xoves, 15 de decembro de 2011

CAMPAÑA DE CAPTACIÓN DE SOCIOS:

O vindeiro sábado 17 de decembro a partires das 10:30h da mañá o Club Voleibol Cabo de Cruz celebrará na rúa peonil de Boiro (ó lado da plaza de abastos) unha xornada de captación de socios e venda de lotería de nadal para toda a afluencia de público que por alí se presente. Agardamos a asistencia de tódolos xogadores e xogadoras do noso club uniformados co chándal oficial para botar unha man nesta tarefa social que ano tras ano resulta exitosa. Pasaremos lista e recordade que entre todos formamos esta gran familia. Non falles ó teu club, él nunca o fai.

1 comentario:

Adrián Alves dixo...

Cantos máis sexamos mellor para o club, non hai excusas. O sábado poñede o chándal e pasádevos pola calle peatonal para facer piña e botar unha pequena man ós que fan que esto vaia para adiante. Entre todos somos máis fortes. Marea blanca e azul!

FORZA CV BOIRO!!!