xoves, 12 de xullo de 2012

PLANIFICACIÓN DA TEMPADA 2012-2013:

O Boiro Voleibol planifica a 2012-2013
A tempada 2012-2013 xa está no horizonte dos técnicos do Boiro Voleibol, deste xeito estase levando a cabo a planificación da mesma para evitar imprevistos de última hora. Co obxectivo de concretar efectivos de cara a formación dos planteis do próximo ano celebrarase unha xuntanza con tódolos xogadores e xogadoras do club que estén interesados en participar no noso proxecto. A data fixada polo corpo directivo foi a do vindeiro mércores día 18 de xullo ás 20:00h. tendo como esceario da reunión o Centro Social de Boiro (Rúa Principal). Nesta xuntanza tocaranse temas relativos á estructura e confección dos planteis, normativa de clube, datas de arranque dos adestramentos, etc. Correde a voz para que non falte ninguén. Calquera dúbida que teñades podedes consultala cos responsables do club ou neste mesmo foro. Gracias e ¡forza Boiro Voleibol!

2 comentarios:

Gus dixo...

Esto funciona señores, xa sei que cada vez hai máis curro, pero para ser grandes non hai máis remedio!!! Temos que atopar o teito e apuntalalo ben. VÉMONOS O MÉRCORES!!!!

laura_olveira dixo...

aver nos a s pekes dpo boiro xa aparecemos komo portada merecemonos moito a seguir entrenando