domingo, 25 de marzo de 2012

RESULTADOS DO SÁBADO 25 DE MARZO:

O SECRETO BOIRO VOLEIBOL 0-3 CV PONTEVEDRA
(13-25, 25-27, 16-25)-(2ª Div. Autonómica feminina)
O Secreto remata 5º na liga autonómica
O noso primeiro equipo feminino despídese desta 2ª Div. Autonómica 2011-2012 cunha derrota ante o 3º clasificado e rematando, a pesares de tódolos contratempos e lesións,  en 5ª posición. Con importantes baixas afrontaban as de Andrés Martínez e Narciso Abalo o choque no que se baixaba o telón da liga regular e non souberon sobrepoñerse a tales circunstancias. Os erros en recepción e ataque condenaban a O Secreto na primeira manga, poñendo en bandexa a vitoria ás pontevedresas. No segundo parcial viuse o mellor xogo das boirenses. Cunha melloría notable na recepción, un servicio que agora si danaba a recepción visitante e un ataque contundente da man de María Triñanes, Ana Bugallo e Rebeca González as boirenses conseguían darlle emoción ó parcial ata o final, no que se deixaron escapar dúas pelotas de set para ledicia das xogadoras do CV Pontevedra. Neste momento a moral das nosas sufriu un importante revés. Desde o comezo do terceiro as visitantes tomaron a iniciativa dispoñendo de ata 10 puntos de vantaxe no luminoso. Por O Secreto Boiro Voleibol xogaron: Sara Bugallo, Rebeca González, María Triñanes, Ana Bugallo, Elena García, Ángela Fernández e Sheila Outeiral (líbero). Como reservas estaban Carla Castro, Andrea Barreiro e Luisa Ferreirós.

UNIVERSIDAD DE BURGOS 0-3 NÁUTICO BOIRO VOLEIBOL
(18-25, 22-25, 14-25)-(1ª Div. Nacional masculina)
O Náutico revalida o título da 1ª Div. Nacional. Parabéns
E por fin chegou o gran día. Na mañá do sábado partía a expedición boirense cara a terras burgalesas coa intención de traer para Boiro o título de campións da 1ª División nacional por segundo ano consecutivo. As expectativas creadas entorno ós homes que dirixe Emilio Palacio cumplíronse dende o primeiro punto do encontro, no que os boirenses mostraron a súa cara máis alegre e concentrada sendo coñecedores da trascendencia do choque. Arrancaba o partido cunha xeira extraordinaria de servicios dos nosos por parte de Iván Souto e Cristóbal Álvarez que colocaban ó Náutico cunha renda amplísima (1-12) permitindo sacudir a presión dos momentos iniciais. Malia que Universidade de Burgos mellorou a partires do ecuador do set a renda xa era demasiada e permitíalles ós boirenses situar a primeira pedra do alirón. No segundo set os locais apretaron. Presionando co seu altísimo bloqueo e cun saque que incomodaba a recepción barbanzana levaba a emoción a un final de set que se decidiría con dúas accións de bloqueo-defensa por parte dos nosos. No terceiro set os nosos afinaron a recepción e fixeron que os locais perderan a motivación pola vitoria, pechando deste xeito o encontro e baixando o telón da liga regular de 1ª División Nacional masculina co Náutico Boiro Voleibol no máis alto da táboa cllasificatoria por segundo ano consecutivo. Polo Náutico Boiro Voleibol xogaron: Iván Souto, Narciso Abalo, Jesús Vázquez, Antón Pérez, Cristóbal Álvarez, Emilio Palacio e Adrián Alves (líbero). Tamén xogaron Rubén Taibo, Xavier Sarille, Manuel Pérez, Miguel Vázquez e Gustavo Romero.

13 comentarios:

farrucox dixo...

NORABOA DE NOVO, CAMPIONS

Adrián Alves dixo...

Que gran día para o club. Noraboa a todos e cada un dos compoñentes deste equipo irrepetible e moitas gracias ós que permanecíades espectantes dende a distancia.

Todo un pracer adestrar, viaxar, xogar e disfrutar ó lado de todos vós. Grandes!

P.D: "Non hai forma humana"

Campeoooooooones campeooooooones ooooeee ooeeeee oooooeeee!!!

Jesus_pivot dixo...

Felicito a todos mis compañeros por los partidos finales de esta fase regular, por la magnifica temporada, por una temporada más donde me he encontrado agusto, contento y feliz, por otra temporada en la que convivir con vosotros es genial.

Adrian
Emilio
Gustavo
Narciso
Ruben
Dani ¡Muchisimas GRACIAS!
Pablo
Xavier
Miguel
Manuel
Ivan
Anton
Cristobal
Eiras
Andres

Narciso dixo...

Os momentos vividos onte dende que o arbitro pitou o final de partido compensan con creces cada kilometro percorrido para entrenar, cada kilogramo de mais levantado no ximnasio, cada moraton, cada esguince, cada sobrecarga, cada contractura cada puta tendinitis....

Fai un ano alguen dixo que disfrutasemos do momento, pois gañar unha liga non e algo fdoado de conseguir. Pois enton repetir tal logro e algo que so esta o alcance duns poucos.

Sintome tremendamente orgulloso de compartir cada dia vestiario con esos poucos. E, como dixo Iago onte a noite: "E si sómolos mellores...bueno, e qué?"

mechas dixo...

Cando empezamos nesto do voley os 7 amigos na praia,empezamos a xogar como pasatempo,pouco a pouco alguns querian ganar e outros ganar e pasalo ben,hai 7 anos tia a ilusion de algun dia xogar no primeiro equipo,uns deixarono,3 de aqueles 7 estan xogando hoxe en dia,un deles na superliga;o dia de hoxe podo decir que aparte de xogar no primeiro equipo somos CAMPIONS DE PRIMEIRA por segundo ano consecutivo,sodes todos moi grandes.
Emilo
Adrian
Narci
Pas
Cristobal
Gus
Manu
Migui
Pivot
Dani
Anton
Pablo
Xavi

UN BRINDIS
Por todos vos,pola pedazo AFICION que temos e por toda a gran familia do Boiro Voleibol.

SOMOS MAIS QUE UN CLUB

Andrés "Araña" dixo...

que grandeeees campeoneeees... Ahora a seguir entrenando y a por la faseee. Un abrazo chavales

Emilio dixo...

Felicidades para todo el equipo. Hicieron un gran trabajo y se sacrificaron mucho para lograr el objetivo. De nuevo los FELICITO y les doy las GRACIAS por el esfuerzo.
Gracias, gracias, gracias....

Unknown dixo...

Encantado de jugar con vosotros chicos. Temporada increíble y mejorando más y más en los últimos partidos.

Muchas gracias a todos los que hicisteis que se pudiera ganar, tanto a los de la plantilla de primera como a esos que siempre estuvieron ahí para ayudar cuando hacía falta en los entrenos y en los partidos (Pablo y Xavi sobre todo.

Ahora a entrenar para la fase, más aún si cabe que para la liga (que va a ser dificil de superar).

Muchas Gracias

farrucox dixo...

Alguén ten que poñer un claroscuro e tocóume a mín.Maldita a gracia.
Se vos fixades, dende que este equipo soltou lastre, digo FELIPE, ANDRES, IAGO.... mellorou en resultados tanto que chegou a ser BICAMPION.
NEGRO, tamén lembramos que dun anaco destes resultados tes tí culpa.
Os que queirades renovar, ide pasando por secretaría para asinar.
O MISTER condiciona a súa renovación ao mantemento de todo o grupo. Está a manter contactos na Arxentina nestes intres.
NORABOA de novo, e GRACIAS polo que aportades

Gus dixo...

Unha filosofía de club...
Un obxectivo de equipo...
O esforzo dos implicados...
A maxia do voleibol...

UNHA FAMILIA!!!!

Que tomen nota os que xa sabedes...

MOITAS GRACIAS POR COMPARTILO COMIGO

Non hai forma humana!!!!

LOST dixo...

Farrucox:
No tienes ni puta idea....
Cuando te vea me lo explicas...

Enhorabuena a MI EQUIPO!!!!!!!!!!

Adrián Alves dixo...

"Farrucox" é Bugallo (pai) e creo que estaba claro que falaba metafóricamente. Como diría un amigo meu "paz hermanoooos"

Xa se che botaba de menos Lostreguitooooo!!!

FORZA BOIRO VB!!!

LOST dixo...

A min esa metáfora, paréceme unha afirmación!!!
E reiterome no que dixen: NI PUTA IDEA.