martes, 18 de setembro de 2012

O FUTURO DO BOIRO VOLEIBOL NO AIRE:

As alarmas no Boiro Voleibol están encendidas. A falla de menos dun mes para o comezo das competicións oficiais os nosos equipos seguen co seu futuro pendendo dun fío e sen coñecer si van a dispor de instalación para levar a cabo os seus adestramentos e partidos oficiais. Os pais e nais dos rapaces que forman os case que 10 equipos (tanto masculinos como femininos) cos que competirá o noso club mostran día tras día a súa preocupación polo desenlace do problema. O peche do complexo deportivo de A Cachada supón unha forte ameaza para o proxecto de presente e futuro que os técnicos do club teñen plantexado cos máis novos onde, de non solucionarse o problema, ós éxitos acadados nas últimas campañas que inclúen numerosas convocatorias coas seleccións galegas e incluso española veríanse detidos de súpeto traendo consecuencias fatais para o volei boirense. Outro dos grandes perxudicados sería o Náutico Boiro Voleibol. Campión nas dúas últimas edicións da 1ª División do voleibol español e único representante galego desta competición na 2012-2013 non poderá seguir colleitando éxitos diante dos seus incondicionais seguidores xa que A Cachada é o único recinto do Concello de Boiro que, por normativa da Real Federación Española de Voleibol, pode acoller competicións de ámbito nacional. O 3 de novembro comeza a competición para eles. Collado Villalba (Madrid), CUV Alcorcón (Madrid), Universidade de Valladolid, Bera Bera (San Sebastián), CV Oviedo e Universidade de Burgos non pisarán Boiro si o problema non se soluciona. O club xa baralla a opción de desprazarse  a un concello veciño para disputar os seus encontros co primeiro equipo, feito que sería un terrible paso atrás para a cultura de voleibol que estes últimos anos se estaba instaurando entre os afeccionados boirenses. Xente, hoxe esta é a realidade. ¿O futuro? nesta ocasión non está nas nosas mans e ogallá o estivera. Loitaremos.



6 comentarios:

Adrián Alves dixo...

O esforzo e o traballo desinteresado destes últimos anos ameazados por causas alleas ó propio club, que pena.

O proxecto do Boiro Voleibol non se vai a deter. Tan só hai q atopar unha cancha. Si, unha só: non necesitamos dúas artificiais e unha natural en monopolio case que total (como outros). Só pedimos a oportunidade de poder levar a cabo a nosa actividade.

Ánimo a todos compis, agora máis que nunca FORZA BOIRO VB!!!

Manu Noia dixo...

Moito ánimo rapaces, espero que se solucione o problema da Cachada e podades adestrar e xogar na casa. Chicho, é moi triste, pero si este problema o tivese o fútbol, levaría meses solucionado.

Moita sorte!

Anónimo dixo...

chavales,espero que se solucione esto cuanto antes,por el bien vuestro y del voley! Si para no acabar de mala manera teneis que desplazaros un año a otro poli,tiene que ser. Pero ya se sabe en que mundo estamos,quien tiene priviegios y como estan las cosas...
Mucha suerteeee.

CHOLO

anonimo dixo...

Saide a rua, manifestacion! Que non chora non mama!

Emilio dixo...

Hasta cuando se les va a permitir a las empresas privadas decidir si un ciudadano de Boiro puede ir a nadar en su piscina o si un club con cien jugadores y quinientos socios pueda utilizar su pabellón para entrenar y jugar.
Esperemos que esto se solucione pronto y podamos disfrutar de "nuestras" instalaciones. Y que sirva de precedente para no seguir regalando patrimonio público a empresas privadas.

Anónimo dixo...

¡Arriba ese Boiro Voleibol,a Cachada volvera a tremer e vibrar como en epocas pasadas!

¡forza Boiro Voleibol!