NARÓN VOLEA 0-3 REDESYL BOIRO VOLEIBOL
(25-27, 22-25, 16-25)-(2ª Div. Autonómica masculina)
O Redesyl remata 3º na competición autonómica |
Desplazamento a terras ferrolanas do equipo filial nun encontro no que non se xogaban máis que a dignidade dos dous puntos da vitoria. Con este condicionante comezou o equipo a contenda coa habitual baixa intensidade neste treito final da 2ª División. Desta situación aproveitáronse os de Narón poñendo en moitos apretos ó Redesyl no final do primeiro parcial. Co transcorrer dos puntos semellaba que os nosos ían afinando o seu xogo, cometendo menos erros non forzados e chegando con maior vantaxe ós finais de set. Con esta vitoria por 0-3 os de Felipe García despídense da tempada cun meritorio 3º posto, que os deixa ás portas da fase de ascenso. Polo Redesyl Boiro Voleibol xogaron: Daniel García, Roberto Rodríguez, Xavier Sarille, Diego Romero, Pablo Suárez, Martín Herrera e Adrián Armental (líbero). Tamén xogaron Diego Alcalde, Andrés Martínez e Ignaco Cibeira.
NÁUTICO BOIRO VOLEIBOL 3-0 INTASA SAN SADURNIÑO
(25-20, 25-22, 25-17)-(1ª Div. Nacional masculina)
Ambiente de gala na Cachada, gracias a todos. Vai por vós |
Trascendental triunfo o que logrou na tarde de sábado o noso primeiro equipo masculino para colocarse líder da 1ª División Nacional nun ateigado polideportivo da Cachada. Moitos eran os siareiros (autoridades do Concello incluídas) que querían apoiar ó seu equipo nun histórico encontro para a entidade boirense que mantén vivas as esperanzas de revalidar a coroa da categoría. O encontro comezaba cos de Emilio Palacio moi concentrados. Un gran Iván Souto ó servicio obrigaba ó preparador visitante a solicitar o primeiro tempo morto do partido. A renda conseguida nos intres iniciais era suficiente para pechar favorablemente a primeira manga cun alto nivel dos nosos no complexo bloqueo-defensa. No segundo parcial o Intasa subiu o nivel para intentar defender a súa situación na táboa. Chegados ó ecuador do set os de Eloy Mahía permanecían 3 puntos por diante no luminoso baseándose nun efectivo bloqueo. Tras momentos de dúbida os locais recuperaron a súa mellor versión e conxuráronse para non deixar escapar a manga. A destacada aportación ofensiva de Cristóbal Álvarez, Emilio Palacio e Narciso Abalo facía posible a remontada e situarse cun 2-0 no tanteador xeral. Esta situación danou a moral dos visitantes que non conseguiron modificar a traxectoria do encontro para ledicia do Náutico. Vistoso parcial para rematar o encontro o que protagonizaron os nosos con combinacións fluídas en ataque e moito acerto en defensa. Polo Náutico Boiro Voleibol xogaron: Iván Souto, Narciso Abalo, Jesús Vázquez, Antón Pérez, Cristóbal Álvarez, Emilio Palacio e Adrián Alves (líbero). Como reservas estaban Rubén Taibo, Daniel Agra, Gustavo Romero, Manuel Pérez e Miguel Vázquez.
VOLEIBOL DUMBRÍA 3-1 REYCA BOIRO VOLEIBOL
(18-25, 25-15, 25-17, 25-19)-(Liga galega cadete masculina)
Derrota do equipo cadete masculino nesta mañá de domingo no seu desprazamento á cancha do Voleibol Dumbría. A intensidade de xogo dos boirenses non podía igualar á dos xogadores locais debido a que estes se xogaban a clasificación para a fase final do campionato galego. O encontro comezaba cos boirenses concentrados e atinados na construcción do xogo. A través dun ataque eficaz da man do receptor Xian Pérez os boirenses de contado se disparaban no luminoso para chegar á recta final da manga con vantaxe suficiente como para pechala sen maiores problemas. A partires de aquí o Reyca desapareciu da pista. Os continuos erros poñían en bandexa amplas vantaxes para os locais que os nosos xa non poderían remontar. Polo Reyca Boiro Voleibol xogaron: Adrián Gatbache, Raúl Lojo, Óscar Refojo, Dani Gey, Xián Pérez, Fran Dieste e Lois Vázquez (líbero). Tamén xogou Rubén Martínez.
Derrota do Reyca na despedida da liga galega cadete |
XAV CAMBADOS B 1-3 INGENIERÍA TRAZOS BOIRO VB
(17-25, 25-19, 12-25, 21-25)-(Liguiña de ascenso á liga galega)
As cadetes logran unha importante vitoria en Cambados |
Vitoria do equipo cadete feminino que dirixe Emilio Palacio no encontro de volta ante as cambadesas. A pesares de non comezar moi atinadas no encontro, as nosas conseguían anotarse o primeiro parcial polo que o triunfo total no global xa estaba no peto baseándose nos servicios de Ana Bugallo e Enma Ordóñez. No segundo xogo o Ingeniería Trazos baixou unha marcha polo que as cambadesas conseguirían unha vantaxe de 8 puntos. No tramo final, o saque de Lea Gatbache reducá diferencias mais non era abondo para facer dubidar ás locais . A partires de aquí as nosas reaccionaron. Ordeadas en defensa e cun ataque máis que efectivo levaríanse as dúas mangas seguintes para pechar o encontro cun 1-3 favorable. Polo Ingeniería Trazos Boiro Voleibol xogaron: Sara Bugallo, Enma Ordóñez, Alejandra Galbán, Antía Sampedro, Ana Bugallo, Melissa Novoa e Sheila Outeiral (líbero). Tamén xogaron Claudia Pinaque, Sara Lojo e Lea Gatbache.
XAV CAMBADOS 2-3 O SECRETO BOIRO VOLEIBOL
(21-25, 25-27, 25-20, 25-13, 9-15)-(2ª Div. Autonómica feminina)
Malia viaxar a Cambados plagadas de baixas o primeiro equipo feminino soubo plantar cara e traerse para Boiro os dous puntos dunha traballadísima vitoria. Gran servicio e sobre todo brilante construcción do ataque a que desarrollou O Secreto nas dúas primeiras mangas baseándose nunha excelente recepción e no eficaz ataque das súas receptoras María Triñanes e Ana Bugallo, que anotaban cada balón que tocaban. Co tanteador favorable de 0-2 as nosas foron víctimas da relaxación. As locais melloraron o seu saque e ataque para facer dubidar a defensa do cadro barbanzano. Esta situación tiña un desenlace de igualada a sets no luminoso e levaba o encontro ó tie-break. Neste, o servicio das irmás Triñanes mostrábanlle ás nosas o camiño da vitoria, poñendo unha terra de por medio que as cambadesas xa non serían capaces de recuperar. Por O Secreto Boiro Voleibol xogaron: Ángela Triñanes, Ana Bugallo, Carla Castro, Sheila Outeiral, María Triñanes e Sara Bugallo.
As irmás Triñanes tiran de O Secreto |
6 comentarios:
Non hai palabras para agradecer a actitude da afección boirense que encheu A Cachada. A este paso non sei a onde vai chegar este club...
Impresionante ambiente culminado por un moi bo partido do noso equipo. Alégrame moito ver que a xente de novo é feliz xogando, si o noso equipo xoga rindo...como diría Gus "non hai forma humana"
Agora toca viaxe a Burgos (complicadísimo). Vamos rapaces!!!
FORZA BOIRO VB!!!
enorawena xikos...estuvisteis increibles.flicidades campeones.
mei
No recuerdo el pabellon tan lleno, y tan animado en ningun partido.Fue un placer jugar con tal ambiente, me lo pase en grande jugando gracias a mis compañeros y me lo pase bien mirando a la grada, gracias al publico.
Felicidades a las niñas que ganaron hoy en cambados...muy bien chicas...
Felicitar a las chicas de segunda que viajamos hoy a cambados...al final se hizo un pokitin duro...pero genial...me lo pase bien, muchas gracias ...como se nota que las coss van bien cuando estas agusto...
Y...Dar muchiiisimas gracias a nuestras cadetes...niñas sin vosotras se habria complicado todo mucho mas...creo que hicisteis al igual ke nosotras un papel muy importante para poder llevarnos la victoria completa para Boiro...gracias por todo, y creo ke hablo por TODAS mis compañeras... que grandes sois,locaas!!!
Un saludo
Mei
4 vitorias de 5 partidos. Casi pleno!
Noraboa ás rapazas (cadetes e senior) polas victorias do domingo en Cambados.
FORZA BOIRO VB!!!
Un placer haber compartido con vosotras el partido drl domjngo chicas..y cuando digo voaotras incluyo como no a nuestras cadetes que aportaron gran parte ala victoria... gracias a todas...gran partido.
animo en la ultima jornada a tod@s!!!!!
un saludo
Mei
Publicar un comentario