martes, 27 de marzo de 2012

FASE DE ASCENSO Á LIGA FEV 2012:

O Náutico intentará o ascenso preto da casa, ¡sorte!
É ben coñecido por todos o recente triunfo do Náutico Boiro Voleibol, que se proclamou campión por segunda tempada consecutiva da 1ª División nacional tras derrotar ó Universidade de Burgos a domicilio por 0-3. O seguinte reto dos de Emilio palacio será o play-off de ascenso á liga FEV que dende o día de hoxe xa ten sede. A competición celebrarase en San Sadurniño (Ferrol) os días 27, 28 e 29 de abril e reunirá ós 6 mellores equipos españoles da 1ª División: do grupo A acudirán o Náutico Boiro Voleibol (1º clasificado) e o Intasa San Sadurniño (2º); do grupo B os representantes serán os alicantinos do C.V. Santa Pola (1º) e os barceloneses do C.N. Sabadell (2º); do grupo C estarán a AD Voleibol Almendralejo (1º) de Badajoz e o C.V. Melilla (3º) que accede á competición pola renuncia do que foi o 2º clasificado, o CUV Alcorcón. O sistema de competición será de liguiña no que tódolos equipos xogarán entre sí, reservando praza de ascenso para os dous mellores equipos. En nome de toda a familia do Boiro Voleibol desexámoslles ós nosos moita sorte para acadar o obxectivo que non puido ser conseguido a pasada campaña en Cieza (Murcia) e intentaremos acompañalos na experiencia para apoiar a causa. ¡A por eles Náutico!

2 comentarios:

Jesus_pivot dixo...

Oxala parte da grandisima afición que temos en boiro poida desplazarse nalgun momento ata o pabillon de competicón para que sigan o equipo de cerca, todo o equipo sempre estará agradecido do apoio.
Vamos chicos!!

Narciso dixo...

A familia Addams está de regreso!!!!!!