venres, 2 de novembro de 2012

RESULTADOS DA XORNADA, O NÁUTICO COMEZA O ASALTO Á TRIPLE COROA:

TRILLIZOS BOIRO VOLEIBOL 0-3 CLUB VIGO VOLEIBOL
(15-25, 24-26, 13-25)-(Liga galega xuvenil masculina)

Gran aportación de Lois Vázquez trala lesión de Dani Sieira
Derrota en tres sets do Trillizos nun encontro no que, a pesar do resultado, as sensacións foron por momentos moi boas. Presentábase en Barraña un dos grandes favoritos para acadar o título autonómico xuvenil como é o Club Vigo Voleibol. Os olívicos, no comezo do encontro, alimentábanse dos erros en servicio dos boirenses que, trala lesión do seu capitán e receptor Dani Sieira no terceiro punto do choque, mostraban unha cara insegura e falta de confianza. Tralo descanso puidemos ver a mellor cara dos nosos. Baseándose nun ordeado bloqueo-defensa os boirenses situábanse durante todo o set por diante no luminoso cunha ampla vantaxe (15-9, 22-17). Cuns inspirados en ataque Lois Vázquez, Xián Pérez e Fran Dieste a vitoria parcial parecía moi preto chegado o desenlace do set no que se tiveron ata 3 oportunidades de triunfo parcial. O saber facer dos vigueses dende a liña de saque e o nerviosismo dos nosos impediron que o empate chegase ó Municipal de Barraña. No terceiro e derradeiro o Trillizos baixou os brazos. Encaixar a derrota nun set que se tiña moi ben encamiñado foi demasiado. Os vigueses mostraron que son un gran equipo e cun excelente servicio impedían a reacción local. Polo Trillizos xogaba: Ismael, Fran, Xian, Dani Sieira, Alfonso, Óscar e Abel (líbero). Como reservas estaban Dani Vázquez, Lois, Dani Gey e Naji. Desexámoslle unha pronta recuperación a Dani Sieira. Todos agardamos que volva co equipo de contado.


STA. Mª DEL MAR 2-3 REYCA BOIRO VOLEIBOL
(25-23, 20-25, 23-25, 25-16, 10-15)-(Liga galega infantil masculina)

Os infantís conseguen a súa primeira vitoria da tempada
O viaxe á Coruña e o madrugón do sábado deixaba a estrea no casilleiro de vitorias da xeración máis nova da sección masculina do club neste seu primeiro ano en competición oficial. Foi un encontro de ida e volta, onde a constancia no servizo permitía a ámbolos dous equipos ir alternando o dominio entre set e set. O saber facer dos nosos pequenos no tie-break permitía levar cara a Boiro os dous puntos da vitoria. O Reyca demostrou un aumento na súa madurez defensiva, sendo capaces de adaptar o seu esquema á lucidez do equipo contrario para atacar balóns de dedos, en moitos casos por sorpresa ó segundo toque. Cabe destacar a aportación dende a liña de saque de Rubén Martínez, axudando ó seu equipo a pechar o primeiro triunfo da tempada e demostrando que estamos ante unha gran fornada de xogadores. Polo Reyca xogaban: Rubén Martínez, Darío Outeiral, Daniel Olveira, Gabriel Seijas, Christopher Rodríguez e Pablo Nieto.

BIG MAT SUEIRAS SAN SADURNIÑO 3-0 TRILLIZOS BOIRO VOLEIBOL
(25-19, 25-13, 25-12)-(Liga galega xuvenil masculina)

As lesións, protagonistas na fin de semana do Trillizos
Improductiva visita do equipo xuvenil masculino a terras ferrolanas para enfrontarse a un dos favoritos na súa competición. O Trillizos en ningún momento conseguíu tomarlle o pulso ó encontro. Os de San Sadurniño, que dende a liña dos 9 metros impedían a construcción do xogo boirense, anotábanse plácidamente un encontro no que os nosos seguían incorporando efectivos á enfermería do club. Á baixa coñecida de Dani Sieira, sumábanse tamén as do colocador Daniel Vázquez e a do central Alfonso Rey que na mañá de sábado sufrían sendos esguinces de nocello. As circunstancias que rodeaban ó encontro e o xogo do rival eran demasiado para os xuvenís que deberán seguir traballando para achegarse ós mellores da competición. Polo Trillizos xogaban: Ismael Martínez, Fran Dieste, Alfonso Rey, Óscar Refojo, Xian Pérez, Lois Vázquez e Abel Sánchez (líbero). Tamén xogaron Daniel Vázquez, Dani Gey e Adrián Gatbache.

LANCER ZENALE SAN SADURNIÑO 3-1 REDESYL BOIRO VOLEIBOL
(25-13, 25-21, 22-25, 25-17)-(2ª Div. Autonómica masculina)

Xavier Sarille exerceu de líder para os máis novos
Derrota do filial masculino na súa visita a unha cancha complicada como sempre é o Municipal de San Sadurniño. Comezaba o encontro cos locais moi ordeados en defensa e convertindo en punto cada opción de contraataque que se lles presentaba. O bloqueo boirense era incapaz de deter ós xogadores de banda ferrolanos que unha e outra vez enviaban o esférico ó chan. A situación mermaba anímicamente ó Redesyl pero no descanso a cara dos nosos mudou. Remolcados por un inspirado Xavier Sarille, os boirenses encontraron o rumbo que debían seguir para poder plantar cara ó que seguramente sexa o mellor equipo da categoría. Baixo a dirección do colocador cadete Ismael Martínez os boirenses pelexaban ata o tramo final o segundo xogo no que a defensa local salvagardaba a vitoria parcial para os seus. No terceiro puidose ver a mellor versión dos nosos. Antón Pérez afinaba o bloqueo branquiazul e os atacantes de banda barbanzanos conseguían facer dano ós de Eloy Mahía. Tras dominar con claridade todo o xogo os de San Sadurniño achegábanse  finalmente no luminoso para rematar con 22 puntos no seu casilleiro. As sensacións persistían no 4º. Alternativa para un e outro bando que se vería quebrada de novo pola excelente capacidade defensiva dos locais e o seu posterior repertorio de réplica abrindo o bloqueo do noso filial. Polo Redesyl xogaban: Ismael Martínez, Diego Romero, Miguel Lorenzo, Antón Pérez, Alén García, Xavier Sarille e Adrián Armental (líbero). Tamén o facían Xian Pérez, Juan "Mande", Fran Dieste e Óscar Refojo

ZALAETA 3-0 INGENIERÍA TRAZOS BOIRO VOLEIBOL
(25-12, 25-9, 25-15)-(Liga galega cadete feminina)

As infantís Irea, Marta, Emma, Lea e Paula titulares coas cadetes
Complicadísima saída a que afrontaba o noso equipo cadete feminino á cidade herculina para medirse ó Zalaeta ás 12:30h. do sábado. Á calidade do rival sumábase a lista de baixas coas que Emilio Palacio debía afrontar o encontro. Cinco eran as xogadoras en idade infantil que formaban de inicio co Ingeniería Trazos e que debían suplir ausencias tan destacadas como as da receptora Ana Bugallo ou a da central Antía Sampedro. Dende o comezo do encontro xa non houbo historia. O potente servizo coruñés impedía a construcción das nosas que, malia non ter opcións de triunfo, plantaron cara tendo en conta a extrema xuventude boirense sobre a cancha. Non queda outra opción que a paciencia e o traballo. Co paso dos das semanas os preparadores irán recuperando efectivos e de seguro que os resultados volverán a acompañar. Moito ánimo rapazas. Polo Ingeniería Trazos Boiro Voleibol xogou: Emma, Lea, Paula, Marta, Sara, Claudia e Irea (líbero).

ZALAETA 3-0 O SECRETO BOIRO VOLEIBOL
(25-12, 25-7, 25-9)-(Liga galega xuvenil feminina)

O Secreto non puido facer fronte a unha das favoritas
Clara derrota a que encaixou no Instituto de Zalaeta o xuvenil feminino. A superioridade do rival quedou patente dende os primeiros compases do encontro onde a recepción de O Secreto non era quen de dar resposta ó excelente saque herculino. A maior experiencia e saber facer das de Jorge Barrero sería suficiente para levarse pola vía rápida un encontro no que as nosas pouco podían facer para poder traer boas novas. Co saque as nosas tampouco conseguían danar o xogo das locais, que deixaban en mans das súas centrais os puntos máis espectaculares da xornada. A mediciña para curar esta ferida semella ser similar á recetada con anterioridade para o equipo cadete: unha boa dose de traballo e paciencia para ir recuperando ás compañeiras mancadas. Por O Secreto xogaban: Sara Bugallo, Emma, Melissa, Alejandra, Isa, Katy e Sheila Outeiral (líbero). Como reservas estaban Sheila Pouso, Andrea, Claudia e Sara Lojo.


NÁUTICO BOIRO VOLEIBOL 3-0 C.U.V. ALCORCÓN
(25-21, 25-13, 25-13)-(1ª Div. Nacional masculina)

Mario Iglesias ataca un balón ante o boqueo madrileño
Inmellorable inicio de liga para o noso primeiro equipo na tarde do sábado ante os madrileños do CUV Alcorcón. Dende o comezo do choque xa deixaba claro o Náutico que o rival tería que estar moi atinado para poder levarse de Rianxo un resultado positivo. Un parcial de 6-0 gracias á mestría do colocador boirense Iván Souto dende a liña de saque, daba o pistoletazo de saída á carreira dos bicampións da 1ª Nacional nesta 2012-2013. Durante todo o encontro a presión do servizo branquiazul facía efectivo un dos puntos fortes dos nosos, o contraataque. Tan só na segunda metade do primeiro set os madrileños conseguían reducir distancias no luminoso aproveitando os erros cometidos polos locais. No segundo xogo os de Emilio Palacio recuperaban a concentración do inicio do partido. Especial mención merece a capacidade do Náutico no complexo bloqueo-defensa, aspecto que, impulsado por un excelente servicio, eleva á máxima potencia o porcentaxe de acerto dos nosos neste campo. No terceiro e derradeiro o panorama era similar. Non se conformaban os boirenses co mostrado minutos antes e cerraban o encontro intentando manter unha intensidade que lles permita seguir crecendo no seu xogo. Estes primeiros 3 puntos alzan ó Náutico ó liderato da 1ª División nacional masculina, feito que malia ser virtual por ter pasado tan só unha xornada, leva a ledicia ó club nestes tempos de exilio rianxeiro. Polo Náutico xogaban: Iván Souto, Narciso Abalo, Jesús Vázquez, Mario Iglesias, Cristóbal Álvarez, Manuel Pérez e Adrián Alves (líbero). Como reservas estaban Rubén Taibo, Gustavo Romero, Antón Pérez, Emilio Palacio e o xuvenil Fran Dieste.

7 comentarios:

Adrián Alves dixo...

Non foi o mellor fin de semana posible. As derrotas e o que é o peor as lesións marcan esta xornada. Ánimo para Sieira, Alfonso e Vázquez. Que non sexa nada.

Quero felicitar públicamente a Antón "Balboa" e Xavi porque a pesar da súa xuventude esfórzanse en liderar e guiar ós xogadores máis novos do club nos encontros a medida que eles mesmos seguen medrando como xogadores. Sácome o sombreiro con vós. Agradecerámvolo no futuro.

¡¡¡FORZA BOIRO VB!!!

Narciso dixo...

Que lle suban a rede a Mario, vai matar a alguen.

Vamos Sarille!!!! os jabalis tamen nadan xdddd

Gus dixo...

Ánimo ós lesionados, o importante non é ás veces que caias, é as veces que te levantas!

As derrotas, se se segue traballando, convértese en victorias.

CUVA... fun voando e volvín polo aire!!!

Anónimo dixo...

Que alguien me diga cpomo la banda esta le metio un set a Sansa B. Ya podeis hacerle una estatua a chichp pq le toca bailar sin duda con la mas fea Jjajajajjaja que viva el percal!

Eloy dixo...

Noraboa Chicho a crónica e moi acertada e grazas polo que nos toca. Por outra banda ratificar as felicitacions que fas no primeiro comentario, nestas dúas derradeira tempadas houvo poucos equipos que perdendo dous cero na nosa casa demostraran o pundonor suficente pa levantar o partido e vos fixéstelo e si dende logo, moi ben liderado por Xavi e Antón. Os que pelexamos nestas categorías con xente xoven sabemos da importancia e necesidade da implicación e compromiso desta xente un pouco mais veterana.
Sinto moito o das lesións, noraboa polo partido en xeral e a ti... pouco que decirche, meu home, o grupo vai na línea de medrar pero iso xa era visto...A seguir dándolle.
Saudos.

.-Eloy

Anónimo dixo...

que volva (xente do boiro voleibol).Entrevistas.

laura_olveira dixo...

forza boiro!!!!!!