mércores, 6 de xuño de 2012

O INGENIERÍA TRAZOS CONVIDADO Ó TORNEO DO CD CONXO:

As cadetes non paran. Este sábado torneo en SdC
O equipo cadete feminino do Boiro Voleibol aínda non deu por finalizada a tempada 2011-2012. Deste xeito, o conxunto que dirixe Emilio Palacio segue a traballar coas miras postas no torneo de verán que as boirenses disputarán no Principado de Andorra a finais deste mes de xuño. Como anel ó dedo para preparar este evento chega unha invitación para participar, este sábado día 9, nunha competición que organiza o CD Conxo para equipos de rapazas en idade cadete. Catro serán os colectivos participantes: CD Conxo, CV Padrón, Fisioterapia Cinesia Noia e Ingeniería Trazos Boiro Voleibol competindo os dous primeiros na semifinal das 10:00h e os dous seguintes na semifinal das 12:00h. No serán, a partires das 16:00h terá lugar a pelexa polo 3º-4º posto e dende as 18:00h  xogarase a gran final. Moita sorte rapazas.

Ningún comentario: