INGENIERÍA TRAZOS BOIRO VB 3-1 IES AMES B
(25-8, 25-22, 22-25, 25-10)-(Liga provincial cadete feminina)
As cadetes queren competir cos mellores equipos de Galicia |
Nova vitoria do Ingeniería Trazos Boiro Vb nesta liga provincial cadete feminina qie baixou o telón no día de onte. Tras esta 14ª xornada as de Emilio Palacio clasifícanse para a liguiña de ascenso á liga galega que comezará a vindeira semana e para a que as boirenses están máis que capacitadas. Bo xogo o mostrado polas boirenses no que destacou o servicio e a melloría na defensa en case que todo o encontro. A maior tranquilidade e orde en momentos decisivos facía que as nosas sempre estivesen en situacións favorables no luminoso e poder así, xogar con máis tranquilidade e soltura. Polo Ingeniería Trazos Boiro Voleibol xogaron: Emma Ordóñez, Ana Bugallo, Sara Bugallo, Melissa Novoa, Alejandra Galbán, Antía Sampedro e Sheila Outeiral (líbero). Tamén xogaron Claudia Pinaque, Sara Lojo, Isabel Gómez e Ángela Alves.
REDESYL BOIRO VOLEIBOL 3-2 CV PONTEVEDRA
(26-24, 23-25, 24-26, 27-25, 19-17)-(2ª Div. Autonómica masculina)
O Redesyl gaña na Cachada ó CV Pontevedra |
Vitoria pola mínima do Redesyl ante o CV Pontevedra nesta 16ª xornada da 2ª división autonómica. Pódese clasificar como un encontro inusual posto que ámbolos dous equipos mostraban dúas caras moi diferentes en canto ó nivel de xogo desenvolvido na Cachada. A situación para os de Felipe García non é doada xa que se atopan en terra de ninguén na táboa clasificatoria e xa non adoitan intensificar os encontros como se facía no pasado cercano do equipo. A suma de todas as características anteriormente citadas non podían ter outro desenlace que non fose un axustado tie-break no que o equipo gañador foi o que soubo manter a tenacidade e cometer menos erros que o rival. Polo Redesyl Boiro Voleibol xogaron: Dani García, Roberto Rodríguez, Martín Herrera, Pablo Suárez, Xavier Sarille, Alén García e Adrián Armental (líbero). Tamén xogaron Andrés Martínez, Ignacio Cibeira, Diego Romero, Juan Mande e o xuvenil Miguel Lorenzo
IES AMES 3-0 REYCA BOIRO VOLEIBOL
(25-15, 25-23, 25-22)-(Liga galega cadete masculina)
Un pracer ver xogar a Darío cos cadetes, CRACK |
Con esta derrota en Ames por 3-0 o equipo cadete masculino despídese das súas opcións de participar na fase final do campionato galego onde se decidirán os equipos que representarán á nosa comunidade no campionato nacional. Os boirenses acudían a esta importante cita con 3 baixas no seu equipo inicial. Á xa coñecida fichaxe do colocador Ismael Martínez polo Club Vigo Voleibol sumábanse as do central Raúl Lojo e a do receptor Lois Vázquez. O encontro comezaba cos boirenses nunha situación de desconcerto froito do profundo cambio no sistema. Numerosos erros producto destas circunstancias facilitaban a vitoria local con certa comodidade. No segundo set o Reyca melloraba. Cunha meritoria actuación do xogador alevín Darío Outeiral que actuou de colocador na tarde de sábado, os boirenses achegábanse no luminoso gracias á actuación en ataque de Xian Pérez e Fran Dieste. Dous erros en servicio poñian en bandexa o triunfo parcial ós rapaces de Ames. O terceiro era un calco do anterior. Igualdade ata o tramo final de set onde os boirenses cometendo un par de erros non podían pechar a manga cun resultado favorable. Polo Reyca Boiro Voleibol xogaron: Darío Outeiral, Fran Dieste, Xian Pérez, Adrián Gatbache, Dani Gey e Óscar Refojo. Tamén xogou Rubén Martínez.
CV BRUXAS 3-2 O SECRETO BOIRO VOLEIBOL
(25-14, 27-25, 23-25, 23-25, 15-6)-(2ª Div. Autonómica feminina)
Gran actuación de Rebe en tarefas defensivas |
Axustada a derrota que sufreu en Ames o noso primeiro equipo feminino nun encontro de altibaixos de nivel dun e outro conxunto e no que se anotou o triunfo o equipo que menos erros cometeu no tie-break. A altura en bloqueo e orde defensiva do CV Bruxas condicionaba o xogo de O Secreto nas dúas primeiras mangas que caían en saco local tras momentos de mal xogo por parte das boirenses. Desde este momento e encabezadas por unha gran María Triñanes en faceta ofensiva e unha inspiradísima Rebeca González no apartado defensivo as nosas atopaban a maneira de facer dano ó entramado defensivo local, que non era doutro xeito que variando a intensidade dos golpeos e intercalando ataques duros con fintas ás que unha e outra vez non chegaba a segunda liña amiense. Chegados ó tie-break estaba claro que se trataría dunha manga paixonal e que a balanza se decantaría polos erros non forzados dun e doutro equipo. Así as cousas as boirenses non apareceron en ningún momento: erros en recepción, en saque, en ataque e no resto das vertentes do xogo facían que os dous puntos da vitoria quedasen no peto das rapazas que dirixe Quico Bouza. Por O Secreto Boiro Voleibol xogaron: Sheila Outeiral, Elena García, Katy Sampedro, Ángela Fernández, María Triñanes, Carla Castro e Rebeca González (líbero). Tamén xogou Andrea Barreiro
6 comentarios:
Sinto profundamente o dos cadetes que tras moitas persoas loitar MOITO por poder entrar no campeonato galego de clubes ven como se lles van todas as súas posibilidades nun partido,con todos o repesto o equipo amiense, fácil. Por culpa de que algunha persoa decidira poñer por riba os intereses individuais dos colectivos nesta recta final da tempada,e por falta de compromiso doutros poucos. Unha mágoa.
Forza CV boiro!!!!
2 de 4, agora parece que sabe a pouco pero para os que lembramos outros tempos sabemos o difícil que é poder conseguilo.
Unha pena a derrota do equipo cadete que ve como se esfuman as posibilidades matemáticas de entrar na final a catro do campionato galego. Agora estamos tocados pero volveremos. O que non podemos é buscar responsables porque é algo que non conduce absolutamente a ningún lado. O único camiño é o traballo diario, todo o demais son conxeturas.
Para Abel: Ismael (con asesoramento familiar) tomou a decisión QUE EL QUIXO e aínda que a súa escolla non guste a algúns non nos queda máis remedio que afrontala. Tamén quero deixar aquí ben claro que si a decisión dependese de min xogaría co Boiro Voleibol o que queda de tempada. As decisións persoais hai que respetalas, sin máis. Moita sorte Isma, desexoche a mellor das sortes nesta experiencia.
P.D: rexistrádevos no blog para poder comentar
FORZA BOIRO VB!!!
O club e máis concretamente o equipo cadete feminino está de noraboa xa que pelexarán polo ascenso á liga galega. Parabéns para elas e para Emilio. Moito ánimo e a por elas!!
FORZA BOIRO VB!!
En primeiro lugar teño que dar as gracias polo apoio na grada que tivemos esta fin de semana, que se non fora polas reflexions que nos fai ter o noso entrenador, Narciso, nin me atreveria a poñer un comentario neste blog para agradecelo.
En segundo lugar queria felicitar a Sheila por ese impresionante partido que fixo como colocadora. Esta claro que e a disciplina en persona xa que nunca protesta por xogar en un posto ou outro. Personalmente teño que dicir que e un pracer xogar contigo.
felicitar tamen as cadetes e os de 2ª polos resultados deste finde.
Un saudo
Sheila solo protesta polas rivais XDDDD
A falta de colocadores produciu que tanto Dario como Sheila debutasen esta semana nesta posicion tan complicada, co aliciente de que estaban compitinto 2 categorias por encima das suas. Parabens os dous, pena que fose sin victoria
Enhorabuenaa chicas. Mucho ánimo, ponerle muchas ganas y sobre todo pasarlo genial disfrutando de esta primera oportunidad,de entre las muchas que os quedan. A seguir trabajando...
Mucha suerte!
Un beso
Mei
Publicar un comentario