidose ver un choque bastante igualado, cun xogo non moi bo por parte das nosas pero si moi efectivo. A superioridade en ataque do dúo formado por Emma Ordóñez e Ana Bugallo fixeron que os tres seguintes parciais e os dous puntos da vitoria viaxasen ata Boiro. A próxima fin de semana vivirase outro partido vital na loita por evitar o descenso onde as branquiazuis viaxarán a Pontevedra coa intención de voltar co triunfo. Polo Ingeniería Trazos xogaron: Emma Ordóñez, Lía Villar, Claudia Pinaque, Sara Lojo, Lea Gatbache, Ana Bugallo e Ángela Alves (líbero). Irea Triñanes, Marta Segade e Paula agardaban unha oportunidade.

FISIOTERAPIA CINESIA NOIA 2-3 O SECRETO BOIRO VOLEIBOL
(18-25, 18-25, 25-14, 25-21, 13-15)-(Liga galega xuvenil feminina)

A actuación defensiva pon a salvo o derbi xuvenil feminino
Axustada vitoria do xuvenil feminino nun tie-break resolto  con bastante tensión. O Secreto de contado se puxo cun tanteador favorable (0-2), sen cometer erros e demostrando un xogo efectivo. A partir de ahí as boirenses baixaron considerablemente o seu nivel. Os erros en ataque sumados á ausencia de presión que agora sentían as noiesas xogaron en contra das de Emilio P. e Narciso A. que vían como o Fisioterapia Cinesia igualaba e enchía de incertidume o desenlace do choque. Os folgos voltaban ás boirenses no inicio do 5º, onde chegaron a situarse 3-10 no luminoso. Os erros e o nerviosismo volverían a equilibrar a balanza pero a vitoria viaxaría cara Boiro apoiada nunha gran actuación defensiva de todo o equipo en xeral e de Sheila Outeiral en particular. Por O Secreto xogaron: Sara Bugallo, Ana Bugallo, Emma Ordóñez, Katy Sampedro, Melissa Novoa, Alejandra Galbán e Sheila Outeiral (líbero). Tamén xogaron Sheila Pouso, Claudia Pinaque e Sara Lojo.

FISIOTERAPIA CINESIA NOIA 1-3 TRILLIZOS BOIRO VOLEIBOL
(9-25, 25-22, 18-25, 20-25)-(Liga galega xuvenil masculina)

O Trillizos domina o derbi xuvenil masculino
Cómoda vitoria do equipo xuvenil masculino neste derbi comarcal correspondente á 14ª xornada da liga galega. Malia contar coa baixa do seu xogador máis veterano, Dani Sieira, conseguiron os de Adrián Alves derrotar ós noieses sen maiores atrancos e situarse a tan só unha vitoria da 4ª praza que dá opción a disputar o play-off da competición. O encontro comezaba cun claro dominio branquiazul, moi atinado dende a liña dos 9 metros e cunha construcción sobresaínte. Esta sería a tónica de case que todo o choque excepto no segundo parcial onde o Fisioterapia Cinesia se aplicou en maior medida para empatar o encontro. Tras este tropezo momentáneo o Trillizos retomaría a iniciativa e xa non sacaría o pé do acelerador ata rematar a contenda. Polo Trillizos xogaron: Ismael Martínez, Fran Dieste, Alfonso Rey, Dani Gey, Xian Pérez, Lois Vázquez e Adrián Outeiral (líbero). Como reservas estaban Daniel Vázquez, Óscar Refojo e Abel Sánchez.

FISIOTERAPIA CINESIA NOIA 3-0 REDESYL BOIRO VOLEIBOL
(25-14, 25-14, 25-18)-(2ª división autonómica masculina)

O Redesyl tropeza ante o líder da 2ª división
Derrota en tres sets do equipo filial masculino ante o líder invicto da 2ª división autonómica. Trala convocatoria de varios dos seus xogadores co primeiro equipo no desprazamento a Oviedo, plantáronse os de Adrián Alves no Alonso Rodríguez con tan só tres xogadores en idade sénior e coa intención de facerlles pasar un mal rato ós noieses. Cabe destacar o bo xogo e as gañas que demostraron os noveles xogadores boirenses ante un conxunto superior en ataque e saque. Os sets comezaban con moita igualdade, incluso a veces baixo o dominio dos nosos que, co transcurso dos puntos, vían como a veteranía e a superior condición física actual do cadro de Manu Rodríguez tomaban a iniciativa para anotarse os parciais e poñer a salvo os tres puntos da vitoria. Polo Redesyl xogaron: Ismael Martínez, Fran Dieste, Xian Pérez, Juan Outeiral, Alfonso Rey, Miguel Lorenzo e Abel Sánchez (líbero). Como reservas atopábanse Andrés Martínez, Dani Gey, Lois Vázquez e Adrián Outeiral.

SALUS VOLEIBOL OVIEDO 3-0 NÁUTICO BOIRO VOLEIBOL
(25-21, 25-20, 25-21)-(1ª división nacional masculina)

Un mermado Náutico perde o liderato en Oviedo
Clara e merecida derrota dos homes que dirixe Emilio Palacio neste desprazamento a terras asturianas para medirse ó Salus Voleibol Oviedo. Coas importantes baixas de Cristóbal Álvarez, Manuel Pérez, Narciso Abalo e o propio Emilio Palacio por lesión afrontaban os boirenses un complicado encontro no que os locais desactivaron por completo o caudal ofensivo dos branquiazuis. O choque comezaba igualado ata o 14-16 favorable para os nosos. Neste momento o nivel do ataque boirense caíu en picado e os xogadores asturianos aproveitaron os numerosos erros do Náutico para pechar a manga sen maiores atrancos. O segundo set comezaba coma o primeiro. As táboas persistían aproximadamente ata o ecuador do mesmo onde de novo ós boirenses lles custaba sangue, súor e lágrimas puntuar. A defensa ovetense atopábase extremadamente cómoda ante o previsible xogo barbanzano e apoiando nas costas dun dos seus receptores case que a totalidade do seu xogo de ataque conseguían de novo os locais anotarse outro parcial para desequilibrar claramente a balanza deste encontro no seu favor. Emilio moveu as pezas do puzzle branquiazul en repetidas ocasións para tentar de atopar un plan de xogo que lles permitise puntuar con maior facilidade pero non foi posible. Os erros non forzados condearon a un Náutico que vía como un combativo Salus lle arrebataba o liderato da 1ª división nacional ó tempo que o Universidade de Valladolid vencía en San Sebastián ó Bera Bera por un claro 0-3. Os vallisoletanos, que agora aventaxan ós boirenses en un punto, visitarán o vindeiro sábado A Cachada para dirimir un choque vital de cara as aspiracións ligueiras dos nosos. Polo Náutico xogaron: Iván Souto, Miguel Vázquez, Xavier Sarille, Gustavo Romero, Mario Iglesias, Jesús Vázquez e Adrián Alves (líbero). Tamén xogaron Rubén Taibo, Diego Romero, Adrián Armental e Antón Pérez.

2 comentarios:

Adrián Alves dixo...

Non hai escusa. O rival foi mellor e nin moito menos hai que escudarse nas baixas para xustificar o horroroso partido de onte. Os xogadores que viaxamos a Oviedo tiñamos nivel de sobra para volver á casa cos 3 puntos e non o fixemos. Agora a levantar o ánimo que non hai tempo para lamentos. Para a semana UVA visita A Cachada e temos que dar a cara diante dos nosos. Vamooooosssssss!

Parabéns tamén ós equipos que se desprazaron a Noia para plantar batalla e facer favorable o tanteador xeral dos derbis. Grandes!

P.D.: Saúdos a tódolos mancados, vaia racha que levamos este ano en tódolos equipos. Ogallá xa teñamos tocado fondo en canto a lesións se refire. Ánimo!

¡¡¡FORZA BOIRO VOLEIBOL!!!

Jesus_pivot dixo...

Duele, estamos muy poco acostumbrados a perder con equipos de un suepuesto nivel inferior, pero ocurrió, hay que aprender todo lo que se pueda del partido y sobre todo ganar el porximo sabado y volver a coger distancia y el primer puesto. Come On Boys.
Buen debut de Diego Romero y de Adrian Armental esta temporada.