xoves, 2 de agosto de 2012

O NÁUTICO XA COÑECE RIVAIS E CALENDARIO DA 2012-2013:

Fase de ascenso 2011-2012
O primeiro equipo do Boiro Voleibol militará un ano máis na 1ª división nacional, competición da que saíu campión as dúas últimas temporadas. Os de Emilio Palacio xa coñecen que equipos participarán na competición de bronce do voleibol español e o calendario que deberán afrontar na 2012-2013. Moitas son as novidades para a próxima campaña, na que o Náutico será o único representante da nosa comunidade nesta categoría. Univ. de Burgos, C.U.V. Alcorcón (Madrid), Univ. de Valladolid, Voleibol Bera Bera (San Sebastián), Collado Vilalba (Madrid) e Salus Voleibol Oviedo acompañarán ós boirenses nesta renovadísima competición que contará con tan só 7 equipos. Os nosos arrancarán a liga regular recibindo ós madrileños de Collado Villalba o día 3 de novembro. Moita sorte rapaces nesta nova aventura, ¡a polo triplete!

1 comentario:

a10 dixo...

7 equipos!!!???? non se supoñía que suprimían a liga FEV para que houbese mais equipos en cada categoria??