martes, 23 de agosto de 2011

Xente do Boiro Voleibol, A. Armental "Naranxo":

Adrián Armental: “O Redesyl somos moito de emocións, estando ben, podemos gañar a calquera equipo da Liga”

Adrián Armental
Adrián Armental -O Naranxo-, xogador do Redesyl, aínda non sabía do “asunto” este das entrevistas, e a miña chamada colleuno por sorpresa. “O que, entrevista?”. Pero finalmente accedeu e apareceu disposto a falar. O seu paso polo volei divídese en dúas etapas, na primeira chegou a debutar co equipo de Primeira, e trás un parón, volveu o ano pasado como titular do equipo filial. Valora a seriedade do traballo actual do Club, e a caña para exprimir ben as potencialidades de todo o mundo: “Seriedade e dar caña. Está demostrado, os mellores adestradores dan unha caña impresionante. Son tipos serios, e aparte, están a cañón.” E todo isto, á par do bo ambiente e colegueo que invade o voleibol boirense. De feito, non só fala dos compañeiros cos que comparte pista, tamén fixo especial fincapé en ter presentes a todos os caídos por lesións, que aínda que non xoguen, fan parte da familia: “Falo, por exemplo, de Iago Lóstrego e de Felipe Pobra, hainos que ter ben en conta, dous fenómenos”.

-(Charo) O teu paso polo volei divídese en dúas etapas.
-(Adrián) Sí, a primeira empezaría con 17 anos ou así.

-Como empezaches?
-Pola praia.

-Que raro...
-(risas) Si, case todo dios empeza pola praia porque hai colegueo. En pista hai máis rivalidade: por exemplo, eu hoxe xogo contra calquera chaval de Ourense, e cando está enfrente, o teu equipo vai contra o del. E vas alá, xogas e veste; non hai máis trato. Pero na praia non; valo ver, vas charlar, tomar algo...

-Porque deixaches a primeira vez?
-Acumulouseme un pouco todo, estou traballando, na banda, na charanga... E de feito non era para volver, pero o proxecto nestes últimos anos está a ser moi bo, antes non había a seriedade que hai hoxe en día. Lévase un par de anos con un traballo moi bo. E iso tamén me atraiu para volver. Iso  motiva para facer as cousas ben e que veña máis xente.

-Hai orgullo Redesyl ou aspirades a xogar no Hipescar?
-Sempre se aspira a máis. Sempre. Pero para aspirar hai que gañar primeiro con isto. Despois xa se verá; os mellores irán para arriba e os demais quedarán en baixo, traballando.

-Que pasou este ano, que todo o mundo apostaba por vós, e ao final non se chegou aos resultados esperados?
-Faltábanos cohesión como conxunto. Individualmente penso que somos bastante bos dentro do nivel de segunda. No que fallamos foi en compactar o grupo. Tamén somos moito de emocións, cando estamos ben, estamos moi ben e podemos gañar a calquera equipo da liga, pero aos cinco minutos estamos fatal, e xa nada.

-E que tal vos levades entre vós? Non é problema de que haxa piques?
-Non, non, ese non é o problema. Nós levámonos moi ben. Eu lévome particularmente ben, por exemplo con Diego Romero, xogando e fóra do volei. E con Diego Alcalde, tamén. Levámonos moi ben todos.

-E cos equipos contrarios?
-Aí si que se intenta picar para baixar a moral ao contrario. Eu polo menos. Cando lle fas unha acción boa, sempre te lle encaras un pouco, en plan, “toma, aí che vai”. O que máis e o que menos intenta facer ruído cada vez que hai algo bo.

-Tes algún xogador referencial?
-Chicho é un xefe. Daslle unha pelota na man e é unha pasada. Ademais agora está con chavalitos pequenos na praia e é moi bo. Trae todo moi ben preparado e máis fala ben. Eu espero que acabe adestrando algún equipo.
Iago tamén é un crack, agora está lesionado, pero hai que telo presente.A primeira vez que me levou a adestrar ese tipo botei na cama tronzado dous días. É un fenómeno, e tense desvivivo por isto.

“A primeira vez que Iago me levou adestrar, botei na cama tronzado dous días”

-Tes feito máis deportes, a parte do volei?
-Si, estiven uns meses en boxeo. É totalmente distinto, pero si que é importante, en ambos os dous, ter os brazos longos. Tamén en que son dous deportes que os ves e non che atraen moito, pero xógalos e é unha pasada.

-Notaches diferenza entre un deporte individual ou en equipo, a forza do grupo?
-Si, pero realmente iso foi o que faltou no equipo, e o que habería que mellorar. Cando un estaba ben estabamos todos, pero cando estabamos mal tamén estabamos todos, e hai que intentar ir cara a meta de estar sempre ben no campo, tirar uns polos outros. A verdade é que é complicado, xa se traballou, e inténtase mellorar, pero non se sabe ben como.

-Daquela, como ides enfrentar a temporada que vén?
-O mellor que se poida desde logo. Oxalá saia ben, oxalá. A ver, por agora aínda tampouco está moi claro o equipo que vai ser, hai que escoller o equipo, ver quen queda, quen non...

-Que é o que máis valoras do club?
-O club ten algo especial, o trato, o bo rollo. Mira, Emilio, que xogou en equipos grandes, cando chegou aquí xa dixo que isto era especial, hai algo na xente que che obriga a quedar aquí e pasalo ben. Xa poderás gañar ou perder, pero bótanse moitas risas, pásase moi ben. Inténtase gañar, pero disfrútase sempre.

 “Xa poderás gañar ou perder, pero bótanse moitas risas”

-E do seguemento da afección, que opinas?
-En Primeira é moi bo, axudou moito xogar aquí todos os partidos na casa, porque antes xogábase en Ribeira, e iso estaba máis apartado, aparte ás aforas de Ribeira. Os equipos xa están sempre na grada. Agora, deberíase atraer xente que non sexa de volei, e neste sentido este ano foi o récord, houbo bantante apoio.

-Será por non ser un deporte maioritario?
-Aquí non, pero o volei é o deporte que máis fichas ten no mundo. Por exemplo, en Sudamérica hai moitísimos equipos. En Polonia é o deporte estrela. En Italia: fútbol, motos, coches e tamén o volei; os estadios énchense. Aquí non nos damos conta tanto porque estamos con fútbol, fútbol, fútbol. E os cartos van todos para o futbol.

-Segues as ligas superiores?
-Eu non moito, de vez en cando miras un partido de superliga, algún video... Pero non é como no futbol, non hai esa febre de mirar tres partidos seguidos. Deberíase seguir máis. E que con iso tamén hai unha mentalidade bastante chunga, a xente pensa que é aburrido. Pero unha vez que o probas, sabes o que é.  A min gústame o deporte, vexo bolei, vexo baloncesto, tenis... De feito hoxe en día penso que o canal que máis miro é teledeporte.
Charo López

8 comentarios:

Adrián Alves dixo...

Grande Nara, por xente coma ti e polo que estamos seguros que o equipo filial acabará onde se merece.

P.D: eso de que son o xefe...onde manda patrón non manda mariñeiro!!

BlackBandana dixo...

Enorme Naranxo!!!
Muy bien hablado,sí señor!!
Ahora me entero de q tenemos un boxeador en el equipo!!jaja
JUGÓN!!

Brasi dixo...

jajajaj

vou deixar de meterme co Nara tio!! non sabia eu tampouco dese teu pasado...
moi bo entrevista notase ben que fostes ti que a fixestes "dar caña" eso leva a marca do naranxo registrada jejeje

xavi dixo...

Grande naran grande!
este chaval é un dos grandes ! jajajaj

Andrés "Araña" dixo...

Vaya gustazo ver esta entrevista... Este é un deses compañeiros polo que vale a pena o esforzo. A seguir a sí Rokyyyy jajajaja.. un abrazo campeón.

Anónimo dixo...

NARANLLELOOOOOOOOOOOOOOOOO XD

mechas dixo...

Enormeeeee Naran!!! Jugon!!! Haber se tes razon e este ano facemos unha boa temporada!!!

Jesus_pivot dixo...

Imaxinandote na entrevista contesxtando ca tua particular forma de falar encantame.Mentalidade chunga,tronzado dous dias,toma ai che vai.......
enorme tio.